Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.015

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de marzo de 1997 pola que se aproban os novos estatutos da fundación La Grande Obra de Atocha e se inscriben no rexistro de fundacións deste protectorado.

Analizado o expediente de modificación dos seus estatutos, promovido pola fundación La Grande Obra de Atocha.

Resultando que esta fundación foi clasificada como beneficencia particular docente o 29 de decembro de 1923, segundo real orde do Ministerio de Instrucción Pública e Bellas Artes, econtrándose inscrita no rexistro de fundacións desta consellería co número 45.

Resultando que a fundación La Grande Obra de Atocha solicitou perante esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a modificación dos seus estatutos.

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 1/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983; así como o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado por Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e a carta fundacional da referida fundacións.

Considerando que as fundacións de interese galego poden modifica-los seus estatutos coas condicións previstas no artigo 38 do citado regulamento.

Considerando que na tramitacion do expediente se cumpriron os requisitos esixidos no artigo 10 da Lei 7/1983, e 32.3º e 38 do devandito regulamento.

Considerando que os novos estatutos cumpren as esixencias dos artigos 5, 6, e 7 da Lei 7/1983, e que son conformes coa vontade fundacional.

Esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-los novos estatutos da fundación La Grande Obra de Atocha segundo consta en escritura pública do 14 de febreiro de 1997, perante o notario da Coruña, Miguel Jurjo Otero (protocolo nº 380).

Segundo.-Practica-la inscrición desta modificación estatutaria no rexistro de fundacións deste protectorado, logo da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, data a partir da que entrarán en vigor os novos estatutos.

Terceiro.-A presente disposición pon fin á vía administrativa, consonte co establecido no artigo 109.c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

2141