Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.029

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, de corrección de erros na do 11 de novembro de 1996, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 1997 correspondentes ós concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro polo Concello de Boimorto das festas locais para o ano 1997, por proposta do Pleno da Corporación en sesión extraordinaria celebrada o 19 de febreiro de 1997, a delegación provincial desta consellería na Coruña dictou resolución rectificando a anteriormente dictada. Na súa virtude cómpre emenda-la antedita resolución desta Dirección Xeral de Relacións Laborais publicada no DOG

número 226, do 19 de novembro de 1996, facendo a pertinente corrección, así:

Na páxina 10.398, no anexo I, calendario laboral, provincia: A Coruña, onde di: «10.-Boimorto: 15 de maio, San Isidro; 1 de setembro, Festas do Rosario», debe dicir: «10.-Boimorto: 15 de maio, San Isidro; 8 de setembro, Festas do Rosario».

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

2544