Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.029

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

DECRETO 67/1997, do 21 de marzo, polo que se modifica o réxime de prezos das garderías infantís de titularidade autonómica.

Dado o tempo transcorrido desde a publicación do Decreto 179/92, do 26 de xuño, polo que se fixan as tarifas de prezos das garderías infantís de titularidade autonómica, fai necesario a modificación parcial do réxime de prezos establecido, introducindo a posibilidade de eximir do aboamento total das tarifas correspondentes, ofertando, deste xeito, formulas de atención á infancia que coadxuven os pais -os cales deben alterna-la atención familiar cos deberes profesionais- a cumpri-las súas funcións familiares.

Na súa virtude, por proposta da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinteún de marzo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Naqueles centros nos que, unha vez publicadas as listas definitivas de admitidos, quedasen prazas vacantes, estas poderán ser cubertas por nenos que non fagan uso do servicio de comedor. Neste caso, o usuario deberá aboa-lo 60% da cota que segundo a súa renda lle corresponde.

Artigo 2º

Aqueles usuarios que, por circunstancias sobrevidas, presenten a súa solicitude fóra de prazo, poderán ingresar no centro infantil con posterioridade ó día 15 do mes, se así o precisan. Neste caso, deberán aboa-lo 50% da cota que, de acordo coa súa renda, corresponda ó dito mes.

Artigo 3º

No suposto de que varios fillos da unidade familiar asistan a unha gardería infantil, o primeiro irmán aboará o seu importe segundo tarifa correspondente, o segundo irmán aboará o 50% da dita tarifa e o

terceiro irmán o 25%, estando exentos o resto dos irmáns, se os houbese.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteún de marzo de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

2222