Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.016

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 17 de febreiro de 1997 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 1997.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 39, do 26 de febreiro de 1997, é necesario face-las seguintes correccións:

-No artigo 1º, no apartado correspondente ó reo, deberá incluírse o couto de Xubia (río Xubia) na relación de coutos nos que a tempada se prorroga ata o 30 de setembro.

-No anexo IV, punto 2, apartado referente ó río Belelle e afluentes, ó final do parágrafo segundo deberase engadi-lo seguinte texto: «Esta medida afectaralles tamén a tódolos afluentes existentes no tramo».

-No anexo IV, punto 2, apartado referente ó río Mandeo e afluentes, no parágrafo primeiro, onde di: «Porto de Abaixo (concello de Curtis)», debe dicir: «Porto de Abaixo (concello de Sobrado)».

-No anexo IV, punto 2, apartado referente ó río Ulla e afluentes, no río Furelos deberase engadi-lo seguinte texto: «Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre Ponte de Bragaña (límite entre os concellos de Toques e Melide) e a pasarela de Guillar (límite entre os concellos de Toques e Melide), cunha lonxitude aproximada de 2 km».

-No anexo V, punto 2, apartado referente ó río Cabe e afluentes, no parágrafo segundo, onde di: «Santa Eulalia de Trascastro (concello do Incio)», debe dicir: «Santa Eulalia de Trascastro (concello da Pobra de Brollón)».

-No anexo V, punto 2, apartado referente ó río Miño, o parágrafo terceiro deberá ser substituído polo seguinte texto: «Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano nos seguintes tramos:».

-No anexo VI, punto 2, deberase engadir un apartado correspondente ó río Sil co seguinte texto: «Autorízase a pesca de criprínidos e «black-bass» ou perca negra durante todo o ano no tramo comprendido entre a ponte de San Fernando (concello do Barco de Valdeorras) e a depuradora (concello do Barco de Valdeorras), cunha lonxitude aproximada de 2,5 km».

-No anexo VII, punto 1, deberanse engadi-los seguintes textos: «Decláranse os luns non festivos como inhábiles para a pesca nos coutos da provincia». «Nos coutos de Couso e Sinde poderase captura-lo reo entre o 11 de maio e o 30 de xuño estando en posesión de permiso para a pesca de salmón».

-No anexo VII, punto 2, apartado referente ó río Loira e afluentes, deberase engadi-lo seguinte texto: «Regato de Silvestre. Védanse tódalas especies entre o nacemento e a desembocadura no regato de Cadrelo (concello de Marín)».

-No anexo VII, punto 2, apartado referente ó río Ulla e afluentes, o parágrafo primeiro do río Arnego deberase substituír polo seguinte texto: «Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre A Frisca e 50 m augas abaixo (límite entre os concellos de Vila de Cruces e Agolada)».

-No anexo VII, punto 2, apartado referente ó río Ulla e afluentes, no parágrafo terceiro do río Deza, onde di: «límite entre os concellos de Silleda e Vila de Cruces», debe dicir: «concello de Lalín»; e onde di: «1,7 km», debe dicir: «0,7 km».

-No anexo VII, punto 2, apartado referente ó río Ulla e afluentes, no río Liñares, onde di: «Muíños de Penide», debe dicir: «presa de abastecemento da Estrada».

-No anexo VII, punto 2, apartado referente ó río Umia e afluentes, no río Gallo, onde di: «2,5 km», debe dicir: «0,7 km».

-No anexo VII, punto 2, apartado referente ós ríos Verdugo, Oitavén e afluentes, no parágrafo segundo onde di: «presa de Parada Logo», debe dicir: «presa de Parada».

1028