Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.063

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (131/1992).

En virtude do disposto nos autos de alimentos provisionais 131/1992, promovidos por José Luis Franqueiro Pérez, contra Luis Franqueiro Boo e Carmen Pérez Neira, dictouse auto de caducidade cunha parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Tense por abandonada a acción exercida nos presentes autos de alimentos provisionais, promovidos por Luis Franqueiro Pérez contra Luis Franqueiro Boo e Carmen Pérez Neira, arquivándose os presentes autos logo de nota nos libros correspondentes. Non se fai expresa condena en custas. Insírase este auto no libro de sentencias por ser definitivo, e déixese testemuño nos autos.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de reposición no prazo de cinco días a partir da súa notificación ante este xulgado.

Mándao e asínao Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres».

E para que lle sirva de notificación en legal forma para tódolos fins dispostos a José Luis Franqueiro Pérez e Luis Franqueiro Boo, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela cinco de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

1415