Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.062

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (96/1996-01).

Eu, Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de

Santiago de Compostela, dou fe que no xuízo de faltas 96/1996, seguido entre partes, como denunciante Luis López Vázquez e como denunciado José Luis López Souto, sobre malos tratos, feito acontecido en Santiago de Compostela o 27 de xullo de 1996, recaeu sentencia, coa resolución que segue:

Que debo absolver e absolvo a José Luis López Souto, da presunta falta á que se refire o presente procedemento, declarando as custas de oficio.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lles sirva de notificación a Luis López Vázquez e José Luis López Souto, en ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 17 de febreiro de 1997.

O secretario

Rubricado

1088