Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.064

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (68/1996).

Eu, Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fago saber:

Que neste xulgado se seguen autos de separación 68/1996, promovidos polo procurador Lisardo Reymóndez Portela, en nome e representación de José Jaime Santiago Muradas, contra María Salomé Arangunde Baulo, que se atopa en paradoiro descoñecido, co fin de que no prazo de vinte días compareza nos autos e conteste a demanda, e prevéñoa de que, de non o facer no indicado prazo, será declarada en rebeldía e recaerán sobre ela os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de emprazamento en forma á demandada expresada, María Salomé Arangunde Baulo, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela, dez de xullo de mil novecentos noventa e seis.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

937