Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.064

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (323/1996).

Lorenzo Villapando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de executivo póliza de préstamo número 323/1996, seguidos por instancia de Banco Central Hispanoamericano S.A., representado polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes, contra Francisco Javier Martínez Castro, María Esperanza García Fernández, Celso Martínez Vigo e Carmen Castro Fraga, con domicilio que se ignora, sobre reclamación de cantidade e nos ditos autos dictouse sentencia cun encabezamento e decisión que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o tres de febreiro de mil novecentos noventa e sete. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, os presentes autos de executivo póliza de préstamo número 323/1996, seguidos por instancia de Banco Central Hispanoamericano S.A., con DNI/CIF A-28000446 domiciliado en rúa Compostela, 8-4º Esq. (A Coruña) representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, coa asistencia letrada de Francisco A. Rodríguez Gigirey Pérez, contra Francisco Javier Martínez Castro, con

DNI/CIF 33275401-J domiciliado en Labacolla número 6 (Santiago de Compostela), María Esperanza García Fernández, con DNI/CIF 33264250-V, domiciliada en Labacolla, número 6 (Santiago de Compostela), Celso Martínez Vigo con DNI/CIF 33049324-A domiciliado en Labacolla número 6 (Santiago de Compostela) e Carmen Castro Fraga, con DNI/CIF 33162953-N domiciliada en Labacolla, número 6 (Santiago de Compostela), declarados en rebeldía sobre reclamación de cantidades.

(Seguen antecedentes de feito e razoamentos xurídicos).

Decido que considerando integramente a demanda interposta polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, en representación de Banco Central Hispanoamericano S.A. debo mandar e mando seguir adiante a execución dos bens embargados ós demandados Francisco Javier Martínez Castro, Mª Esperanza García Fernández, Celso Martínez Vigo e Carmen Castro Fraga, ata facer trance e remate deles e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó acreedor da suma de 1.961.097 pesetas por principal debido á executante como capital e xuros devengados pola referida póliza, máis o xuro pactado desde a data de certificación do corredor de comercio e ata que se fixese efectivo pagamento do principal, condenando, así mesmo, a dita parte demandada ó pagamento das custas causadas e que se causen ata a súa total e completa liquidación, as cales foron orzamentadas en 1.000.000 de pesetas.

Lévese testemuño desta sentencia ós autos de que dimana e notifíqueselle ó demandado rebelde na forma ordinaria de non solicita-la demandante a notificación persoal no termo de tres días, facéndolles saber ás partes que contra esta resolución se poderá interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña no termo de cinco días.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado».

E para que lle sirva de notificación en forma á parte demandada Francisco Javier Martínez Castro, Mª Esperanza García Fernández, Celso Martínez Vigo e Carmen Castro Fraga, esténdese o presente edicto en Santiago de Compostela o catro de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

1344