Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.060

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (250/1995).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa fai saber, que nos autos que a seguir se dirán consta dictada a sentencia que ten un encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na vila de Arzúa, vintenove de abril de mil novecentos noventa e seis. Eva María Doval Lorente, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos desta vila, viu os presentes autos de xuízo executivo, promovidos por Mercedes Seijo Varela, representada polo procurador Narciso Caamaño Queijo, e dirixido pola letrada Almudena Jiménez Lavandeira, contra José Manuel Rico Rodil e o letrado da Xunta de Galicia, e procédese a dicta-la seguinte resolución.

Seguen antecedentes de feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que, desestimando a demanda interposta polo procurador Caamaño Queijo, en nome e representación de Mercedes Seijo Varela, non se lle recoñece á solicitante o dereito a litigar de balde.

Contra esta sentencia poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E expido o presente edicto para que lle sirva de notificación en legal forma á parte demandada declarada en rebeldía e en ignorado paradoiro.

Dado en Arzúa, seis de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

1663