Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 02 de abril de 1997 Páx. 2.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense, pola que se anuncia a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Bustelo-Casasoá (Xunqueira de Ambía-Ourense).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Bustelo-Casasoá (Xunqueira de Ambía-Ourense), declarada de utilidade pública e interese social a urxente execución da zona por Decreto 226/1990, do 22 de marzo (Diario Oficial de Galicia nº 67, do 4 de abril de 1990).

Primeiro: o 27 de febreiro de 1997, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona

de Bustelo-Casasoá (Xunqueira de Ambía-Ourense) logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo: o acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Xunqueira de Ambía durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día ó da publicación do último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro: no prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Os recorrentes poderán presenta-lo recurso na Xefatura Provincial de Estructuras e Desenvolvemento Rural (rúa Curros Enríquez, 1 - 6º, Ourense), ou nas oficinas centrais da consellería (edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), así como en calquera das dependencias a que se refire o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo. Para este efecto, deberán expresar no escrito no que se promova a reclamación, un domicilio dentro do termo municipal do que se trate e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facerse as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Ourense, 27 de febreiro de 1997.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense

2028