Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.062

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (455/1996).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas neste xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de xuízo executivo número 455/1996, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela, vinte de xaneiro de mil novecentos noventa e sete. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado co número 455/1996, promovidos por Banco Español de Crédito, S.A. representado pola procuradora Goimil Martínez e dirixido polo letrado Jesús Varela, contra Arturo Camiño Núñez, con domicilio na Telleira, s/n, Bastavales-Brión, declarado en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada ata facer remate dos bens embargados a Arturo Camiño Núñez, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 5.856.750 pesetas, importe de principal e ademais, ó pagamento dos xuros de demora e as custas, e ó seu pagamento debo condenar e condeno expresamente a parte demandante.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interporse neste xulgado e para ante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados a partir da súa notificación.

Dispoño: Aclárase o contido da resolución da sentencia recaída nos presentes autos de xuízo executivo 455/1996, que quedará redactado do teor literal seguinte:

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Arturo Camiño Núñez, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 5.856.750 pesetas, importe do principal e ademais, ó pagamento dos xuros pactados e as custas, e ó seu pagamento debo condenar e condeno expresamente a parte demandada».

A sentencia anterior foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe, e para que conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, sete de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

1087