Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.016

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do persoal laboral do Concello da Pobra do Caramiñal.

Visto o expediente do convenio colectivo do persoal laboral do Concello da Pobra do Caramiñal que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-11-1996, subscrito en representación da parte económica polos representantes do goberno municipal e, da parte social polos delegados de persoal, o día 18-10-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás repre

sentacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de febreiro de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Concello da Pobra do Caramiñal

Convenio regulador das condicións de traballo

do persoal laboral ó servicio do Concello da Pobra do Caramiñal

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

As normas contidas no presente acordo aplicaranse ó persoal laboral do Concello da Pobra do Caramiñal independentemente da súa relación fixa ou temporal. Non amparará as prestacións daqueles contratos subvencionados que teñan as prestacións económicas prefixadas.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O presente convenio terá unha vixencia desde 1 de febreiro de 1996, sen prexuízo da data da súa publicación no BOP e manterase ata o 1-12-97. Nembargantes entenderase prorrogado ata a entrada en vigor do convenio que o substitúa.

Artigo 3º

O presente acordo considérase tacitamente prorrogable a períodos trimestrais, se non mediase denuncia das partes, cun prazo de aviso dun mes respecto á data na que remata a vixencia ou, de non haber acordo das partes, comprometéndose a seguir negociando.

Artigo 4º.-Garantías.

As condicións recollidas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible, e, para efectos da súa aplicación práctica, serán considerados global e conxuntamente quedando subordinados a calquera disposición xeral de rango superior que puidera ter efectos máis favorables para os empregados públicos.

Artigo 5º

Quedan reservadas á negociación colectiva todas aquelas materias, que, directa ou indirectamente, afecten ás condicións de traballo do persoal deste concello: retribucións, ofertas de emprego, sistemas de selección de emprego, sistemas de selección, promoción e provisión de postos de traballo, xornada laboral, calendario de vacacións, réxime disciplinario, xestión de servicios e métodos de traballo, seguridade e hixiene e dereitos sindicais e de participación.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Despois da súa aprobación, no prazo máximo de 30 días constituirase unha comisión paritaria para o seguimento do convenio. Esta comisión estará composta por 6 membros: 3 representantes do goberno municipal e 3 representantes legais dos traballadores. A comisión estará presidida polo alcalde ou persoa en quen este delegue, sen voto de calidade, e o secretario será elixido entre as partes de mutuo acordo.

Cada unha das partes pode estar asistida polos seus asesores e poderá nomear membros suplentes da súa representación.

Cada unha das partes poderá presentar diante da comisión paritaria do convenio os diferentes conflictos e irregularidades que poidan xurdir da interpretación e aplicación do convenio, co fin de que a comisión emita un dictame de carácter vinculante, para o cal esta utilizará as medidas legais que procedan.

As funcións ou actividades desta comisión non impedirán en ningún caso o libre exercicio da xurisdicción competente, e emitirá dictames sobre os seguintes temas:

1. Interpretación auténtica dos artigos e cláusulas deste documento.

2. Actualización das normas do convenio e estudio da necesidade da súa incorporación e procedendo en consecuencia.

3. Vixilancia do cumprimento do convenio.

4. Cantas outras actividades leven a eficacia práctica do convenio.

5. Cadros de persoal e postos de traballo.

A comisión paritaria celebrará as súas propias normas de funcionamento interno, o seu calendario de reunións, e os acordos tomaranse por unanimidade ou acordo conxunto de ámbalas partes.

Esta comisión reunirase a petición de calquera das partes dentro das 48 horas seguintes á comunicación da reunión.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 7º

A organización práctica do traballo será competencia do alcalde, ó que lle corresponde a iniciativa con suxeición á lexislación vixente. Cando diso se deriven repercusións sobre as condicións de traballo, procederá á negociación cos representantes dos traballadores de conformidade cos artigos 30 e 31 da Lei 9/1987 e RD lexislativo 1/1995, do 24 de marzo. O alcalde está facultado para delega-las súas competencias na persoa que corresponda.

Capítulo III

Mobilidade do persoal

Artigo 8º.-Clasificación profesional.

A clasificación profesional ten por obxecto a determinación, ordenación e definición das diferentes categorías que poidan ser asignadas ós empregados públicos.

Artigo 9º.-Traballos de superior categoría.

A realización de traballos de superior e inferior categoría responderá a necesidades excepcionais, imprevisibles e perentorias, durando o tempo imprescindible.

1. A adscrición dun traballador laboral a un posto de superior categoría farao a alcaldía, con comunicación ós delegados sindicais dos traballadores. Cando a ocupación no posto de traballo sexa superior a 10 días, a percepción das retribucións complementarias farase efectiva desde o primeiro día.

O máximo tempo que un traballador pode estar nesa situación é de seis meses (6 meses), transcorridos os cales, de existir outros traballadores que reúnan os requisitos ou a capacidade necesaria da categoría que se vai cubrir, e sempre que se desempeñe a función adecuadamente, outro traballador ocupará o seu posto. Non se aplica esta regra ós postos reservados a traballadores con habilitación de carácter nacional, que terán que ser ocupados por persoal funcionario.

2. Ningún traballador poderá realizar traballos de categoría inmediatamente inferior durante un tempo superior a 10 días, tendo en conta ademais, o establecido no artigo 23, apartado 4 do Estatuto dos traballadores. Transcorrido o período citado, o traballador non poderá volver ocupa-lo posto de categoría inferior ata transcorrido un ano, e, en ningún caso poderá diminuí-las retribucións.

3. Os postos cubertos por estes sistemas incluiranse obrigatoriamente na seguinte oferta de emprego.

Artigo 10º.-Segunda actividade.

A corporación e os representantes legais dos traballadores concretarán, dentro das medidas de reorganización, os postos de traballo que poden ser considerados aptos para a creación dunha escala auxiliar dentro da relación de postos de traballo. Trala aprobación do presente convenio formarase tal escala auxiliar, definindo as funcións que deban ser realizadas polo persoal que se adscriba a tales postos. A ela tamén se adscribirá o persoal que teña minguadas as súas facultades e fose considerado así polos servicios médicos competentes e os maiores de 55 anos.

O persoal pasará a escala auxiliar no caso seguinte: por incapacidade para o exercicio da súa función habitual.

Todo o persoal que pasa a escala auxiliar conservará o total das retribucións que viña percibindo.

Artigo 11º.-Incapacidade de funcións.

No caso de que un traballador presente incapacidade manifesta para o exercicio das súas funcións poderá solicita-la súa xubilación por invalidez ou ben o concello tramitaraa de oficio, sen prexuízo de situacións de segunda actividade. Neste caso o concello farase cargo da diferencia que exista entre a súa pensión e o que viña cobrando. Esta cantidade será fixa, non terá ningunha revalorización e aboarase ata que o traballador reúna os requisitos para a xubilación forzosa. No caso de que os organismos competentes lle deneguen a xubilación, o empregado poderá solicita-la xubilación voluntaria producíndose os mesmos efectos económicos que os sinalados anteriormente.

Para evitar fraude o traballador que se queira acoller a estes dereitos pasará as probas e exames que o concello considere convenientes, e con cargo ó propio concello.

Artigo 12º.-Empregada embarazada.

A empregada pública embarazada terá dereito a que se o poste de traballo que desempeña é prexudicial para o seu estado ou o do feto, se lle encomenden funcións de acordo coas súas circunstancias.

Capítulo IV

Condicións de traballo

Artigo 13º.-Xornada de traballo.

1. Establécese, con carácter xeral, unha xornada laboral continuada de luns a venres de 37,5 horas semanais, cun máximo de 1.665 horas anuais. Para o cálculo da xornada laboral computaranse os días festivos como efectivamente traballados.

2. Os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, todo o persoal afectado por este acordo desfrutará de xornada continua, dependendo das necesidades do servicio e segundo o horario que estableza a comisión paritaria.

3. Todo traballador disporá dun período de 30 minutos en xornada continua, e de 20 minutos na xornada partida, que se desfrutarán pola mañá.

4. Computarase como tempo de traballo efectivo o estrictamente necesario para recoller, gardar, limpar e ordena-los materiais, ferramentas e demais útiles de traballo.

5. O persoal laboral que curse estudios terá preferencia para elixir quenda de traballo, se tal é o sistema que se segue no servicio. Este dereito está suxeito á acreditación deles e á obtención duns rendementos que avaliará a comisión paritaria.

6. Calquera que sexa o réxime de organización do traballo de cada servicio municipal, entre o remate dunha xornada e o comezo da seguinte mediarán como mínimo 12 horas, agás en situacións especiais.

7. Entenderanse comprendidos dentro da xornada laboral ordinaria os tempos empregados en pausas regulamentarias, desprazamentos e outras interrupcións derivadas do cumprimento das normas de segu

ridade e hixiene ou da propia organización do traballo.

8. Traballo en período festivo. Enténdese por período traballado en festivo, o realizado no tempo que medie entre as 22 horas da véspera e as 24 horas de cada domingo ou festivo.

Procurarase que nos servicios nos que a actividade se desenvolva en domingo, festivos e horas nocturnas, as xornadas traballadas nas ditas circunstancias sexan repartidas equitativamente entre tódolos traballadores adscritos ó servicio.

O persoal que realice traballos nestes períodos terán as mesmas contías có persoal funcionario.

9. Independentemente do que os organismos competentes sinalen serán festas propias do persoal do concello, con carácter non recuperable e retribuídas, as festividades de carácter local e o día da Sta. Rita, patroa dos funcionarios e do persoal laboral do concello.

Ademais nos días 24 e 31 de decembro a xornada laboral será desde as 8 horas ata as 13 horas para todo o persoal.

10. Enténdese por traballo en período nocturno o efectuado entre as 22 horas e as 6 horas.

11. Os traballadores con fillos de menos de nove meses de idade, reducirán a xornada laboral nunha hora e 15 minutos (1 h 15 m), sen mingua-la súa retribución. No suposto que traballen os dous cónxuxes, esta diminución só será aplicable a un deles.

12. Quen por garda legal teña ó seu cargo algún menor de 6 anos, diminuído físico ou psíquico (nun tercio ou metade), con deducción proporcional das retribucións, tamén poderá acollerse a este dereito.

Artigo 14º.-Vacacións.

1. As vacacións anuais retribuídas terán unha duración dun mes natural e desfrutaranse preferentemente nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro e entre o 15 de decembro e o 15 de xaneiro. Cando por necesidades do servicio, o persoal teña que desfrutar obrigatoriamente as súas vacacións fóra do período establecido, as vacacións serán de 30 días laborables.

2. O traballador poderá solicitar da alcaldía desfruta-las súas vacacións nun mes diferente ós sinalados no parágrafo anterior. Tamén poderá fraccionalas en dous períodos.

Poderase acceder ó solicitado, sen que ésto produza dereito ó disfrute dos días adicionais sempre que as necesidades do servicio o permitan.

O plan de vacacións será elaborado antes do día 31 de xaneiro de cada ano, polo goberno municipal e será posteriormente negociado cos delegados sindicais.

En tódalas situacións de IT ou licencia maternal que coincidan coas datas nas que deberán desfru

tarse as vacacións o desfrute pospoñerase ás datas posteriores á situación de alta agás que o período de baixa se iniciase con posterioridade ó principio do desfrute das vacacións e este non se estenda máis alá do trinta e un de decembro do ano en curso.

Artigo 15º.-Permisos e licencias retribuídas.

A todo o persoal vinculado por este convenio, logo de aviso, concederánselle permisos retribuídos polos seguintes motivos xustificados:

1. Por nacemento de fillos: dous días e tres se é fóra do municipio.

2. Por morte ou enfermidade: igual có persoal funcionario.

3. Por traslado de domicilio: dous días e tres se é fóra do concello.

4. Para concorrer a exames ou probas de avaliación en centros oficiais o día da súa celebración e o necesario para concorrer a eles xustificadamente.

5. Durante o tempo que duren os congresos ou reunións de carácter profesional ou sindical, coa debida xustificación e ata un máximo de oito días ó ano en funcións das necesidades do servicio.

6. Por asuntos propios, sen xustificación: nove días ó ano, nos termos previstos na lexislación vixente, non acumulables ás vacacións anuais.

7. Para o cumprimento dun deber público de carácter ineludible: o tempo mínimo imprescindible.

8. Logo de aviso e posterior xustificación, o persoal terá dereito ó tempo necesario para asistir á consulta médica.

9. Por matrimonio: quince días ininterrompidos.

10. En caso de enviuvar, o empregado público que teña fillos menores de 6 anos ou diminuídos que non desempeñen actividade retribuída ningunha terá dereito a un mes natural de licencia.

11. Licencia por parto: 18 semanas. No non previsto rexerá o regulado na Lei de maternidade, adopción ou paternidade.

12. Licencia por adopción: para nenos menores de 9 meses, 10 semanas, para menores de máis de 9 meses, 8 semanas, e a partir dos 6 anos, 1 semana.

Artigo 16º.-Excedencias.

1. A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

2. O traballador con, polo menos, unha antigüidade na empresa dun ano, terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo menor a dous anos e non maior a cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo

mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

3. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atender ó coidado de cada fillo, tanto cando sexa por natureza como por adopción, contado desde a data do nacemento deste.

Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, poñerá fin ó que se viña desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

O período no que o traballador permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo, será computable para efectos de antigüidade, e o traballador terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional.

A tal participación deberá ser convocado polo empresario, especialmente con ocasión da súa reincorporación.

Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrido o dito prazo o reserva quedará referida a un poste de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

4. Así mesmo poderán solicita-lo seu paso a situación de excedencia forzosa na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito comarcal ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

5. O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á del que houbese ou se producisen na empresa.

6. A situación de excedencia poderá estenderse a outros supostos colectivamente acordados, co réxime e os efectos que alí se prevexan.

Artigo 17º.-Permisos non retribuídos.

1. Por causas de difícil xustificación, e sempre que o permitan as necesidades do servicio, 15 días, ata un máximo de 3 meses cada dous anos.

2. Seis meses cada cinco anos, ou un ano de cada dez. A corporación aboará o importe total das cotas da Seguridade Social, sempre e cando o permiso sexa por causas xustificadas. O traballador solicitará o permiso con, polo menos, 15 días de antelación á data de inicio do permiso, o concello contestará dentro dese prazo, e, de non facelo, entenderase concedido o permiso.

Artigo 18º.-Formación profesional.

Para facilita-la formación e reciclaxe profesional, o concello, no marco do convenio 140 da OIT comprométese a adopta-las seguintes medidas concretas:

1. Concesión de permisos retribuídos para concorrer a exames finais e probas de aptitude e avaliación para a obtención dun título académico ou profesional.

2. Concesión de 40 horas retribuídas ó ano, como máximo, para a asistencia a cursos de perfeccionamento profesional, cando o curso se celebre fóra da Administración e o seu contido estea directamente relacionado co posto de traballo ou coa súa carreira profesional na Administración.

3. Concesión de permiso non retribuído, dunha duración máxima de tres meses para a asistencia a cursos de perfeccionamento profesional, sempre que a xestión do servicio e a organización do traballo o permitan.

Capítulo V

Extinción do contrato

Artigo 19º.-Extinción do contrato por causas obxectivas.

O contrato poderá extinguirse:

1. Por ineptitude do traballador coñecida ou sobrevida con posterioridade á súa colocación efectiva na empresa. A ineptitude existente con anterioridade ó cumprimento dun período de proba non poderá alegarse con posterioridade ó dito cumprimento.

2. Por falta de adaptación do traballador ás modificacións técnicas operadas no seu posto de traballo, cando os ditos cambios sexan razoables e transcorresen como mínimo dous meses desde que se introduciu a modificación. O contrato quedará en suspenso, polo tempo necesario e ata o máximo de tres meses, cando a empresa ofreza un curso de reconversión ou de perfeccionamento profesional a cargo do organismo oficial ou propio competente, que o capacite para a adaptación requirida. Durante o curso aboaráselle ó traballador o salario medio que viñera percibindo.

3. Cando exista a necesidade, obxectivamente acreditada, de amortizar postos de traballo por algunha das causas previstas no artigo 51.1 desta Lei e en número inferior ó establecido nel. Os representantes dos traballadores terán prioridade de permanencia na empresa no suposto a que se refire este apartado.

4. Por faltas de asistencia ó traballo, aínda xustificadas pero intermitentes, que acaden o 20 por 100 das xornadas hábiles en dous meses consecutivos, ou o 25 por 100 en catro meses descontinuos dentro dun período de 12 meses, sempre que o índice de absentismo do total do cadro de persoal do centro de traballo supere o 5 por 100 nos mesmos períodos de tempo.

Non se computarán como faltas de asistencia para os efectos do parágrafo anterior, as ausencias debidas a folga legal dos traballadores, accidentes de traballo, maternidade, licencias e vacacións, nin enfermidade ou accidente non laboral, cando a baixa fose acordada polos servicios sanitarios oficiais e teña unha duración de máis de 20 días consecutivos.

Forma e efectos da extinción por causas obxectivas.

1. A adopción de acordo de extinción ó amparo do previsto no artigo anterior esixe a observancia dos requisitos seguintes:

a) Comunicación escrita ó traballador expresando a causa.

b) Poñer á disposición do traballador, simultaneamente á entrega da comunicación escrita, a indemnización de vinte días por ano de servicio, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano, e cun máximo de doce mensualidades.

Cando a decisión extintiva estivese fundada no artigo 52,c) desta lei, con alegación de causa económica, e como consecuencia de tal situación económica non se puidera poñer a disposición do traballador a indemnización á que se refire o parágrafo anterior, o empresario, facéndoo constar na comunicación escrita, poderá deixar de facelo, sen prexuízo do dereito do traballador de esixir daquel o seu aboamento cando teña efectividade a decisión extintiva.

c) Concesión dun prazo de preaviso de trinta días, computado desde a entrega da comunicación persoal ó traballador ata a extinción do contrato de traballo. No suposto recollido no artigo 52,c) do escrito de preaviso daráselle copia á representación legal dos traballadores para o seu coñecemento.

2. Durante o período de preaviso o traballador, ou o seu representante legal se se trata dun diminuído que o tivera, terá dereito, sen perda da súa retribución, a unha licencia de seis horas semanais co fin de buscar novo emprego.

3. Contra a decisión extintiva poderá recorrer como se se tratase de despedimento disciplinario.

4. Cando o empresario non cumprise os requisitos establecidos no apartado 1 deste artigo, ou a decisión extintiva do empresario tivera como móbil algunha das causas de discriminación prohibidas na Constitución ou na lei ou ben se producise con violación de dereitos fundamentais e liberdades públicas do traballador, a decisión extintiva será nula, debendo a autoridade xudicial facer tal declaración de oficio. A non concesión do preaviso non anulará a extinción, se ben o empresario, con independencia dos demais efectos que procedan estará obrigado a aboa-los salarios correspondentes ó dito período. A posterior observancia do empresario dos requisitos incumpridos non constituirá, en ningún caso, reparación do primitivo acto extintivo, senón un novo acordo de extinción con efectos desde a súa data.

5. A cualificación pola autoridade xudicial da nulidade, procedencia ou improcedencia da decisión extintiva producirá iguais efectos que os indicados para o despedimento disciplinario, coas seguintes modificacións:

a) En caso de procedencia, o traballador terá dereito á indemnización prevista no apartado 1 deste artigo, consolidándoa de tela recibido, e entenderase

en situación de desemprego por causa a el non imputable.

b) Se a extinción se declara improcedente e o empresario procede á readmisión, o traballador deberá reintegrarlle a indemnización percibida. No caso de substitución da readmisión por compensación económica, deducirase desta o importe da dita indemnización.

Artigo 20º.-Despedimento disciplinario.

1. O contrato de traballo poderá extinguirse por decisión do empresario mediante despedimento baseado nun incumprimento grave e culpable do traballador.

2. Consideraranse incumprimentos contractuais:

a) As faltas repetidas e inxustificadas de asistencia ou puntualidade no traballo.

b) A indisciplina ou desobediencia no traballo.

c) As ofensas verbais ou físicas ó empresario ou ás persoas que traballan na empresa ou ós familiares que convivan con eles.

d) A transgresión da boa fe contractual, así como o abuso de confianza no desempeño do traballo.

e) A diminución continuada e voluntaria no rendemento do traballo normal ou pactado.

f) A embriaguez habitual ou toxicomanía se repercuten negativamente no traballo.

Formas e efectos do despedimento disciplinario.

1. O despedimento deberá ser notificado por escrito ó traballador, facendo figura-los feitos que o motivan e a data en que terá efectos.

Por convenio colectivo poderán establecerse outras esixencias formais para o despedimento. Cando o traballador sexa representante legal dos traballadores ou delegado sindical procederá a apertura de expediente contradictorio, no que serán oídos, ademais do interesado, os restantes membros da representación a quen pertence, se os houbese.

Se o traballador está afiliado a un sindicato e ó empresario lle consta, deberá dar audiencia previa ós delegados sindicais da sección sindical correspondente ó dito sindicato.

2. Se o despedimento se realizase inobservando o establecido no apartado anterior, o empresario poderá realizar un novo despedimento no que cumprise os requisitos omitidos no precedente. O dito novo despedimento, que só surtirá efectos desde a súa data, só se poderá efectuar no prazo de vinte días contados desde o seguinte ó do primeiro despedimento. Ó realizalo, o empresario poñerá a disposición do traballador os salarios devengados nos días intermedios, manténdoo durante estes en alta na Seguridade Social.

3. O despedimento será cualificado como procedente, improcedente ou nulo.

4. O despedimento considerarase procedente cando quede acreditado o incumprimento alegado polo empresario no seu escrito de comunicación. Será improcedente no caso contrario ou cando na súa forma non se axustase ó establecido no apartado 1 deste artigo.

5. Será nulo o despedimento que teña por móbil algunha das causas de discriminación prohibidas na Constitución ou na lei, ou ben se produza con violación de dereitos fundamentais e liberdades públicas do traballador.

6. O despedimento nulo terá o efecto de readmisión inmediata do traballador, con aboamento dos salarios deixados de percibir.

7. O despedimento procedente validará a extinción do contrato de traballo que con aquel se produciu, sen dereito a indemnización nin a salarios de tramitación.

Despedimento improcedente.

1. Cando o despedimento sexa declarado improcedente, o traballador no prazo de cinco días hábiles desde a notificación da sentencia, poderá optar entre a readmisión co cobro dos salarios de tramitación previstos no parágrafo b) deste apartado ou o cobro das seguintes percepcións económicas que deberán ser fixadas naquela:

a) Unha indemnización de 45 días por ano de salario por ano de servicio, rateándose por meses ou períodos de tempo inferiores ó ano, e ata un máximo de 42 mensualidades.

b) Unha cantidade igual á suma dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da sentencia que declare a improcedencia ou ata a data que atopase outro emprego, se tal colocación fose anterior á dita sentencia e se probase polo empresario o percibido, para o seu desconto dos salarios de tramitación.

2. Se o despedido fora un representante legal dos traballadores ou un delegado sindical e non expresa opción, entenderase que opta pola readmisión.

Capítulo VI

Seguridade e hixiene

Artigo 21º.-Saúde laboral.

Considerando que os empregados públicos teñen dereito a unha protección eficaz da súa integridade física e a súa saúde no traballo, e que a administración e os delegados de prevención teñen o deber de promover, formular e aplicar unha adecuada política de prevención de riscos, as partes comprométense a colaborar estreitamente para eleva-los niveis de saúde e seguridade no traballo nos distintos centros municipais.

Os delegados de prevención constituiranse nun prazo máximo de seis meses desde a aprobación do convenio, constituído por dous representantes dos

traballadores elixidos de entre os membros do comité de empresa e dous da Administración.

Indumentaria.

O concello comprométese a equipar anualmente o persoal laboral co seguinte vestiario:

1. Persoal de obras e mantemento:

a) A principios de ano:

-Dous conxuntos de cazadora e pantalón.

-Un par de botíns de seguridade.

-Dúas camisas.

b)

-Un par de botas de auga e unha roupa de augas, cambiándose por unha nova cando se derramen ou deterioren, entregando a roupa derramada ou deteriorada.

-As luvas que se precisen ó longo do ano.

2. Persoal de limpeza de edificios e locais:

-Dúas batas anuais, un par de zocos, un par de zapatillas e as luvas que se necesiten ó longo do ano.

Artigo 22º.-Recoñecemento médico.

É un dereito voluntario de tódolos traballadores realizar un recoñecemento médico de tipo xeral cunha periocidade bianual e correndo tódolos gastos derivados del por conta do concello.

Co efecto de garanti-la efectividade deste dereito o concello subscribirá a póliza ou concerto que proceda.

Así mesmo, o concello terá dereito a realiza-las revisóns médicas que se consideren necesarias a todo o persoal suxeito a este convenio, logo de acordo da comisión paritaria.

Capítulo VII

Condicións económicas

Artigo 23º.-Salario.

Estructura do salario.

O salario constará de:

1. Salario base+complemento por tempo de servicio que se devengarán cada tres anos (trienios).

2. Pagas extraordinarias:

a) Todo o persoal incluído neste convenio terá dereito a percibir dúas pagas extraordinarias que se aboarán co salario mensual de xuño e decembro.

A contía de cada unha das pagas será igual a unha mensualidade de salario base+complemento por tempo de servicio.

b) As retribucións pagaranse mensualmente mediante transferencia bancaria e constarán na correspondente nómina, na que se reflectirán con absoluta claridade tódolos aspectos retributivos, recollen do así mesmo tódolos conceptos polos cales se produzan descontos nos haberes dos traballadores.

O modelo será obrigatoriamente igual para tódolos traballadores incluídos no ámbito de aplicación deste convenio.

A aqueles traballadores que na entrada en vigor do convenio veñan percibindo máis de dúas pagas extraordinarias ó ano respectaráselle-la súa actual contía, sempre que esta supere a que lle corresponda por aplicación do disposto no presente artigo.

O salario para o ano 1996 será o expresado no anexo I deste convenio, e para o ano 1997 se verá incrementado na mesma contía que se recolla nas disposicións legais dictadas en acompañamento da Lei de orzamentos do Estado.

Artigo 24º.-Horas extraordinarias.

1. As horas extraordinarias son aquelas horas ou fraccións que excedan da xornada laboral de traballo e teñan un carácter excepcional.

2. Tenderanse a eliminar como regra xeral tódalas as horas extraordinarias, de xeito que só se fagan aquelas debidas a imprevistos e tendo un carácter excepcional, non podendo excede-las 80 horas en cómputo anual.

A realización das horas extraordinarias como norma xeral terá un carácter voluntario.

A dirección do centro ou organismo informará ó comité de empresa ou delegados de persoal sobre o número de horas extraordinarias que se van realizar, especificando as causas, distribución, sesións e relacións nominais do persoal laboral que as realiza.

En caso de que as horas extras se compensen por tempo de descanso, computaranse da seguinte maneira:

1 hora extraordinaria computará por 1 hora e 30 minutos de descanso se se realiza en días laborais e por 2 horas se se realiza en domingos ou festivos.

Poderanse acumular estes tempos de descanso ata constituír xornadas completas, que nunca se poderán sumar ós períodos de vacacións e permisos ordinarios pactados no calendario laboral de cada organismo.

Para efectos económicos, o valor da hora extraordinaria será a resultante de incrementar un 75% o valor da hora ordinaria.

O seu cálculo farase coa seguinte fórmula:

(Salario bruto anual+antigüidade) x1,75

Hora extra=

1.665 horas (nº de horas efectivas anuais)

Para as horas extraordinarias que se fagan en domingos ou festivos, o coeficiente multiplicador será de 2,25.

Axudas de custos e desprazamentos.

Enténdese por axudas de custes a indemnización económica diaria que se lle debe pagar a un traballador como compensación dos gastos derivados

dun desprazamento motivado por orde dos órganos directivos correspondentes. A contía da axuda de custos regularase segundo o Decreto 299/1990, do 24 de maio, modificado polo Decreto 21/1994, do 4 de febreiro e as relacións de aplicación.

Artigo 25º.-Incapacidade temporal (IT).

En calquera dos supostos de baixa por incapacidade temporal e mentres non se resolva de forma definitiva esta situación, o concello garantiralle a tódolos seus empregados e empregadas o mantemento do salario que estiveran a percibir no momento da baixa.

1. Ausencias por enfermidade común ou accidente non laboral dun a tres días de duración. Seguirase o seguinte procedemento:

a) Ausencias dun día: o persoal afectado comunicará a súa ausencia á unidade de persoal, órgano ou persoa responsable, preferentemente dentro da primeira hora da xornada, salvo causas de forza maior que impidan a comunicación. De non producirse a comunicación ou xustificación pertinente descontarase dos haberes o día faltado.

b) Ausencias de dous ou tres días: nestes casos, segundo o disposto no artigo 17 da Orde do 13-10-1967 (BOE do 4-11-1967), deberase presenta-lo parte médico no prazo de cinco días, contados a partir do seguinte ó da súa expedición.

De non entregarse tal parte, descontarase dos haberes os días faltados. Poderase recorrer contra estas deduccións ante a xurisdicción laboral.

En ámbolos dous casos o concello poderá practica-las inspeccións médicas oportunas, segundo o disposto no artigo 20 do Estatuto dos traballadores.

2. Ausencias por accidente de traballo, enfermidade profesional, maternidade, enfermidade común ou accidente non laboral de máis de tres días de duración: nestes casos o traballador percibirá o 100% do seu salario ordinario desde o primeiro día de baixa e ata o termo da IT, sempre que se cumpran os requisitos esixidos no artigo 17 da Orde do 13-10-1967.

Capítulo VIII

Beneficios sociais

Artigo 26º.-Xubilación anticipada.

1. Modalidades de xubilación:

a) Xubilación forzosa.

Co fin de contribuír á realización dunha política de promoción de emprego, a xubilación para o persoal laboral fixo do concello terá carácter de forzosa ó cumpri-lo traballador a idade de 65 anos.

Aqueles traballadores que, ó chegar a esta idade, non teñan cumprido o período mínimo de cotización á Seguridade Social para causar dereito á referida prestación, poderán continuar prestando servicios ata cumpri-lo citado período de cotización, momento no que se causará baixa de xeito inmediato.

b) Xubilación especial.

De conformidade co Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo (BOE 20-7-1985), para o caso de que os traballadores con 64 anos se queiran acoller á xubilación con 100 por 100 dos dereitos, substituirase o que se xubile deste xeito por calquera traballador que se atope inscrito como desempregado na correspondente oficina de emprego, e nas listas que, se é o caso, se elaboren, mediante un contrato da mesma natureza que a do extinguido.

No caso de que a contratación se decida con carácter indefinido, deberá levarse a cabo de conformidade co regulado no capítulo IV do presente convenio.

c) Xubilación voluntaria.

O persoal laboral poderá xubilarse voluntariamente de acordo cos requisitos establecidos no réxime da Seguridade Social ó que pertenza.

2. No momento da xubilación, o persoal laboral suxeito a este convenio percibirá unha gratificación consistente en tres mensualidades do salario.

Artigo 27º.-Anticipos.

1. A petición do interesado o concello poderá conceder ós seus empregados un anticipo de ata catro mensualidades, cun tope máximo de 450.000 ptas. A devolución efectuarase mediante deduccións mensuais en nómina, e sen que xeren ningún tipo de xuro, nos prazos que se sinalan a continuación:

a) Dez meses para os anticipos dunha mensualidade.

b) Catorce meses para os anticipos de dúas mensualidades.

c) Vinte meses para os anticipos de tres mensualidades.

d) Trinta meses para os anticipos de catro mensualidades.

2. Concederanse anticipos de máis de dúas mensualidades só como consecuencia de necesidades de carácter social, definíndose como tales, en principio, tan só as derivadas de investimento para a compra ou mellora de vivenda propia ou adquisición de terreos para construíla, e de gastos de enfermidade, nos termos que se sinalan a continuación.

a) Os anticipos ós que se fai referencia neste apartado, e que veñan como consecuencia de investimentos en vivenda propia, abarcarán:

-Os destinados á compra de vivenda que sirva ou vaia servir de residencia única e habitual do peticionario.

-Os destinados a obras de mellora da vivenda que reúnan as características do parágrafo anterior.

-Os destinados á amortización de préstamos por adquisición de vivenda que deberán reuni-las mesmas condicións antes citadas.

-Os destinados a cubrir gastos derivados de compra de mobiliario necesario para o primeiro establecemento da vivenda que se ocupe.

b) Os anticipos a que se refire este apartado e que traian causa de gastos de enfermidade, outorgaranse tan só cando os gastos se deriven directa ou indirectamente do solicitante, sen cónxuxe, fillos ou persoa del, dependente economicamente sempre e cando aqueles se prevexan superiores ó importe de dúas mensualidades de actividades profesionais do persoal municipal, salvo en caso de manifesta neglixencia debidamente probada.

c) Queda reservada á comisión mixta a interpretación das cláusulas establecidas no número dous deste artigo, asi como a apreciación doutras necesidades que, sen estar previstas nos apartados anteriores, merezan a consideración social e, polo tanto, a concesión deste tipo de anticipo.

d) A concesión de anticipos de máis alá de dúas mensualidades non poderá supera-lo número de dúas por solicitante, nun período de cinco anos.

3. O período máximo de amortización non poderá exceder en ningún caso da data en que se produza legalmente a xubilación do solicitante, ou remate do contrato, debéndose ratear nestes casos o seu importe entre as mensualidades que resten ata a devandita data.

4. Non se concederán novos anticipos se o interesado non amortizou cando menos o 50% do que xa tiña concedido, e transcorrese a metade do período de amortización, agás que concorra unha causa de especial transcendencia valorada como tal pola comisión mixta.

Artigo 28º.-Seguro de responsabilidade civil.

O concello subscribirá unha póliza que garanta a cobertura por responsabilidade civil que poida derivarse das actividades profesionais do persoal municipal, agás en caso de neglixencia manifesta, debidamente probada.

Artigo 29º.-Seguro de accidentes laborais.

O concello concertará unha póliza de accidentes de traballo, que terá como asegurados tódolos traballadores do cadro de persoal municipal en situación de activo.

A cobertura da póliza cubrirá os seguintes aspectos: falecemento, invalidez absoluta e permanente ou invalidez parcial, exclusivamente para aqueles casos de accidente sufrido durante o exercicio das ocupacións profesionais ou in itinere.

Os capitais garantidos quedarán fixados no momento de concerta-la póliza, previo acordo da comisión paritaria que deberá adoitarse antes do remate do 1º trimestre do 1997.

En tódolos casos de accidentes laborais a corporación farase cargo dos gastos ocasionados polo accidente dos traballadores municipais.

Artigo 30º.-Asistencia xurídica.

A corporación bríndase a prestar asistencia xurídica ós seus empregados nos supostos de conflictos xurdidos con terceiros como consecuencia da prestación dos seus servicios, salvo en caso de manifesta neglixencia debidamente probada.

Capítulo IX

Dereitos sindicais

Artigo 31º.-Da representación dos traballadores.

1. No exercicio dos dereitos que establece a lexislación vixente, o Concello da Pobra do Caramiñal recoñece o comité de empresa como órgano de representación dos contratados laborais municipais, con capacidade xurídica para obrar na defensa dos traballadores, de conformidade co establecido na normativa vixente.

2. Recoñécese a capacidade xurídica e de obrar, de acordo co establecido na lexislación vixente, ós sindicatos, seccións sindicais e, en xeral, ás organizacións legalmente establecidas e creadas para a defensa dos intereses dos traballadores, as cales poderán, a través dos seus órganos acreditados ante o concello, realizar todo tipo de accións sindicais das previstas na normativa vixente.

3. Fíxanse en 15 horas mensuais as de libre disposición para cada un dos membros do comité; non se computarán como horas sindicais, nin as de negociación, nin aquelas empregadas para as reunións con órganos da administración, por iniciativa destes.

4. Os membros da xunta de persoal e do comité de empresa non poderán ser sancionados nin despedidos durante e exercicio das súas funcións, nin no ano seguinte ó do seu cesamento, como consecuencia das súas actividades sindicais.

5. Tampouco poderán ser trasladados de unidade, centro ou posto de traballo, en contra da súa vontade expresa, durante o mesmo período.

6. Os membros da xunta de persoal e comité non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional, en razón precisamente do desempeño da súa representación.

Artigo 32º.-Da xunta de persoal e do comité de empresa.

1. O comité de empresa terá as seguintes competencias:

a) Recibi-la información dos asuntos que afecten ás materias de persoal.

b) Ter coñecemento previo dos expedientes que se refiran a materia de persoal e que vaian ser sometidos ó acordo plenario, así como as disposicións referentes a premios e sancións, réxime de prestación de servicios e, en xeral, a cantas disposicións con transcendencia para a organización xeral e réxime de prestacións de servicios municipais que se vaian adoptar, para tales efectos deberán esta-los ditos asuntos a disposición dos citados órganos coa antelación suficiente. O informe do comité non formará

parte do expediente que se someterá ó coñecemento do pleno.

c) Propoñe-la designación do traballador que teña que asistir ós tribunais de oposicións e concurso para a contratación, selección ou promoción do persoal.

d) Ter acceso ós expedientes que regulen materias de persoal.

e) Propoñer e negociar ante os órganos correspondentes as materias que afecten as condicións de seguridade e hixiene no traballo, réxime de asistencia, e seguridade e previsión no que sexa competencia da corporación.

2. O comité de empresa terá un funcionamento democrático, asegurando a participación nas súas tarefas de tódalas candidaturas que obtivesen representación, mantendo, na medida do posible a proporcionalidade de representación destas nos diversos órganos colexiados de que oportunamente se doten. Para asegurar estes principios de proporcionalidade e funcionamento democrático terán que contar cun regulamento de organización ou funcionamento.

3. Garántase o dereito á libre sindicación e organización dos traballadores, así como ó exercicio do dereito de folga, coas limitacións impostas pola lei e non discriminación, prexuízo nin sanción, por razóns de afiliación e exercicio dos dereitos sindicais.

Artigo 33º.-Locais sindicais.

O concello comprométese a dota-lo comité de empresa de locais axeitados para realiza-las súas funcións, e mantelos en condicións que fagan posible a súa utilización por eles para os fins que lle son propios. Así mesmo cederase un local para asembleas, autorización para uso de fotocopiadora, teléfono e fax.

Artigo 34º.-Asembleas.

1. O concello comprométese a facilitar un local para a celebración de asembleas xerais de centro, fóra do horario normal de traballo e ata un máximo de 36 horas de conformidade ca Lei 9/1987.

2. Sen prexuízo do anteriormente establecido, cada centro de traballo poderá realizar asembleas dentro da xornada laboral, na última ou na primeira media hora, ata un límite de catro ó ano, con intervención e presencia sempre dalgún membro do comité de empresa, debendo comunicarse a súa celebración o concelleiro de persoal cunha antelación de 2 días hábiles. O dito período de media hora non poderá computarse negativamente para ningún efecto.

3. O concello instalará en tódolos centros de traballo taboleiros onde o comité de empresa poida expoñe-la súa información.

Artigo 35º.-Gastos sindicais.

Nos orzamentos municipais consignarase anualmente unha partida con destino a gastos sindicais.

Para o período que abarca o presente acordo, e en tanto non se proceda á súa modificación, fíxase a dita consignación en 50.000 ptas., que se distribuirán da seguinte forma:

-50.000 ptas., ó comité de empresa.

Capítulo X

Réxime disciplinario

Artigo 36º.-Réxime disciplinario.

1. A imposición de sancións por faltas graves e moi graves, agás as derivadas de falta de asistencia e puntualidade, requirirá a realización dun expediente disciplinario, no que o procedemento, a tramitación e os termos son os seguintes:

a) Cando a Administración coñeza da comisión de feitos presuntamente constitutivos de falta grave ou moi grave, acordarase a incoación, se é caso, de expediente disciplinario polo responsable ou director do centro ou dependencia onde o traballador preste os seus servicios ou, se é o caso, pola autoridade que normativamente en cada momento teña asignada tal competencia. O dito acto, que se lle deberá comunicar por escrito ó comité de empresa e máis ó interesado, interromperá os prazos legais de prescrición de faltas e infraccións.

b) No propio acto de incoación de expediente o nomeamento e designación de instructor do procedemento, quen ordenará a práctica de cantas dilixencias sexan adecuadas para a determinación e comprobación dos feitos e, en particular, de cantas probas poidan conducir ó seu esclarecemento e á determinación das responsabilidades susceptibles de sanción.

O instructor, como primeiras actuacións, procederá a recibir declaración do presunto inculpado e a evacuar cantas dilixencias se deduzan da comunicación ou denuncia que motivou a incoación do expediente e do que aquel alegou na súa declaración.

Tódolos organismos e dependencias da Administración están obrigados a facilitarlle ó instructor os antecedentes e informes necesarios, así como os medios persoais e materiais que precise para o desenvolvemento da súa actuación.

c) Nun prazo non superior a un mes desde o inicio do expediente, o instructor proporalle á autoridade competente o arquivo das actuacións, ou procederá á elaboración dun prego de cargos, que lle será notificado respectivamente, segundo o caso, ó interesado, ó comité de empresa, ós delegados de persoal do centro ou á sección sindical correspondente.

O prego de cargos incluirá os feitos imputados con expresión, se é o caso, da falta presuntamente cometida e das sancións que poidan ser de aplicación. O instructor poderá, por causas xustificadas, solicita-la ampliación do prazo referido.

d) O prego de cargos notificaráselle ó inculpado e concederáselle un prazo de dez días para que poida contestalo coas alegacións que considere convenientes para a súa defensa achegando, así mesmo, cantos

documentos considere de interese. Neste trámite deberá solicitar, se o considera conveniente, a práctica das probas que para a súa defensa crea necesarias.

e) Contestando o prego ou transcorrido o prazo sen facelo, o instructor poderá acorda-la práctica das probas solicitadas que xulgue oportunas, así como a de todas aquelas que considere pertinentes. Para a práctica das probas disporase do prazo dun mes.

O instructor poderá denega-la admisión e a práctica das probas para investigar cuestións que considere innecesarias, debendo motiva-la denegación, sen que contra esta resolución caiba recurso do inculpado.

Os feitos relevantes para a resolución do procedemento poderán acreditarse por calquera medio de proba admisible en dereito.

f) Cumpridas as dilixencias previstas neste artigo daráselle vista do expediente ó inculpado con carácter inmediato para que no prazo de 10 días alegue o que vexa pertinente para a súa defensa e achegue cantos documentos considere de interese. Facilitaráselle unha copia completa do expediente ó inculpado cando este así o solicite.

g) O instructor formulará dentro dos dez días seguintes a proposta de resolución, da que se lle dará traslado ó comité de empresa ou ós delegados de persoal, así como ó interesado, na que se fixará con precisión os feitos probados, motivando, se é o caso, a denegación de probas propostas polo inculpado, e fará a valoración xurídica dos feitos, determinando, se procede, a falta cometida, a responsabilidade do traballador e a sanción que xulgue procedente impoñer.

A proposta de resolución notificaráselle ó interesado, para que no prazo de dez días poida alegar ante o instructor todo canto considere pertinente para a súa defensa.

Oído o inculpado ou transcorrido o prazo sen que haxa ningunha alegación, remitiráselle con carácter inmediato o expediente completo ó órgano que acordou a incoación do procedemento, o cal llo remitirá ó órgano competente para que proceda a dicta-la resolución que corresponda ou, se é o caso, ordenaralle ó instructor a práctica das dilixencias que considere necesarias.

Desta resolución daráselle conta ó interesado, ó comité de empresa do seu centro e á sección sindical a que pertenza, de se-lo caso.

h) Da proposta de resolución e sanción, se procede, daráselle traslado á comisión paritaria do convenio, para os meros efectos estatísticos e de información.

i) A omisión do procedemento aquí descrito determinará a nulidade do expediente, cando produza indefensión do interesado.

2. A sanción de faltas que non precisen a incoación de expediente disciplinario comunicaráselle ó comi

té de empresa respectivo, con tres días hábiles de antelación á súa notificación ó interesado.

3. As infraccións ou faltas cometidas polos traballadores, derivadas de incumprimentos contractuais, poderán ser leves, graves ou moi graves.

a) Faltas leves.

I. A incorrección cos superiores xerárquicos, cos compañeiros e co público en xeral.

II. A neglixencia e o descoido no cumprimento do traballo.

III. A presentación extemporánea de partes de baixa ou de confirmación, en tempo superior a dous días, desde a data da súa expedición regular, a non ser que por causas de forza maior se probe a imposibilidade de facelo.

IV. De tres a cinco faltas de puntualidade ó mes, respectándose o réxime existente para efectos de cómputo en cada centro de traballo. Non obstante as faltas de puntualidade poderán supoñe-la deducción proporcional de retribucións.

V. A neglixencia no coidado e na conservación dos materiais e utensilios de traballo, do mobiliario e dos locais onde se presten os servicios.

VI. A falta de asistencia inxustificada durante un día ó mes, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo por causa de forza maior.

VII. O incumprimento dos deberes e obrigas do traballador, sempre que non deban ser cualificados como falta grave ou moi grave.

c) Faltas graves.

I. A indisciplina ou a desobediencia relacionada co seu traballo, e o incumprimento dos deberes previstos nos apartados a), b) e c) do artigo 5 do Estatuto dos traballadores.

II. A desconsideración co público, compañeiros e subordinados no desempeño das tarefas encomendadas, sempre que non sexa falta leve, así como a grave falta de consideración cos administrados ou o abuso da autoridade no exercicio do cargo.

III. A falta de asistencia ó traballo sen causa xustificada durante dous ou tres días ó mes, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo por causa de forza maior.

IV. A presentación extemporánea dos partes de confirmación de baixa, en tempo superior a sete días, desde a data da súa expedición regular, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo por causa de forza maior.

V. O abandono do traballo sen causa xustificada por tempo superior a dous días nun mes.

VI. A simulación de enfermidade ou accidente que supoñan a incapacidade laboral transitoria por tempo inferior a tres días. Entenderase, en todo caso, que existe falta cando o traballador declarado de baixa por un dos motivos indicados realice traballos de calquera clase por conta propia ou allea. Así mesmo

entenderase incluída neste apartado toda acción ou omisión do traballador realizada para prolonga-la baixa por enfermidade ou accidente.

VII. A colaboración ou o encubrimento de faltas doutros traballadores, en relación cos seus deberes de puntualidade, asistencia e utilización dos mecanismos de control.

VIII. Máis de cinco faltas de puntualidade nun mes, respectándose o réxime existente para efectos de cómputo en cada centro de traballo.

IX. A reiteración na comisión de faltas leves, agás as de puntualidade inferiores a cinco faltas leves, nun prazo de seis meses, aínda que fosen sancionadas.

X. A diminución continuada e voluntaria no rendemento de traballo normal ou pactado.

XI. As conductas constitutivas de delicto doloso relacionadas co servicio ou que lles causen dano á administración ou ós administrados.

XII. Causar danos graves nos locais, no material ou nos documentos dos servicios.

XIII. O incumprimento dos prazos ou outras disposicións de procedemento en materia de incompatibilidades, cando non supoñan mantemento dalgunha situación de incompatibilidade.

XIV. A grave perturbación do servicio.

XV. Actos que atenten contra a dignidade dos traballadores ou da Administración.

XVI. As accións ou omisións dirixidas a evadi-los sistemas de control de horarios ou a impedir que sexan detectados os incumprimentos inxustificados das xornadas de traballo.

c) Faltas moi graves.

I. O incumprimento do deber de fidelidade á Constitución e ó Estatuto de autonomía no exercicio da función pública.

II. Toda actuación que supoña discriminación por razón de raza, sexo, relixión, lingua, opinión, lugar de nacemento, veciñanza ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

III. O abandono do servicio.

IV. Adopción de acordos manifestamente ilegais que lles causen un prexuízo grave á Administración ou ós cidadáns.

V. A publicación ou utilización indebida de segredos oficiais así declarados por lei ou clasificados como tales.

VI. A obstaculización do exercicio das liberdades públicas e dereitos sindicais.

VII. A participación en folgas ilegais.

VIII. Os incumprimentos das obrigas de atende-los servicios esenciais en caso de folga.

IX. Os actos limitativos da libre expresión de pensamento, ideas e opinións.

X. Ter sido sancionado pola comisión de tres faltas graves nun período dun ano.

XI. A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza nas xestións e no desempeño das funcións encomendadas.

XII. Máis de tres faltas ó mes de asistencia non xustificadas, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo por causa de forza maior.

XIII. A indisciplina e a desobediencia de carácter grave.

XIV. Os malos tratos de palabra ou obra cos traballadores de superior e inferior categoría, compañeiros e público.

XV. O acoso sexual, máxime cando se acompañe de abuso de autoridade ó ser efectuado por un superior contra un subordinado.

XVI. O incumprimento ou abandono das normas e medidas de seguridade e hixiene no traballo, cando deles se deriven graves riscos ou danos para o propio traballador e/ou terceiros.

XVII. A simulación de enfermidade ou accidente que supoñan unha incapacidade ou baixa por un tempo de tres ou máis días. Entenderase, en todo caso, que existe falta moi grave cando o traballador declarado de baixa por un dos motivos indicados realice traballos de calquera clase por conta propia ou allea. Así mesmo, entenderase incluída neste apartado toda acción ou omisión do traballador realizada para prolonga-la baixa por enfermidade ou accidente.

XIII. A reiteración na comisión de faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun mesmo trimestre, agás as de puntualidade.

XIX. O exercicio de actividades privadas ou públicas sen solicitar e obter autorización de compatibilidade do órgano competente para iso.

4. As sancións que poderán impoñerse, en función da cualificación das faltas, serán as seguintes:

a) Por faltas leves:

-Amoestación verbal ou por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo por dous días.

b) Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo de dous a quince días.

-Suspensión do dereito de concorrer a probas selectivas ou concursos de ascensos por un período dun ano.

c) Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de dezaseis días a seis meses.

-Inhabilitación para o ascenso por un período de ata un máximo de dous anos.

-Traslado forzoso sen indemnización.

-Despedimento.

5. Serán órganos competentes para a imposición das sancións disciplinarias:

a) O Pleno da corporación por proposta da comisión de goberno para impoñe-lo despedimento.

b) A comisión do goberno, para impoñe-las sancións por faltas graves ou moi graves.

c) A alcaldía, para a imposición de sancións de faltas leves.

6. Os xefes ou superiores que toleren ou encubran as faltas dos seus subordinados incorrerán en responsabilidade e sufrirán a corrección ou sanción que se considere procedente, tendo en conta a que se lle impoña ó autor e a intencionalidade, perturbación para o servicio e reiteración ou reincidencia da dita tolerancia ou encubrimento.

7. Non se considerará falta de ningún tipo a negativa a realizar traballos de categoría distinta á específica de cada traballador, salvo cando medien circunstancias de excepcional necesidade.

Todo traballador poderá dar conta por escrito, a través dos seus representantes, dos actos que supoñan faltas de respecto á súa intimidade ou á consideración debida á súa dignidade humana ou laboral. A Comisión de Goberno abrirá a oportuna información e instruirá, se é o caso, o expediente disciplinario que proceda.

O aquí exposto tamén será de aplicación cando se lesionen dereitos dos traballadores recoñecidos neste convenio e a normativa vixente, e se deriven prexuízos notorios de orde material para eles.

8. As faltas leves prescribirán ós dez días, as graves ós vinte días, e as moi graves ós sesenta días, a partir da data en que a Administración tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de cometerse. Os ditos prazos quedarán interrompidos por calquera acto propio do expediente instruído.

9. A cancelación do expediente de faltas e sancións producirase ós tres meses para as faltas leves, ó ano para as graves e ós dous anos para as moi graves.

Disposicións adicionais

Primeira.-Todo o persoal afectado por este convenio percibirá con efectos de 1 de xaneiro de 1996, ó cumprir tres anos de servicios un complemento por tempo de servicio.

Cada tres anos, polo tanto, a partir do 1 de xaneiro de 1996 devengaranse trienios, que consistirán, cada un na cantidade que se fixa para cada grupo no anexo correspondente ás retribucións.

O persoal que xa devengase trienios na data do 1 de xaneiro de 1996, seguiraos a devengar normalmente, e a partir desta data pasará a cobralos segundo esta disposición adicional.

Segunda.-Todo o persoal afectado por este convenio que cese no traballo ó servicio do concello

e volva ser contratado nun prazo máximo de tres meses a partir do seu cesamento, devengará o complemento por tempo de servicio, igualmente ó cumpri-los tres anos, como se se tratase dun servicio ininterrompido.

Terceira.-A corporación garantirá en todo caso as revisións salariais necesarias para evita-la perda do poder adquisitivo de todo o persoal do concello.

Disposición derrogatoria

O presente documento, unha vez aprobado polo órgano competente derroga calquera outro acordo ou resolución municipal que se lle opoña, en especial, anteriores acordos aprobados pola corporación.

ANEXO I

TÁBOAS SALARIAIS 1996, 1997

Categoría

Salario base

1996

Salario base

1997

Peón limpeza100.825106.000
Peón100.825106.000
Ofic. Manten.109.607115.000
Oficial104.082115.000
Ofic. brigada109.607115.000
Ofic. xardíns109.607115.000
Encarg. brigada155.000155.000
Cond. Mecan.135.000145.000
Conserxe109.607115.000
Auxil. fogar 80.000 85.000
Limp. Inter. (a Tpo. par-

cial 4 h)

34.366 40.000
Limpeza 80.000 85.000
Locutora143.332145.000
Limpeza 80.000 85.000
Administrat.143.935145.000
Administ. 1181.614185.000
Pol. local135.000145.000
Pedagoga181.614185.000
As. social165.000175.000
C. Mecan.135.000145.000

2371