Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.060

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPREMO (SALA DO CIVIL)

EDICTO (726/1996).

A Sala do Civil do Tribunal Supremo, no recurso de casación 727/1996, interposto polo procurador Hernández Tabernilla, en autos número 222/1993 do Xulgado número un de Viveiro, listado por Julio Anido García, sobre reclamación de cantidade, acordou requiri-los herdeiros ou habentes causa do finado Julio Anido García por medio do presente edicto, para que poidan comparecer en forma ante esta sala e secretaría para faceren uso do seu dereito en concepto de recorridos, baixo apercibimento de que, de non o verificaren, seguirá o procedemento o seu curso sen a súa intervención.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto, que asino en Madrid o vintenove de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

1075