Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 02 de abril de 1997 Páx. 2.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador de incendios forestais IF 139/1996 devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE 13-2-1973), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor do procedemento a Fernando Rengifo Méndez-Núñez, funcionario desta delegación; podendo ser recusado en calquera momento de expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas ale

gacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 27 de febreiro de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

- Expediente: Nº IF 139/1996

Denunciado: Constantino Paz Cabarcos.

DNI: 33.738.510

Último enderezo coñecido: r/ Santos Yáñez Rebolo, nº 71 - 1º, Lugo.

Feitos imputados: queimar herba nun prado, sen perigo de propagación do lume, carecendo da preceptiva autorización de queima.

Precepto sancionador: artigo 137.b) do Regulamento de incendios.

Cualificación: grave.

Sanción: 10.000 ptas.

º2027