Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 02 de abril de 1997 Páx. 2.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 12 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do expediente sancionador 15-30/96 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-30/1996 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso ordinario ante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes a partir desta notificación.

Se non fose recorrida no dito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles en calquera entidade financeira, na conta nº 3110000179 da Caixa Galicia (2091), urbana 10 (0011) da Coruña.

Expediente: 15-30/96.

Inculpado: Seguridad 12 S.L.

Domicilio: urbanización Soto-Avda. dos Caídos, 185 baixo (A Coruña).

Sanción e motivos: cen mil (100.000) pesetas. Deficiente prestación dun servicio.

Data da resolución: 4 de novembro de 1996.

A Coruña, 12 de febreiro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo

2026