Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.064

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (197/1992).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fago saber:

Que neste xulgado se segue xuízo de xustiza gratuíta número 197/1992, entre as partes que se dirán, no que recaeu auto cunha parte dispositiva do teor literal seguinte:

Tense por abandonada a acción exercida nos presentes autos de xustiza gratuíta 197/1992, promovidos por Jorge Luis Hermida Rodríguez contra a Universidade de Santiago de Compostela e avogado do Estado, arquivándose os presentes autos previa nota nos libros correspondentes.

Non se expresa condena en custas. Insírase este auto no libro de sentencias por ser definitivo, deixando testemuño en autos. Contra esta resolución cabe interpor recurso de reposición no prazo de cinco días a partir da súa notificación, perante este xulgado.

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Jorge Luis Hermida Rodríguez, actualmente en paradoiro ignorado, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o 13 de febreiro de 1997.

O secretario

Rubricado

6404