Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.062

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (5/1996-I).

Eu, María Violeta Reboredo Otero, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, certifico que nos autos que logo se dirán recaeu sentencia cun encabezado e parte dispositiva que din:

«Sentencia. En Ribeira, trece de novembro de mil novecentos noventa e seis. Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, viu os presentes autos de xuízo de faltas 5/1996, por lesións, no que son partes o ministerio fiscal, en representación da acción pública e, como denunciante, Mercedes Mored Ferrín, como denunciado Carlos Boente Gallego. Decido que debo condenar e condeno a Juan Antonio García Piñeiro como autor dunha falta de lesións, xa definida, á pena de dez días de arresto menor e a que indemnice a Elisardo González González na cantidade de 35.000 pesetas por días de curación e incapacidade. É condenado tamén ó pagamento das custas procesuais.

Notifíqueselle-la presenta resolución ó ministerio fiscal e ás partes interesadas, facéndolles saber que ela non é fime e que cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días e para formalizar mediante escrito no que motivadamente se expoñan as razóns que se queiran alegar.

Quede testemuño da presente resolución nos autos e lévese o orixinal ó libro de sentencias deste xulgado.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Para que sirva de notificación a Juan Antonio García Piñeiro, expido e asino este edicto.

En Ribeira, 16 de xaneiro de 1997.

A secretaria

Rubricado

1386