Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.060

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (186/1995).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, fai saber, que nos autos que a seguir se dirán consta dictada a sentencia que ten un encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na vila de Arzúa, vintenove de abril de mil novecentos noventa e seis. Eva María Doval Lorente, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos desta vila, viu os presentes autos de xuízo verbal de dereito a litigar de balde, seguidos por instancia de María Digna Vázquez Valiño, representada pola procuradora Ángeles Regueiro Muñoz, con asistencia letrada de Almudena Jiménez Lavandeira, contra Salvador García Sánchez, non comparecendo o letrado da Xunta de Galicia, e procédese a dicta-la seguinte resolución.

Seguen antecedentes de feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que lle debo recoñecer e recoñézolle o dereito a litigar de balde a María Digna Vázquez Valiño, con dereito ós beneficios que a lei outorga e tódalas súas incidencias, sen prexuízo do disposto do artigo 48 da Lei de axuizamento civil.

Contra esta sentencia poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E expido o presente edicto para que lle sirva de notificación en legal forma á parte demandada declarada en rebeldía e en ignorado paradoiro.

Dado en Arzúa, o seis de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

1074