Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.060

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE MARÍN

EDICTO (133/1996).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Marín, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo verbal civil de tráfico, rexistrado co número 133/1996, promovido por instancia de Francisco Javier Abad López contra Joaquín Abreu e o Consorcio de Compensación de Seguros, e no seu procedemento dictouse providencia na que se manda citar a Joaquín Abreu con DNI/pasaporte:

X-1651707, natural de Marvila-Lisboa, nado o 6 de novembro de 1942, co último domicilio coñecido nesta cidade e que na actualidade se atopa en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día dezanove de maio, ás 11 horas, compareza neste xulgado sito na rúa Méndez Núñez, 51, edificio Nova Galicia, co obxecto de asistir á celebración do xuízo, apercibíndoo de que no caso de non comparecer, nin alegar xusta causa que llo impida, será declarado en rebeldía e recerán sobre el os prexuízos ós que houbese lugar en dereito.

E para que lle sirva de citación ó demandado, expdio o presente edicto en Marín o dezanove de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

1186