Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.065

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATORCE DE MADRID

EDICTO (197/1996).

Dilixencia.-En Madrid o vintenove de xaneiro de mil novecentos noventa e sete. Expídese esta dilixencia para lle dar conta a S.Sª. do escrito presentado por María Luisa Cano Bravo e cinco máis. Dou fe.

Auto. En Madrid o vintenove de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Feitos.

1. No proceso seguido entre as partes como demandante María Luisa Cano Bravo e cinco máis, e como

demandada, Ferreiro Distribución, S.A., dictouse resolución pola que se condenaba a demandada ó aboamento das cantidades que se indican na dita resolución.

2. Que a dita resolución é firme.

3. Que se solicitou que se proceda a executa-la referida resolución por vía de constrinximento, xa que a demandada non satisfixo o importe da cantidade líquida e determinada, obxecto da condena.

Razoamentos xurídicos.

Primeiro.-Existindo título executivo condenatorio ó pagamento da cantidade determinada e líquida, débese proceder, sen necesidade de requirimento persoal previo ó condenado, á execución do dito título e embargo de bens en contía suficiente para cubri-las responsabilidades derivadas das presentes actuacións, debendo terse en conta a adecuación daquel á orde legal cando conste a suficiencia dos bens embargados, todo de conformidade co establecido no artigos 235, 252 da Lei de procedemento laboral e artigos 921 e 1447 da Lei de Axuizamento civil.

Segundo.-De acordo co disposto no artigo 247 da Lei de procedemento laboral, advírtase do executado ós seus administradores ou persoas que legalmente o representen, da obriga de facer manifestación dos seus bens ou dereitos coa precisión necesaria para garanti-las responsabilidades derivadas do presente procedemento, debendo indica-las persoas que teñan dereito de calquera natureza sobre os seus bens e, se estivesen suxeitos a outro proceso, concreta-los extremos deste que poidan interesar ó presente procedemento de execución.

Terceiro.-De conformidade co establecido no acordo do Consello Xeral do Poder Xudicial do 17 de maio de 1994, o embargo de bens que se puidese efectuar será realizado polo Servicio Común de Notificacións e Embargos dos Xulgados de Madrid.

Parte dispositiva.

Vistos os artigos citados e demais de xeral aplicación, Fernando Muñoz Esteban, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número catorce de Madrid, ante min, o secretario xudicial, dixo:

«Procede acorda-la execución do título mencionado nos feitos da presente resolución por un principal de 84.144.512 pesetas, máis a cantidade de 8.414.451 pesetas en concepto de xuros e 8.414.451 pesetas en concepto de custas provisionais.

Líbrese testemuño da presente resolución con comunicación ó Servicio Común de Notificacións e Embargos dos Xulgados de Madrid, para que a Comisión Xudicial proceda ó embargo de bens en contía suficiente para cubri-las citadas cantidades, e a quen servirá o presente mandamento en forma. Se fose preciso poderase solicita-lo auxilio da forza pública, así como facer uso dos medios persoais e materiais necesarios para poder acceder ó lugar en que se encontren os bens que se pretenden embargar.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e advírtaselles de que contra ela cabe interpor recurso de reposición ante este xulgado no prazo dos tres días

hábiles seguintes ó da súa notificación, sen prexuízo da súa executividade.

Así, por este auto, pronúncioo, mándoo e asínoo. Rubricado».

Dilixencia.-A seguir cúmprese o ordenado. Dou fe. Rubricado.

Edicto.

Cédula de notificación Exec. 197/1996.

Nos autos números 234 ó 238/1996, seguidos ante o Xulgado do Social número catorce de Madrid, por instancia de María Luisa Cano Bravo e cinco máis, contra Ferreiro Distribución, S.A., sobre despedimento, con data do 29 de xaneiro de 1997, dictouse o auto que ten a parte dispositiva seguinte: (xúntase copia co rogo urxente da súa publicación).

E para que sirva de notificación a Ferreiro Distribución, S.A., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula en Madrid o vintenove de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

839