Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.061

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

EDICTO (36/1996).

Eu, María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Negreira e o seu partido, dou fe e certifico, que neste xulgado se segue xuízo de cognición número 36/1996, e nel se dictou sentencia, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia número 13/1997. En Negreira 7 de febreiro de 1997. Vistos por Manuel Cobas Otero, xuíz accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Negreira e o seu partido, os presentes autos de xuízo de cognición, seguidos co número 36/1996, sobre reclamación de cantidade, por instancia do Banco Central Hispanoamericano, con domicilio social en Madrid, rúa Alcalá, 49, e para efectos de notificacións na Coruña, rúa Compostela, 8-4º Esq., representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes e coa dirección letrada de Sonia Rodríguez Arroyo, contra José Antonio Pérez Pose, maior de idade, veciño de Santa Comba e con domicilio na rúa Emigrante, 6, en situación procesual de rebeldía.

Decido que, estimando a demanda deducida polo procurador García-Piccoli Atanes, en nome e representación do Banco Central Hispano, S.A, debo condenar e condeno o demandado José Antonio Pérez Pose, a que lle aboe á demandante a suma de 199.923 pesetas, mailos xuros legais correspondentes desde a data de peche da conta de aforros, o día 20 de xaneiro de 1996, facendo expresa condena en custas.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación de sentencia ó demandado rebelde, José Antonio Pérez Pose, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino o presente edicto en Negreira o 7 de febreiro de 1997.

Dilixencia. A seguir, cúmprese o acordado e expídense copias para a notificación ó procurador da demandante, e para publica-lo edicto correspondente. E disto dou fe.

986