Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.061

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (83/1994).

Eu, Coral Rodríguez Liñares, xuíza de primeira instancia e instrucción número un de Padrón.

Fago saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de xuízo verbal civil número 83/1994, nos cales se dictou sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

«En Padrón o 19 de abril de 1995. Vistos por Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz en provisión temporal do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, os presentes autos de xuízo verbal civil, seguidos nestes xulgado co número 83/1994, nos que son parte, como demandante, Juan Jesús Pedrouzo Blanco, asistido pola letrada María José Escurís Reinoso, e como demandados María Beatriz Cacabelos Rego, Manuel Ángel Sampedro Monteagudo, en rebeldía procesual este último, a entidade aseguradora Allianz Ras S.A., representada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz e asistida polo letrado Ricardo Ferrer Jaureguízar, a entidade aseguradora La Unión y el Fénix Autos S.A., representada polo procurador Óscar García Piccoli e asistida polo letrado Juan Astray Suárez e o Consorcio de Compensación de Seguros, representado e defendido polo letrado do Estado.

En nome de El-Rei, procédese a dicta-la seguinte sentencia.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido, que considerando parcialmente a demanda inicial destas actuacións debo absolver e absolvo a Manuel Ángel Sampedro Monteagudo, en rebeldía procesual, a entidade aseguradora Allianz Ras S.A., representada polo procurador Regueiro Muñoz, e a entidade aseguradora La Unión y el Fénix Autos S.A., representada polo procurador García Piccoli, das pretensións deducidas na súa contra e debo condenar e condeno a María Beatriz Cacabelos Rego e o Consorcio de Compensación de Seguros a que conxunta e solidariamente indemnicen o demandante no importe de 682.268 pesetas máis o xuro establecido no artigo 921. LEC e con aplicación da franquicia de 70.000 pesetas en favor do consorcio.

No se fai expresa imposición en custas.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes en legal forma, facéndolles saber que esta sentencia non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días seguintes ó da súa notificación, na forma disposta polos artigos 732 e 733 LEC.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

En Padrón o nove de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

936