Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 02 de abril de 1997 Páx. 2.932

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de Inespal Metal, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo de Inespal Metal, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-12-1996, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa, o día 13-12-1996 de conformidade co disposto no artigo 90.2º y 3º, da Lei 8/1980, de 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro de depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, exis

tente nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de xaneiro de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Inespal Metal, S.A.

Convenio colectivo ano 1996/1998

Fábrica da Coruña

Mantéñense os artigos en vigor o 31-12-1995, salvo as modificacións seguintes:

A. Disposicións xerais.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Anúlase o primeiro parágrafo, que se substitúe polo seguinte:

«Estenderase ó período comprendido entre o 1 de xaneiro de 1996 e o 31 de decembro de 1998».

Artigo 4º.-Valoración de postos.

Anúlase o primeiro parágrafo, que será substituído polo seguinte:

«Apróbase a valoración e xerarquización de postos de traballo incluídos no ámbito do convenio colectivo e que se recolle no anexo».

Anúlase, así mesmo, o parágrafo terceiro, que queda así:

«Manual de valoración utilizado que comporta, entre outras características, a de incluí-la excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade dos traballos, así como o plus de xefe de equipo».

Artigo 6º.-Xornada.

Anúlase o texto anterior, que se substitúe polo seguinte:

«A xornada en cómputo anual será de 1.728 horas de traballo efectivo».

Artigo 8º.-Horarios.

Anúlase o texto anterior, que é substituído polo seguinte:

«Os horarios de traballo especificaranse no correspondente calendario laboral.

Os horarios sinalan o momento de iniciación e finalización das tarefas no propio posto de traballo. O persoal cumprirá escrupulosamente os horarios establecidos.

As conservacións organizarán os reténs necesarios tanto na xornada continuada de verán como durante os fins de semana e nas ausencias do persoal de xornada partida superiores a dous días.

Ó persoal que integre estes reténs compensaráselle cada hora de traballo que tivese que realizar en fábrica por emerxencias; o interesado poderá elixir entre o importe equivalente en horas extra ou un descanso semellante que se desfrutará de acordo co servicio.

Todo traballador dado de alta por enfermidade ou accidente deberá presenta-lo correspondente parte de alta na Xefatura de Persoal, na véspera da súa incorporación ó traballo, ou avisar por calquera medio. Se, polo horario de consulta médica, non tivese que facer este trámite, comunicaralle ó mando máis inmediato do seu servicio que está en posesión da alta para concretar data e quenda de incorporación ó traballo. O traballador de xornada normal que supla un enfermo en quenda de noite poderá ser mantido en suplencia ata chegar a un festivo ou tomar un descanso que lle corresponda.

A substitución en calquera posto de traballo esixirá que a persoa que substitúe se adapte ó calendario laboral correspondente ó posto substituído, comparándose o número de descansos desfrutados durante a substitución cos que lle corresponderían no seu posto habitual. A diferencia compensarase precisamente en descansos á escolla do traballador, pero sempre de acordo coas necesidades do seu servicio.

O persoal pode ser requirido, en caso de necesidade, para efectuar traballos de noite ou en día festivo, coas limitacións que establece a lei.

Os mandos directos poderán autorizar, no suposto de traballo por quendas, o relevo no propio posto cunha marxe de diferencia sobre o horario teórico non superior a 30 minutos, condicionado ó acordo dos traballadores afectados e a que non se xeren variacións de salario entre eles por esta causa.

Ámbalas partes pactan como aspecto esencial, que non quedará suxeito á vixencia deste convenio, que, cando se produzan reduccións do cómputo anual da xornada, a dita reducción aplicaráselle ó persoal de xornada fraccionada do xeito seguinte:

-En primeiro lugar, a reducir ata 8 horas o horario de presencia nos meses de xornada fraccionada.

-En segundo lugar, e unha vez alcanzado o obxectivo anterior, a dispor de días de descanso ata un máximo de cinco ó ano.

-En terceiro lugar, e aínda se se producisen sobrantes, volveríase a reduci-lo horario diario de presencia na xornada fraccionada.

Artigo 1º.-Mobilidade funcional.

Inclúese o texto seguinte:

Ámbalas partes a conciben como un recurso organizativo da direción para situa-los recursos humanos dispoñibles, transitoria ou indefinidamente, nos servicios, zonas ou postos onde as necesidades do traballo, a súa correcta ordenación ou a mellor adaptación do traballador o requiran.

1. Enténdese como mobilidade funcional, dentro do mesmo centro de traballo:

-Cambio de nivel de clasificación dentro do mesmo grupo funcional.

-Cambio de grupo funcional dentro do seu nivel de clasificación.

2. Cambio de nivel de clasificación dentro do mesmo grupo funcional.

A dirección da empresa, a teor das necesidades organizativas, técnicas ou productivas, poderá destina-los traballadores a funcións que impliquen cambio de nivel, dentro do mesmo grupo funcional, tanto de forma temporal como con carácter indefinido.

2.1. Por razóns organizativas, técnicas ou productivas de carácter temporal, entendéndose por tales as non superiores a 6 meses -excepto nos casos de substitución por I.T., servicio militar e excedencia- os traballadores poderán ser destinados á realización de tarefas de diferente nivel dentro do seu grupo funcional. Se o cambio implica retribucións superiores, percibirán as do posto de destino. En todo caso, garantirase a percepción das retribucións do nivel de orixe.

O dito traslado notificaráselle simultaneamente ó interesado e ós representantes dos traballadores.

A notificación ós representantes dos traballadores incluirá:

-Causas que motivan o cambio.

-Nome dos traballadores afectados e destino.

-Duración estimada dos traslados.

O traballador consolidará o seu encadramento no nivel superior se realizase as ditas funcións durante máis de 6 meses en 1 ano ou 9 meses en 2 anos, excepto nos supostos de substitución por I.T., servicio militar e excedencia.

Os días de vacacións e os de permiso retribuído -non computables para efectos de consolidación- non interromperán a condición de continuidade entre os inmediatos anteriores e inmediatos posteriores a eles.

O desempeño de media xornada ou máis débese computar, para estes efectos, como día completo e debe, pola súa vez, retribuírse como tal, se procede.

Unha vez concluída a duración do traslado, reintegrarase o traballador ó seu nivel de orixe.

2.2. As discrepancias que puidesen xurdir entre a empresa e os traballadores na aplicación do establecido no apartado 2.1. someteranse ó procedemento de solución de conflictos establecido no Acordo Interprofesional Galego (AGA).

2.3. Por razóns organizativas, técnicas ou productivas, a dirección da empresa, logo de comunicación ós representantes dos traballadores, poderá destina-los traballadores, con carácter indefinido, á realización de tarefas de nivel superior dentro do seu grupo funcional, de acordo coas normas de ascenso e promoción que se pacten neste convenio.

2.4. Por razóns organizativas, técnicas ou productivas, a dirección da empresa, logo de acordo en cada caso cos representantes dos traballadores, poderá destina-los traballadores con carácter indefinido á realización de tarefas de nivel inferior dentro do grupo funcional. En caso de desacordo, seguirase o procedemento previsto no AGA. En todo caso, garantirase a percepción das retribucións do nivel de orixe.

3. Cambio de grupo funcional.

Ante a existencia de necesidades de cobertura de postos nun determinado grupo funcional e de excedentes noutro, a dirección da empresa, logo de negociación cos representantes dos traballadores, poderá modifica-lo grupo funcional dos traballadores, sen cambio de nivel de clasificación, sempre e cando se lles faciliten os coñecementos e habilidades necesarios para o desempeño do novo posto asignado, se houbese lugar.

Garantiranse, a nivel persoal, as retribucións que viñese percibindo o traballador, aplicándose as normas de compensación e absorción correspondentes.

Transcorrido un prazo de quince días sen acordo no seo da empresa, seguirase o procedemento previsto no AGA.

Entenderase que o acordo previsto para o efecto polo artigo 41.1 do Estatuto dos traballadores queda debidamente cumprido co presente artigo no referente á mobilidade funcional.

4. Saturación das instalacións.

1. Considérase incremento do grao de saturación das intalacións o aumento do número de horas de funcionamento, xa se obteña a través dun incremento do número de días ó ano (modificación de períodos de vacacións, etc.), xa sexa por medio do incremento do número de horas ó día (quendas de traballo, etc.).

2. Calquera proposta da dirección da empresa de incrementa-lo grao de saturación das instalacións que implique a modificación substancial das condicións de traballo deberase negociar, con carácter previo, cos representantes dos traballadores, para o cal a empresa facilitará, polo menos, a seguinte información:

-Medidas concretas que se propoñen.

-Causas en que as ditas medidas se apoian.

-Persoal afectado.

A negociación destas medidas levarase a cabo no seo da empresa afectada no prazo de 15 días. En caso de desacordo, seguirase o procedemento previsto no AGA.

3. Entenderase que o acordo previsto para o efecto polo art. 41.1 do Estatuto dos traballadores queda debidamente cumprido coa tramitación do establecido no presente apartado. A dirección da empresa cumprirá o requisito de notificación á autoridade laboral unicamente para os efectos do seu coñecemento, de conformidade co establecido no art. 2.1 do RD 696/80, do 14 de abril, e na que, ademais do alcance e causas, achegará a lista definitiva do persoal afectado.

5. Saturación individual do tempo de traballo.

Para efectos de conseguir unha adecuada saturación individual, a dirección da empresa definirá o cadro de persoal adecuado e facilitará a cualificación precisa para a correcta adecuación ós postos de traballo.

O tempo de prestación de traballo comeza e finaliza no propio posto e débese saturar na súa integridade, o que implica a saturación do tempo total a un nivel de rendemento habitual non inferior ó normal.

Co fin de consegui-la reducción de tempos improductivos e mellora-la productividade, os traballadores realizarán, a requirimento dos seus mandos, aquelas tarefas para as que estean capacitados, aínda que non sexan propias da súa especialidade.

Artigo 16º.-Contía retributiva.

Inclúese o texto seguinte:

Ano 1996: 3% sobre tódolos conceptos retributivos. Devengarase o 31 de decembro de 1996.

Non obstante, se algún traballador causase baixa por xubilación, invalidez ou falecemento, entenderase que o devengo se produciría o día inmediato anterior ó feito causante.

Para 1997 as táboas salariais incrementadas no 3% incrementaranse, pola súa vez, na mesma porcentaxe na que o faga o IPC real do ano 1997 (índice do 31 de decembro sobre o índice do 31 de decembro do ano anterior). Provisionalmente realizarase un incremento do 2,2%, efectuándose a adecuación ó IPC real tan pronto como se constate oficialmente o dito índice.

Para 1998, as táboas salariais incrementaranse na mesma porcentaxe na que o faga o IPC do ano 1998, salvo a prima de producción; o valor 100 desta en táboas incrementarase, ademais, un 5%. Provisionalmente realizarase un incremento do 90% do IPC previsto polo Goberno, efectuándose a adecuación ó IPC real tan pronto como se constate oficialmente o dito índice.

Artigo 17º.-Seguridade Social complementaria.

Anúlase o texto anterior, que se substitúe polo seguinte:

«As prestacións por xubilación, invalidez, viuvez e orfandade serán as vixentes en cada momento no plan de pensións promovido por Inespal Metal, S.A. ás que terán acceso os traballadores nas condicións establecidas no seu regulamento.

B. Disposicións específicas.

Artigo 4º.-Concorrencia con outras normas.

Anúlase o texto anterior, que é subsituído polo seguinte:

«Este convenio queda complementado polas notas de servicio desta fábrica e prevalecerá sobre elas en caso de desconformidade en calquera das súas partes».

Artigo 8º.-Determinación de vacantes.

Inclúese neste artigo o texto seguinte:

«A determinación e establecemento dos cadros de persoal que proporcionen o mellor índice de productividade laboral da empresa levarao a cabo a dirección, quen as poderá, así mesmo, modificar, sempre que non implique o cesamento do persoal en activo senón, simplemente, amortización de vacante.

Toda reducción de cadros de persoal que supoña cesamento deste regularase polo determinado nas disposicións legais en vigor».

Artigo 9º.-Excedencias.

Inclúese o texto seguinte:

«O traballador en excedencia voluntaria conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa.

Este dereito só se activa cando existe unha necesidade de contratación para ocupar un posto de carácter fixo».

Artigo 13º.-Clasificación profesional.

Inclúese neste artigo o texto seguinte:

1. O persoal que preste os seus servicios na empesa será clasificado tendo en conta os seus coñecementos, experiencia, grao de autonomía, responsabilidade e iniciativa.

Esta clasificación e as súas normas complementarias teñen por obxecto alcanzar unha estructura profesional acorde coas necesidades da empresa que facilite a mellor integración de todo o colectivo nas tarefas productivas e mellore a súa adecuación en todo momento a un posto de traballo mediante a oportuna formación.

2. Clasificación organizativa.

Todo traballador integrado nesta nova estructura terá como consecuencia disto un determinado grupo funcional e un nivel de cualificación. A conxunción de ámbolos datos fixará consecuentemente a clasificación organizativa de cada traballador.

É contido primario da relación contractual laboral o desempeño das funcións que supón a súa clasificación organizativa; deberase, en consecuencia, ocupar calquera posto desta, recibindo previamente por parte da empresa a formación adecuada ó novo posto cando esta sexa necesaria.

3. Grupos funcionais.

Tódolos traballadores estarán incluídos nun dos grupos de técnicos, empregados e operarios.

3.1. Técnicos.

É o persoal con alto grao de cualificación, experiencia e aptitudes equivalentes ás que se poidan adquirir con titulacións superiores e medias e que realiza tarefas de alta cualificación e complexidade.

3.2. Empregados.

É o persoal que, polos seus coñecementos e experiencia, pode realizar tarefas administrativas, comerciais, de organización, de informática, de laboratorio e, en xeral, as específicas de postos de oficina, informatizadas ou non, que permiten informar da xestión, da actividade económica, coordinar labores productivos ou realizar tarefas auxiliares que supoñen atención ás persoas.

3.3. Obreiros.

É o persoal que, polos seus coñecementos e experiencia, executa operacións relacionadas coa producción, ben directamente, actuando no proceso productivo, ben indirectamente, en labores de mantemento, transporte ou outras operacións auxiliares, sen prexuízo de poderen realizar, pola súa vez, funcións de supervisión ou coordinación.

4. Niveis de clasificación. Todo traballador será clasificado tendo en conta o seu nivel de coñecementos, tanto pola formación básica adquirida como pola experiencia acumulada, así como a autonomía no desenvolvemento do seu traballo, e todo isto tendo en conta a estructura organizativa de cada empresa.

4.1. Nivel I.

Son traballadores que teñen a responsabilidade directa na xestión dunha ou varias áreas funcionais da empresa ou realizan tarefas técnicas da máis alta complexidade e cualificación. Toman decisións ou participan na súa elaboración, así como na definición de obxectivos concretos. Desempeñan as súas funcións cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade.

Con titulación universitaria de grao superior ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa e con experiencia consolidada no exercicio do seu sector profesional.

4.2. Nivel II.

Son traballadores que, con alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade, realizan tarefas técnicas complexas homoxéneas ou heteroxéneas, ou que teñen un alto contido intelectual ou de interrelación humana.

Tamén aqueles responsables directos da integración, coordinación e supervisión de funcións, realizadas por un conxunto de colaboradores nunha mesma unidade funcional.

Con titulación universitaria de grao medio ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, completada cunha experiencia dilatada no seu sector profesional.

4.3. Nivel III.

Son aqueles traballadores que, con ou sen responsabilidade de mando, teñen un contido medio de actividade intelectual ou de interrelación humana, cun nivel de complexidade técnica media e autonomía dentro do proceso establecido. Igualmente aqueles que requiren para o seu traballo amplos coñecementos e destrezas dentro das diferentes especialidades ou un excepcional dominio dunha delas, sendo necesario alcanza-lo máximo nivel profesional.

Con formación profesional de segundo grao ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, complementada cunha experiencia contrastada no posto de traballo.

4.4. Nivel IV.

Son aqueles traballadores que, aínda que realicen tarefas con instruccións precisas, necesitan coñecementos profesionais, aptitudes prácticas ou esixen razoamento, e que implican, en todo caso, responsabilidade na execución, aínda que baixo algún tipo de supervisión.

Con formación profesional de primeiro grao ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, con experiencia prolongada no posto de traballo, ou cualificación específica con ampla experiencia e formación.

4.5. Nivel V.

Son traballadores que realizan tarefas segundo instruccións concretas, con alto grao de dependencia ou supervisión, que requiren coñecementos profe

sionais de carácter elemental ou un curto período de adaptación. Igualmente, aquelas que signifiquen a mera aportación de esforzo físico.

Con formación a nivel de graduado escolar, certificado de escolaridade ou equivalente.

5. No anexo II recóllese a correspondencia entre os postos de traballo e os grupos funcionais e niveis de clasificación no centro da Coruña.

Artigo 14º.-Vacacións.

Anúlase o texto anterior, ó que substitúe o seguinte:

1. Duración.

As vacacións anuais serán de 30 días naturais consecutivos (equivalentes durante a vixencia deste convenio a 22 días laborables do calendario de traballo de cada posto, excepto no caso dos practicantes de garda), salvo autorización expresa da dirección, desfrutados ó longo dos doce meses do ano para a adaptación de grupos de persoas a ausencia das cales sexa incompatible.

2. Obrigatoriedade do desfrute.

As vacacións deberán iniciarse obrigatoriamente dentro do ano natural, e non poden ser compensadas en metálico nin acumuladas para anos sucesivos.

3. Organización.

Na elección da quenda de vacacións seguirase un sistema rotativo. O comité estudiará, segundo a peculiaridade de cada servicio, os períodos de desfrute dentro de cada un deles e as normas de programación, de forma que, sen mingua do respecto ás necesidades do traballo, se lles dea o máximo de satisfacción ós traballadores.

4. Calendario.

4.1. Fixarase en cada servicio antes do día 1 de marzo un programa de vacacións por grupos de función ou especialidade análoga no traballo, no que se encaixarán tódolos traballadores coa amplitude suficiente para quedaren cubertas as necesidades do servicio.

4.2. O persoal indicará antes do día 15 de marzo as datas en que desexa as súas vacacións para que o servicio poida establecer con tempo suficiente as quendas de preferencia. Non deberán quedar vacacións pendentes para desfrutar no ano seguinte.

4.3. Unha vez establecidas polo servicio respectivo as quendas de vacacións, remitirase o cadro correspondente a persoal e exporase unha copia durante 15 días no taboleiro de anuncios do servicio para coñecemento dos interesados e para estes solicitaren no dito prazo o cambio de datas, se o consideran oportuno, alegando por escrito as razóns que crean convenientes. A dirección resolverá no prazo dos 15 días seguintes á recepción da reclamación.

5. Cómputo.

Durante a vixencia deste convenio contabilizanrase como vacacións 22 días laborables do calendario de traballo de cada posto, excepto no caso dos practicantes de garda, que se contabilizarán 30 días naturais consecutivos.

6. Fraccionamentos.

É necesaria a autorización da dirección para o fraccionamento das vacacións.

7. Premios en función da época de desfrute.

7.1. Quen desfrute vacacións fóra dos meses de xuño, xullo, agosto e setembro terá dereito a cinco días de haber, incluídas primas e gratificacións. Perderase todo o dereito aínda que só se desfrute un día de vacacións nos ditos meses.

7.2. Para os que non teñan dereito a vacacións completas, o importe será a metade do premio correspondente.

7.3. Non se poderá optar por desfruta-los días de premio como vacacións en lugar do seu cobramento en metálico.

8. Vacacións e enfermidade.

8.1. No caso de que unha persoa non poida toma-las súas vacacións dentro do ano por estar en situación de incapacidade temporal, desfrutará ó ano seguinte a parte proporcional correspondente ós días efectivamente traballados no ano anterior (días de alta).

8.2. Como norma xeral, e salvo recomendación do médico de empresa, non se poderá empata-lo período de vacacións como unha ausencia por IT superior a 15 días, con excepción do previsto en 8.3.

8.3. O período de vacacións interromperase soamente en caso de incapacidade temporal, sempre que se avise a persoal dentro das 48 horas seguintes a causar baixa; os días pendentes poderanse desfrutar fóra do período vacacional de mutuo acordo entre traballador e servicio.

8.4. No caso de que unha persoa en situación de IT obteña a alta dentro do período previsto para as súas vacacións, desfrutará vacacións os días que lle quedan dentro do referido perídodo e o resto quedará para o desfrutar fóra do período vacacional de mutuo acordo entre traballador e servicio.

Artigo 18º.-Faltas e sancións.

Anúlase o texto anterior, ó que substitúe o seguinte:

«Enténdese por falta toda acción e omisión que supoña un quebranto dos dereitos de calquera índole, impostos polas disposicións legais vixentes. Clasificaranse atendendo á súa importancia, transcendencia ou malicia en leves, graves ou moi graves. Para esta clasificación e a súa cualificación conseguinte, así como para a súa prescrición, anotación e cancelación, seguirase o indicado no anexo III.

Artigo 18 bis.-Conflictos de traballo.

«Os conflictos colectivos que durante a vixencia do presente convenio se puidesen suscitar no seo deste centro de traballo serán sometidos obrigatoriamente ós órganos e procedementos previstos no acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudicias de solución de conflictos (AGA)».

Artigo 33º.-Axuda de estudios.

Anúlase o primeiro parágrafo, ó que substitúe o seguinte:

«A) Por fillos. Os traballadores que estean en activo e que teñan fillos que estean a cursar estudios oficiais do sistema educativo español poderán percibir unha axuda anual polo dito concepto para cada fillo que cumpra coas condicións que se pactan. Tamén o poderán solicitar os orfos de traballadores do cadro de persoal».

Artigo 34º.-Axuda de gastos médicos.

Anúlase o primeiro parágrafo, que é substituído polo seguinte:

«A empresa aboará o 50% dos gastos que se produzan (de traballadores, cónxuxe e fillos ata os 23 anos), polos conceptos que a seguir se indican, logo de xustificalos, e conforme o baremo seguinte:».

Artigo 35º.-Estadías de verán.

Anúlase o texto correspondente a este artigo, que é subsituído polo seguinte:

«En substitución da colonia infantil de Tamarit créanse as estadías de verán para tódolos fillos dos traballadores do centro da Coruña afectados por este convenio en colonias, albergues etc., que se outorgarán segundo as normas recollidas no preacordo coas centrais sindicais do 19-6-1996, ratificado polo comité de empresa con data do 27-6-1996».

Artigo 37º.-Préstamos.

Anúlase o derradeiro parágrafo deste artigo e substitúese polo seguinte:

«O límite dos préstamos para esta fábrica será o resultado de multiplicar 50.000 ptas. polo número de persoas no cadro de persoal o un de xaneiro de cada ano».

Sen número. Invalidez provisional.

Anúlase este artigo pactado no convenio de 1991/1992.

Sen número. Horarios.

Anúlase a distribución de xornada anterior. Ratíficase a establecida en nota de servicio para 1996 e fíxase para 1997 o calendario laboral e horarios seguintes:

Calendario laboral 1997.

1. Cómputo anual de 1.728 horas de traballo efectivo.

2. Festivos:

-Xaneiro: 1 (me) e 6 (lu).

-Febreiro: 11 (ma).

-Marzo: 27 (xo) e 18 (ve).

-Maio: 1 (xo) e 17 (sa).

-Xullo: 25 (ve).

-Agosto: 15 (ve).

-Outubro: 7 (ma).

-Novembro: 1 (sa).

-Decembro: 6 (sa), 8 (lu) e 25 (xo).

3. Persoal de quenda: o seu calendario laboral será o acordado en cada departamento/servicio. O seu horario será de 6 a 14 horas, de 14 a 22 horas, e de 22 a 6 horas.

4. Persoal de día:

4.1. Descansará tódolos sábados e os días 24 e 31 de decembro.

4.2. A xornada continuada será do 1 de xuño ó 30 de setembro, ambos incluídos.

4.3. Cada persoa descansará 4 días laborables que se programarán en cada departamento/servicio fóra da xornada de verán.

4.4. Na xornada partida o horario será de 8,30 a 13 e de 14 a 17,35.

4.5. Na xornada continuada o horario será de 7,45 a 14,45 horas.

ANEXOS

Anúlanse tódolos anexos do convenio anterior e, expresamente, o acordo Ini-Teneo-Sindicatos, que serán subsituídos polos seguintes:

Anexo I. Valoración de postos de traballo.

Anexo II. Clasificación profesional.

Anexo III. Faltas e sancións.

Anexo IV. Táboas salariais.

Anexo V. Regulamento do fondo de axuda.

Anexo VI. Sistema de incentivo.

ANEXO I

VALORACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

NivelPosto de traballo

1ATS garda, delineante proxectista, xefe quenda electrólise, xefe quenda fundición.

2Administración de compras materia primas, coordinaror electrónico, xefe equipo mantemento eléctrico campo, xefe equipo mantemento mecánico campo, programador ordenador senior.

3Caixeiro, delineante «B» (O. técnica), electricista «C» a quenda, xefe comedor e cociña, xefe equipo fundición, xefe equipo mantemento eléctrico taller, xefe equipo mantemento mecánico taller, xefe equipo mantemento mecánico (t. mecánico), xefe grupo anexos, xefe grupo cubas, mecánico «C» a quenda, técnico electrónica, técnico de espectrografía, técnico metalografía, técnico químico.

4Administrativo contabilidade, administrativo persoal, analista «C», analista metalografía, axudante control xestión, comprador, delineante eléctrico, electricista «C» campo, electromecánico vehículos, encargado manutención, espectrografista «C», factor expedicións, mecánico «C» campo, medidas electrólise, operador ordenador SR, programación medio ambiente, programador ordenador junior, técnico administración programación FU.

5Administrativo xestión informática almacén xeral, administrativo técnico conservación, administrativo técnico GEMA, analista «B», analista polivalente, cociñeiro, coador fundición, delineante «A», electricista «C» taller, electricista «B» campo, electricista «B» quenda, espectrografista «B», xefe equipo anexos, xefe equipo control calidade, mecánico «C» taller, mecánico «B» campo, mecánico «B» quenda, mesturador, polivalente electrólise, secretaria subdirección con idioma, secretaria con idioma, técnico control e administración fundición, torneiro.

6Administrativo almacén xeral, administrativo expedicións, administrativo fabricación, arquiveiro e reprod. planos, efluentes, electricista «B» taller, electricista «A» campo, inspector calidade, mecánico «B» taller, mecánico «A» campo, mecánico «A» quenda, medidas captación/m. ambiente, medidas-guindastre pastas, operador ordenador JR, secretaria sen idioma.

7Axudante coador, cargador pasta, cociñeiro auxiliar, chofer manutención, chofer turismo, electricista «A» taller, ferramentista taller mecánico, forneiro, mecánico «A» taller, mesturador 2ª pastas, mostras electrólise, operario xeral brascaxe, secretaria suplente, serrador manutenciador.

8Analista «A», auxiliar electrólise, axudante mentemente eléctrico campo, axudante mantemento mecánico campo, cargador expedicións, conductor manutención, espectrografista «A», telefonista recepcionista.

9Auxiliar cociña, axudante mantemento eléctrico taller, axudante mantemento mecánico taller, axudante serrador, flexador, limpeza e varios t. pasta, mozo almacén, operario carga e descarga, ordenanza interior.

10Limpeza exterior, limpeza vestiarios, recadeiro.

ANEXO II

CLASIFICACIÓN PROFESIONAL FÁBRICA DA CORUÑA

NivelEmpregadosObreiros

IIICaixeiraCoordinador electrónico
Delineante «B» (O. técnica)Electricista «C» por quendas
Delineante proxectistaXefe de equipo fundición
Xefe comedor e cociñaX. Eq. Mto. eléctrico campo
Xefe grupo anexosX. Eq. Mto. eléctrico taller
Xefe grupo cubasX. Eq. Mto. mecánico campo
Xefe quenda electróliseX. Eq. Mto. mecánico taller
Xefe quenda fundiciónMecánico «C» por quenda
Programador ordenador SNTécnico electrónica
Técnico de espectrografíaElectricista «C» campo
Técnico químicoElectricista «C» taller
Mecánico «C» campo
Mecánico «C» taller
IVAdministrativo almacén Xral.Coador fundición
Administrativo contabilidadeChofer manutención
Administrativo expediciónsEfluentes
Administrativo fabricaciónElectricista «A» campo

NivelEmpregadosObreiros

Administrativo persoalElectricista «B» campo
Administrativo xestión Inform. A. Xral.Electricista «B» quenda
Administrativo Tco. Conserv.Electricista «B» taller
Administrativo Tco. GEMAXefe equipo anexos
Analista «B»Mecánico «A» campo
Analista «C»Mecánico «B» campo
Analista metalografíaMecánico «B» taller
Analista polivalenteMecánico «A» quenda
Axudante control xestiónMecánico «B» quenda
CociñeiroMedidas electrólise
CompradorMedidas guindastre pastas
Delineante «A»Medidas M. ambiente
Delineante eléctricoMesturador 1ª pastas
Encargado manutenciónPolivalente electrólise
Espectrografista «B»Torneiro
Espectrografista «C»
Factor expedicións
Operador ordenador
Programación M. ambiente
Programador ordenador JN
Secretaria con idioma
Secretaria sen idioma
Secretaria subdirección con idioma
Tco. program. e Admón. fundición
VAnalista «A»Axudante serrador
Arquiveiro e Reprod. planosAuxiliar cociña
Cociñeiro auxiliarAuxiliar electrólise
Espectrografista «A»Axudante coador
Ordenanza interiorAxte. Mto. eléctrico campo
Telefonista recepcionistaAxte. Mto. eléctrico taller
Axte. Mto. mecánico campo
Acte. Mto. mecánico taller
Cargador expedicións
Cargador pasta
Conductor manutención
Chofer turismo
Electricista «A» taller
Flexador
Ferramentista taller mecánico
Forneiro
Inspector control calidade
Xefe equipo control calidade
Limpeza e varios T. pasta
Mecánico «A» taller
Mesturador 2ª pastas
Mozo almacén
Mostras electrólise
Operario carga e descarga
Operario xeral brascaxe
Serrador manutencionador

ANEXO III

FALTAS E SANCIÓNS

Artigo 1º

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa de acordo coa graduación de faltas e sancións que se establece nos artigos seguintes.

Artigo 2º

Toda falta cometida por un traballador clasificarase atendendo á súa importancia, transcendencia ou malicia en leve, grave ou moi grave.

Artigo 3º.-Faltas leves.

1. Dunha a tres faltas de puntualidade na asistencia ó traballo, sen a debida xustificación, cometidas durante o período dun mes.

2. Non notificar con carácter previo ou, se é o caso, dentro das vintecatro horas seguintes á falta, a razón da ausencia ó traballo, a non ser que se probe a imposibilidade de o facer de feito.

3. O abandono do traballo sen causa xustificada, que sexa por breve tempo. Se, como consecuencia disto, se lle causase prexuízo dalgunha consideración á empresa ou ós compañeiros de traballo ou fose causa de accidente, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave, segundo os casos.

4. Pequenos descoidos na conservación do material.

5. Falta de aseo ou limpeza persoal.

6. Non atende-lo público coa corrección e dilixencia debidas.

7. Non lle comunicar á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

8. Discutir cos compañeiros dentro da xornada de traballo.

9. Faltar ó traballo un día sen causa xustificada.

Artigo 4º.-Faltas graves.

Cualifícanse como faltas graves as seguintes:

1. Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo cometidas durante un período de trinta días.

2. Faltar de un a tres días ó traballo durante un período de trinta días sen causa que o xustifique. Abondará unha única falta cando se tivese que relevar un compañeiro ou cando, como consecuencia dela, se lle causase prexuízo dalgunha consideración á empresa.

3. No comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia que poidan afectar á Seguridade Social e, se é o caso, ás prestacións de protección á familia. A falsidade ou omisión maliciosa en canto á aportación destes datos considerarase como falta moi grave.

4. Entregarse a xogos de calquera tipo dentro da xornada de traballo.

5. A desobediencia ós superiores en calquera materia de traballo, incluída a resistencia e obstrucción a novos métodos de racionalización de traballo ou modernización de maquinaria que pretenda introduci-la empresa, de acordo co disposto no artigo 6º desta ordenanza, así como negarse a enche-las follas de traballo, control de asistencia, etc. Se implicase quebranto manifesto da disciplina ou dela derivase prexuízo notorio para a empresa ou compañeiros de traballo, considerarase falta moi grave.

6. Simula-la presencia doutro no traballo, asinando ou fichando por el.

7. A neglixencia ou desidia no traballo que afecte a súa boa marcha.

8. A imprudencia en acto de servicio. Se implicase risco de accidente para o propio traballador ou para os seus compañeiros ou perigo de avaría para as instalacións, poderá ser considerada como falta moi grave.

En todo caso, considerarase imprudencia en acto de servicio non usa-la roupa e aparellos de seguridade de carácter obrigatorio.

9. Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada, así como o emprego para usos propios de ferramentas da empresa.

10. A reiteración ou reincidencia en falta leve (excluída a de puntualidade), aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e mediando sanción que non sexa a de amoestación verbal.

Artigo 5º.-Faltas moi graves.

Cualifícanse como faltas moi graves as seguintes:

1. Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade cometidas nun período de seis meses ou vinte nun ano.

2. As faltas inxustificadas ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun mesmo mes.

3. A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto ós seus compañeiros como á empresa ou a calquera persoa, realizado dentro das súas depedencias ou durante acto de servicio en calquera lugar.

4. Os delictos de roubo, estafa ou malversación cometidos fóra da empresa ou calquera outra clase de delicto común que poida implicar para esta desconfianza cara ó seu autor.

5. A simulación de enfermidade ou accidente. Entenderase sempre que existe falta cando un traballador en baixa por un de tales motivos realice traballos de calquera clase por conta propia ou allea. Tamén se comprenderá neste apartado toda manipulación feita para prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

6. A continuada e habitual falta de aseo e limpeza de tal índole que produza queixas inxustificadas dos seus compañeiros de traballo.

7. A embriaguez durante o traballo.

8. Viola-lo segredo da correspondencia ou de documentos reservados da empresa.

9. Revelar a elementos estraños datos de reserva obrigatoria.

10. Dedicarse a actividades que a empresa declarase incompatibles ou que impliquen competencia con ela.

11. Os malos tratos de palabra ou obra ou falta grave de respecto e consideración para cos xefes ou os seus familiares, así como para cos compañeiros e subordinados.

12. Causar accidentes graves por neglixencia ou imprudencia inescusable.

13. Abandona-lo traballo en postos de responsabilidade.

14. A diminución non xustificada no rendemento do traballo.

15. Orixinar liortas e pendencias cos seus compañeiros de traballo.

16. As derivadas do previsto nos números 3, 5 e 8 do artigo 4.

17. A reincidecia en faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza, sempre que se cometan dentro dun trimestre e fosen sancionadas.

Artigo 6º

Non se considerará inxustificada a falta ó traballo que derive da detención do traballador se este, posteriormente, é absolto dos cargos que se lle imputasen.

Artigo 7º.-Sancións.

As sancións máximas que se poderán impor ós que incorran en faltas serán as seguintes:

a) Por faltas leves:

Amoestación verbal.

Amoestación por escrito.

b) Por faltas graves:

Traslado de posto dentro da mesma fábrica.

Suspensión de emprego e soldo de dous a vinte días.

c) Por faltas moi graves:

Suspensión de emprego e soldo de vintecatro a sesenta días.

Inhabilitación por un período non superior a cinco anos para ascender de categoría.

Traslado forzosa a outra localidade sen dereito a indemnización.

Despedimento.

Artigo 8º.-Prescrición.

A facultade da empresa para sancionar prescribirá para as faltas leves ós dez días, para as faltas graves ós vinte días e para as moi graves ós sesenta días, a partir da data en que aquela tivo coñecemento da súa comisión e, en calquera caso, ós seis meses de terse cometido.

Artigo 9º.-Graduación de faltas.

Para os efectos de graduación de faltas, non se terán en conta aquelas que se cometesen con anterioridade, de acordo cos seguintes prazos:

Faltas leves: tres meses.

Faltas graves: seis meses.

Faltas moi graves: un ano.

ANEXO IV

TÁBOAS SALARIAIS 1997

NivelSalario base

Clave 011

Valor trienio

Clave 012

Prima quenda

Clave 018

Prima domingos

festivos

Clave 019

Prima sábados

Clave 020

Prima producción

Clave 021

Prima nocturno

Clave 022

Prima Vacac.

Clave 026

Xornada fracción

Clave 048

0Anual3.151.270100.84081.576232.743150.964528.301165.044138.53275.316
1Anual2.948.12894.34180.271229.259148.475494.245161.941138.53272.125
2Anual2.778.11988.90078.312225.476145.792465.743159.325138.53258.932
3Anual2.631.16784.19776.402221.394142.996441.108156.486138.53265.742
4Anual2.504.38080.14074.539216.965140.049419.851153.436138.53261.911
5Anual2.370.03876.12772.144212.284136.947398.840150.746138.53258.723
6Anual2.283.95173.08569.839207.305133.730382.898147.796138.53256.169
7Anual2.213.35470.82757.608201.978130.320371.062144.601138.53253.615
8Anual2.162.92969.21565.453196.400126.797362.609141.167138.53251.699
9Anual2.121.14767.87663.359190.476123.121355.605137.496138.53249.147
10Anual2.083.68966.67861.334184.305119.292349.326133.588138.53247.231
Pagas días14

425

14

425

238

39

30

238

79

14

242

NivelSalario base

Clave 011

Valor trienio

Clave 012

Prima quenda

Clave 018

Prima domingos

festivos

Clave 019

Prima sábados

Clave 020

Prima producción

Clave 021

Prima nocturno

Clave 022

Prima Vacac.

Clave 026

Xornada fracción

Clave 048

0Mensual

diario

225.091

7.415

7.203

237

343

5.968

5.032

2.220

2.089

9.895

311

1Mensual

diario

210.581

6.937

6.739

222

337

5.878

4.949

2.077

2.050

9.895

298

2Mensual

diario

198.437

6.537

6.350

209

329

5.781

4.860

1.957

2.017

9.895

235

3Mensual

diario

187.941

6.191

6.014

198

321

5.677

4.767

1.853

1.981

9.895

272

4Mensual

diario

178.884

5.893

5.724

189

313

5.563

4.668

1.764

1.942

9.895

256

5Mensual

diario

169.931

5.598

5.438

179

303

5.443

4.565

1.676

1.908

9.895

243

6Mensual

diario

163.139

5.374

5.220

172

293

5.316

4.458

1.609

1.871

9.895

232

7Mensual

diario

158.097

5.208

5.059

167

284

5.179

4.344

1.559

1.830

9.895

222

8Mensual

diario

154.495

5.089

4.944

163

275

5.036

4.227

1.524

1.787

9.895

214

9Mensual

diario

151.511

4.991

4.848

160

256

4.884

4.104

1.494

1.740

9.895

203

10Mensual

diario

148.835

4.903

4.763

157

258

4.726

3.976

1.468

1.691

9.895

195

ANEXO V

REGULAMENTO DO FONDO DE AXUDA

1. Obxecto do fondo.

Dispor duns medios económicos que permitan complementa-las prestacións legais da Seguridade Social e/ou da empresa nos casos en que o traballador se encontre en situación de IT por enfermidade.

2. Beneficiarios.

2.1. Tódolos traballadores do cadro de persoal de Inespal Metal, S.A. incluídos no presente convenio colectivo.

2.2. Causarán baixa como beneficiarios os traballadores que por calquera causa deixen de traballar nesta fábrica, cesando no cadro de persoal.

2.3. Os que se encontren prestando o servicio militar ou en excedencia voluntaria superior a un mes causarán baixa temporal ata o seu reingreso.

3. Aportacións.

Este fondo nutrirase da aportación dos traballadores incluídos no convenio colectivo e da aportación da empresa na mesma cantidade cós traballadores.

4. Dereitos dos beneficiarios.

O beneficiario en situación de incapacidade temporal a causa de enfermidade poderá percibir unha cantidade equivalente á diferencia entre a súa remuneración teórica mensual, excluídas horas extras, e

o que recibise como prestacións legais da Seguridade Social e/ou da empresa no mesmo período.

Cando a prestación da Seguridade Social sexa superior ó 100% da súa remuneración teórica mensual, excluídas horas extras, o beneficiario percibirá unicamente este 100%, cedendo o exceso ó fondo común.

5. Requisitos.

Unicamente estarán amparadas por este fondo as baixas por IT a causa de enfermidade expedidas oficialmente polos médicos da Seguridade Social.

6. Tramitación.

A mera presentación na oficina de persoal do parte de baixa oficial do médico da Seguridade Social actuará como solicitude das prestacións económicas do fondo, sen que o traballador teña ningún dereito a elas ata que a comisión paritaria de control, analizado o seu caso, tome o pertinente acordo.

7. Obrigas dos beneficiarios.

7.1. Proporcionar cantos datos e informes lle sexan solicitados pola comisión de control ou polo médico de empresa.

7.2. Informa-lo médico de empresa da evolución da súa enfermidade, así como visitalo se o seu estado de saúde llo permite ou fose requirido para pasar recoñecemento.

7.3. Aboa-la aportación económica que en cada momento se pacte entre a dirección e o comité de empresa.

7.4. Acata-lo presente regulamento e os acordos validamente adoptados pola comisión paritaria de control.

7.5. Informa-la comisión paritaria de control das irregularidades que observar na autenticidade da baixa e comportamento de quen solicitase axuda.

7.6. Levar persoalmente cada semana o parte de confirmación ó médico de empresa nas horas en que o dito facultativo está presente.

8. Órgano directivo.

O órgano colexiado de administración e goberno do fondo constitúeo a comisión paritaria de control.

8.1. Composición.

A comisión paritaria de control estará integrada por tres membros do comité de empresa e tres representantes da dirección.

8.2. Reunións.

A comisión paritaria de control reunirase unha vez ó mes, en principio, o día laborable anterior ó peche mensual da nómina.

8.3. Constitución, acordos e actas.

A comisión paritaria de control considerarase validamente constituída cando concorran á reunión dous tercios dos seus membros.

Para a adopción de acordos válidos requirirase o voto favorable da metade máis un dos membros asistentes. En caso de empate repetirase a votación e, de persistir este:

-Se a falta de acordo está:

* Na concesión ou non dunha prestación: suspenderase cautelarmente esta ata obter máis datos.

* Na imposición dunha sanción: posporase cautelarmente ata obter máis información.

Dos acordos adoptados e dos asuntos tratados na reunión levantará acta un representante da dirección que fará de secretario. A acta, unha vez aprobada definitivamente a súa redacción na seguinte reunión, será asinada polos membros da comisión e farase pública se se estimar oportuno.

8.4. Facultades.

Serán facultades da comisión paritaria de control:

a) En xeral outorgar ou denegar prestacións económicas complementarias das da Seguridade Social e/ou da empresa nos casos de IT a causa de enfermidade.

b) En concreto, a comisión poderá, logo de asesoramento do médico de empresa, recomenda-la reincorporación ó traballo dun beneficiario en situación de IT por enfermidade, se estima que a súa doenza é compatible co desempeño do seu posto de traballo.

Se o interesado non aceptase a reincorporación, a comisión poderalle denega-la prestación económica por ese único feito.

c) Envia-lo traballador de baixa a un especialista, con cargo ó fondo, solicitando un diagnóstico de confirmación da súa enfermidade.

d) As súas decisións, adoptadas por maioría, terán o carácter de definitivas e ante elas non caberá recurso.

e) Poderanse impor sancións ós beneficiarios que por acción ou omisión cometan as infraccións seguintes:

a) Simular supostas enfermidades e accidentes ou alonga-lo proceso utilizando medios distintos dos prescritos polos médicos da Seguridade Social ou médico de empresa.

b) Falsea-las declaracións que se formulen ou aportar datos inexactos.

c) Estar fóra do seu domicilio antes das dez da mañá ou despois das nove da noite, a non ser por visita ó médico que poida ser comprobada, ou por autorización do médico de empresa.

d) Asistir a espectáculos, permanecer en bares e cafés ou calquera establecemento público e practicar deportes sen autorización do médico de empresa.

e) Traballar por conta propia ou allea.

f) As sancións que a comisión poderá impor serán as seguintes:

1. Apercibimento privado consistente en comunicación verbal ou escrita.

2. Apercibimento público. O grao de publicidade que procede será determinado pola comisión mesma.

3. Perda total ou parcial das prestacións económicas.

4. Devolución das cantidades percibidas indebidamente cando a súa concesión sexa motivada por falsidade ou simulación.

ANEXO VI

SISTEMA DE INCENTIVO

1. Páctase un sistema de incentivo con base en factores de apreciación obxectiva.

2. Resultados que ofrece.

Unha sistemática para obter mensualmente un índice xeral de rendemento para a fábrica.

Coñecido o dito índice xeral de rendemento mensual, pódese calcula-la porcentaxe de prima que se percibirá no mes, aplicando o previsto no convenio colectivo.

3. Etapas realizadas.

3.1. Definíronse unha serie de índices ou parámetros de apreciación obxectiva que son representativos da actividade da fábrica e dos obxectivos anuais da empresa.

3.2. Sinalouse qué importancia ou peso se lle vai conceder a cada un deses índices: non todos deben te-lo mesmo peso.

3.3. O resultado final (parámetro global) calculouse mediante a combinación dos índices elixidos co peso asignado a cada un.

3.4. A seguir transformouse o resultado final obtido nun índice xeral de rendemento.

3.5. Finalmente determinouse a porcentaxe de prima que corresponde ó índice xeral de rendemento que se conseguiu.

4. Explicitación das etapas.

4.1. Etapa primeira: selección e definición dos índices.

Definíronse 12 índices ou parámetros agrupados en catro bloques:

O cálculo de cada parámetro realizarase mensualmente, pero para evitar oscilacións pouco representativas aplicarase a media dos tres últimos meses.

Cada parámetro definiuse de tal xeito que, se os resultados medios de tres meses coincidisen cos do período establecido como referencia, o valor do parámetro sería 100.

Deste xeito, en xeral, un parámetro con valor superior a 100 significa uns resultados mellores que os de referencia e peores cando o valor é inferior a 100.

Os índices ou parámetros elixidos relaciónanse na etapa seguinte:

4.2. Etapa segunda: ponderación dos índices.

A proposta outorga maior importancia a uns índices sobre outros.

Os pesos asignados a cada parámetro son:

-Ó conxunto de parámetros relacionados coa:

Calidade: 22,5%.

* P11- Título electrólise 10%.

* P12- Recortes e rexeitamentos fundicións 12,5%.

- Ó conxunto de parámetros relacionados con:

Rendementos: 25,5%.

* P21- Retrasos expedicións fundición 10%.

* P22- Refusións do exterior 12,5%.

* P23- Productividade 5%.

-Ó conxunto de parámetros relacionados con:

Consumos: 30%.

* P31- Enerxía eléctrica electrólise 10%.

* P32- Enerxía eléctrica auxiliar 5%.

* P33- Fuel oil en pasta 5%.

* P34- Fuel oil en fundición 5%.

* P35- Pasta en electrólise.

-Ó conxunto de parámetros relacións con:

Sociolaborais: 20%.

* P41- Índice gravidade accidentes 10%.

* P42- Absentismo.

Estes pesos poderán ser modificados anualmente para adaptárense o máis posible ós obxectivos da Sociedade, logo de acordo entre a dirección e o comité de empresa.

4.3. Etapa terceira: resultado final (parámetro global).

Calculados os valores dos doce parámetros e multiplicados polos pesos asignados a cada un, o resultado final é a suma dos ditos valores ponderados.

4.4. Etapa cuarta: índice xeral de rendemento.

O resultado final ou parámetro global transfórmase en índice xeral de rendemento ó comparalo co índice de rendemento 100 do período que se toma como referencia.

4.5. Etapa quinta: porcentaxe de prima.

Coñecido o índice xeral de rendemento dun determinado mes, a porcentaxe de prima que se aplicará calcúlase de acordo co previsto no convenio colectivo:

* Rendemento 100, porcentaxe de prima 100.

* Rendemanto máximo 105, porcentaxe de prima 117.

* Rendemento mínimo esixible 75, porcentaxe de prima 49 e interpolando os valores intermedios.

As fórmulas que se aplicarán, de acordo co índice xeral de rendemento que se obteña en cada mes, serían:

a) Para rendemento superior ó 105%: prima: 117.

b) Para rendemento comprendido entre o 105% e o 100%: prima: 100+(redemento-100) x 17/5.

c) Para rendemento comprendido entre o 100% e o 75%: prima: 100-(100-redemento) x 51/25.

d) Para rendemento inferior ó 75% (mínimo esixible): prima=0.

5. Valores de referencia.

Os valores de referencia serán os obtidos na fábrica da Coruña nos tres anos inmediatamente anteriores ó ano en cuestión.

6. Excepcións.

6.1. Non aplicación do sistema de incentivos.

Non se aplicará o sistema de incentivos os meses en que, de forma non planificada, a producción media diaria de electrólise (é dicir, a mensual acreditada por fundición dividida entre o número de días do mes) sexa inferior ó 95% da normal, considerando como tal a media diaria dos 12 meses anteriores.

Neste sentido, cando estean en marcha procesos planificados de aumento ou diminución da producción de electrólise, haberá que ter en conta a situación en cada momento para calcular cal debería ser, no mes en cuestión, a producción normal.

6.2. Non inclusión dun mes no período de referencia.

Non se incluirán os datos e resultados dun determinado mes no período de referencia que serve de base para o cálculo da prima de anos seguintes cando o parámetro global, calculado estrictamente para o dito mes (é dicir, sen ter en conta os dous meses anteriores para o trimestre móbil), teña un valor inferior a 90.

Tampouco se incluirán cando no dito mes non sexa de aplicación o sistema de incentivos, de acordo co previsto no apartado 6.1.

7. Definición e fórmulas de cada parámetro.

Ver páxinas finais.

8. Operativa práctica.

Fixarase o importe 100 da prima en función dos resultados da ponderación de traballadores directos e indirectos da fábrica, aplicando a fórmula seguinte:

R (PrdxTrD)+(PrlxTrl)

R PrDxTrT

PRD = Importe prima directa de cada nivel de valoración de postos de traballo.

PRI = Importe prima indirecta de cada nivel de valoración de postos de traballo.

TRD = Número de traballadores con prima directa de cada nivel de valoración de postos (obreiros pertencentes a departamentos de producción).

TRI = Número de traballadores con prima indirecta de cada nivel de valoración de postos (empregados, subalternos e obreiros non pertencentes a departamentos de producción).

TRT = Suma total de traballadores directos e indirectos.

A porcentaxe conseguida coa aplicación da fórmula multiplicarase polos importes da prima directa de cada nivel de valoración de postos de traballo e o seu resul

tado será no sucesivo o valor 100 da prima de cada un dos ditos niveis de valoración.

A táboa de importes do dito valor 100 de prima, así determinados, publicarase anualmente no taboleiro de anuncios.

Definición e fórmulas de cálculo dos parámetros.

A. Parámetros directos.

I. Parámetros relacionados coa calidade.

P11. Título de electrólise.

Mide o título do metal por encima do 99% no período de cálculo (trimestre móbil), en relación co valor correspondente do período de referencia.

Exclúe cubas ferrosas, cun contido en ferro superior ó 1%.

Fórmula:

(TEL) per-99

P11 = x 100

(TEL) ref-99

onde:

Producción:

(TEL) per = título medio ponderado dos tres últimos meses (%).

(TEL) ref = título medio ponderado do período de referencia (%).

P12- Recortes e rexeitamentos en fundición.

Mide a producción bruta que houbese en fundición (producción comercial máis recortes e rexeitamentos) cos índices de recortes e rexeitamentos do período de referencia, en relación coa producción bruta real do período de cálculo (trimestre móbil).

Fórmula:

100x (PRODUCC.) per

R ( )

100-(REC-REXEIT) ref

P12=

R(PRO-DUCC) per+(REC-REXEIT)per

Onde:

(PRODUCC) per = producción neta comercial de cada un dos productos tipo que se fabricaron (en toneladas) nos tres últimos meses.

(REC+REXEIT) per = toneladas de recortes e rexeitamentos habidos nos tres últimos meses en cada un dos productos tipo definidos.

(REC+REXEIT) ref = índice de recortes e rexeitamentos, no período de referencia, para cada un dos productos tipo definidos (en % sobre a correspondente producción bruta).

2. Parámeros relacionados con rendementos.

P21. Atrasos en expedicións fundición.

Mide o grao de cumprimento do programa no período de cálculo (trimestre móbil) en relación co do período de referencia.

Fórmula:

(EF)per-(RE) per

x 100

(EF) per

P21 = x 100

100-(RE) ref

Onde:

(EF) per = toneladas de metal expedidas en fundición nos tres últimos meses.

(RE) = atrasos en expedicións ó longo dos tres últimos meses (en tons.)

(RE) ref = índice de atrasos en expedicións no período de referencia (en % sobre as tons. expedidas no dito período).

P22- Refusións do exterior.

Mide a porcentaxe de aportación propia ós fornos de fundición no período de referencia (100% menos as refusións do exterior), en relación co valor real no período de cálculo (trimestre móbil)

100-(REX) ref

P22=

(EHF) per-(REX) per

(EHF) per

Onde:

(EH) per = Total toneladas entradas en fornos de fundición nos tres últimos meses.

(REX) per = Toneladas de metal exterior refundidas nos tres últimos meses.

(REX) ref = Índice de refusión exterior no período de referencia (en % sobre as entradas en fornos de funición no dito período).

P23- Productividade.

Mide a producción por persoa no período de cálculo (trimestre móbil), en relación coa do período de referencia).

Fórmula:

(PNF) per

(PF) per

P23 = x 100

(PNF) ref

(PF) ref

Onde:

(PNF) per = Producción neta de fundición (producción comercial) nos tres últimos meses (en toneladas).

(PNF) ref = ídem no período de referencia.

(PNF) per = cadro de persoal medio da fábrica nos tres últimos meses (número de persoas de alta, a fin de mes, na Seguridade Social).

(PF) ref = ídem no período de referencia.

3. Parámetros relacionados con consumos.

P31- Consumo de enerxía eléctrica en electrólise.

Mide o consumo específico de enerxía eléctrica en electrólise (corrente continua) no período de referencia, en relación co consumo específico no período de cálculo (trimestre móbil), referidos os ditos con

sumos específicos á producción de electrólise acreditada por fundición.

Fórmula:

(EEE) ref

P31 = x 100

(EEE) per

(PEL) per

Onde:

(PEL) per = producción de electrólise acreditada por fundición nos tres últimos meses (en toneladas).

(EEE) per = consumo total de enerxía eléctrica, corrente continua, en electrólise nos tres últimos meses (en kWh).

(EEE) ref = consumo específico de enerxía eléctrica, corrente continua, no período de referencia (en kWh por ton. de metal líquido acreditado por fundición).

P32- Consumo de enerxía eléctrica auxiliar.

Mide o consumo específico de enerxía auxiliar, corrente alterna (enerxía eléctrica total menos a de electrólise), no período de referencia, en relación co consumo específico no período de cálculo (trimestre móbil), referidos os ditos consumos específicos á producción neta de fundición (producción comercial).

Fórmula:

(EEA) ref

P32 = ------------ x 100

(EEA) per

-----------

(PNF) per

Onde:

(PNF) per= producción neta fundición (producción comercial) nos tres últimos meses (en tons.).

(EEA) per = consumo total de enerxía eléctrica, corrente alterna, en fábrica (excluída electrólise) nos tres últimos meses (en kWh).

(EEA) ref = consumo específico de enerxía eléctrica, corrente alterna, en fábrica (excluída electrólise) no período de referencia (en kWh por ton. de producción neta fundición).

P33- Consumo de fuel oil en pasta.

Mide o consumo específico de fuel oil en pasta no período de referencia, en relación co consumo específico no período de cálculo (trimestre móbil), referidos os ditos consumos específicos á producción de pasta (ata ago/88, só P. Söderberg).

Fórmula:

(FOP) ref

P33 = ------------ x 100

(FOP) per

-----------

(PP ) per

Onde:

(PP) per = producción de pasta nos tres últimos meses (en tons.).

(FOP) per = consumo de fuel oil na fabricación de pasta nos tres últimos meses (en kg).

(FOP) ref = consumo específico de fuel oil en pasta no período de referencia (en kg por ton. de pasta producida no dito período).

P34- Consumo de fuel oil en fundición.

Mide o consumo de fuel oil que houbese no período de cálculo (trimestre móbil) cos valores do período de referencia, en relación co consumo real. Ten en conta os distintos productos tipo fabricados, así como o índice de refusións de metal exterior.

Fórmula:

Onde:

(PRODUCC) per = producción neta comercial de cada un dos productos tipo fabricados nos tres últimos meses (en tons).

(CONS. TEOR.) = consumo específico teórico de F.O. estimado para cada producto tipo, que é:

-Lingote e lingote T: 30 kg/ton.

-Fío-máquina e granalla: 70 kg/ton.

-Placas aluminio: 30 kg/ton.

-Placas aliaxe: 30 kg/ton.

-Tochos: 30 kg/ton.

(REX) per = toneladas de metal exterior refundidas nos tres últimos meses.

(EHF) per = total toneladas entradas en fornos de fundición os tres últimos meses.

(FOF) per = consumo real total de fuel oil en fundición nos tres últimos meses (en kg).

(K) ref = coeficiente multiplicativo do período de referencia, para adapta-lo consumo teórico ó real no dito período.

P35- Consumo de pasta en electrólise.

Mide o consumo específico de pasta en electrólise no período de referencia, en relación co consumo específico no período de cálculo (trimestre móbil), referidos os ditos consumos específicos á producción de electrólise acreditada por fundición.

Fórmula:

(CPE) ref

P35 = -------------- x 100

(CPE) per

-------------

(PEL) per

Onde:

(PEL) per = producción de electrólise acreditada por fundición nos tres últimos meses (en tons.)

(CPE) per = consumo de pasta en electrólise nos tres últimos meses (en kg).

(CPE) ref = consumo específico de pasta en electrólise no período de referencia (en kg de pasta por ton. de metal líquido acreditado por fundición).

4. Parámetros relacionados con temas sociolaborais.

P41- Índice de gravidade en accidentes.

Mide o índice de gravidade de accidentes en fábrica no período de cálculo (trimestre móbil), en relación co índice real no período de referencia. En ámbolos casos compárase o complemento a 10. Cando o índice de gravidade dun mes é superior a 10, considérase 10 como valor límite máximo.

-Fórmula:

10 - (IGA) per

P41 = ------------------- x 100

10 - (IGA) ref

Onde:

(IGA) per = media dos índice de gravidade dos tres últimos meses, ponderada segundo os cadros mensuais.

(IGA) ref = ídem do período de referencia.

P-42 Absentismo.

Mide o absentismo medio de fábrica no período de referencia, en relación co absentismo real no período de cálculo (trimestre móbil).

Fórmula:

(ABS) ref

P42= ----------------- x 100

(ABS) per144

Onde:

(ABS) per = media dos índices de absentismo dos tres últimos meses, ponderada segundo os cadros de persoal mensuais.

(ABS) ref = ídem do período de referencia.

B. Parámetros estándar.

A influencia de cada parámetro no resultado final (parámetro global) depende, por unha parte, do peso ou importancia que ten respecto ós demais, e xa a consideramos na etapa segunda ó efectua-la ponderación dos índices.

Pero, por outra parte, cada parámetro ten respecto a si mesmo un comportamento diferente: hai parámetros con valores que varían pouco e o seu comportamento é case idéntico; sen embargo, outros oscilan moito dunha medición a outra.

A estas variacións no comportamento de cada parámetro respecto a si mesmo chamámoslle variabilidade e é importante considerala porque pode outorgar un

peso real ou unha influencia indesexable no resultado final.

Para asegurármonos de que a variabilidade de cada parámetro é a mesma en todos, imos transforma-los parámetros directos obtidos segundo as fórmulas anteriores en parámetros estándar.

Os parámetros estándar non son máis que unha transformación do parámetro directo de forma que, sen modifica-lo valor medio do parámetro no período de referencia, a súa variabilidade sexa igual para cada un dos doce parámetros.

A fórmula que se aplicará para a dita transformación é a seguinte:

(PARAM. DIRECTO-MEDIA) x 4

PARAM. ESTAND.=--------------------------- + MEDIA

DESVIACIÓN TÍPICA

Sendo:

MEDIA = Valor medio do parámetro directo no período de referencia.

DESVIACIÓN TÍPICA = desviación media do parámetro directo no período de referencia.

C. Parámetro global.

Unha vez calculados os valores dos 12 parámetros directos, e transformados estes en parámetros estándar, obtense o valor do parámetro global do mes mediante a aplicación da seguinte fórmula:

R{(PARAM) i x pi}

PARÁMETRO GLOBAL = -----------------

100

Onde:

-(PARAM) i é o valor estándar de cada un dos 12 parámetros individuais.

-pi é o peso asignado, en tanto por cento, ó correspondente parámetro i.

D. Índice xeral de rendemento.

Posto que o convenio colectivo prevé que o rendemento 100 sexa o que corresponde ó período de referencia e que o rendemento máximo sexa o 105%, podemos defini-lo rendemento como unha transformación lineal do parámetro global de forma que se cumpran as dúas condicións seguintes:

1ª) O rendemento medio do período de referencia é igual a 100.

2ª) Practicamente a totalidade dos rendementos calculados ó longo do período de referencia deben estar por debaixo do valor 105.

Posto que, nunha distribución estatística normal, case o 100% dos valores (concretamente o 99,74%) está nun contorno, arredor da media, de máis/menos tres desviacións típicas, parece lóxico, para alcanza-la segunda condición, que a transformación do parámetro global en rendemento se realice asignando unha desviación típica no período de referencia de 5/3, co que normalmente case a totalidade dos rendementos no dito período estarán comprendidos entre os valores 95 e 105.

A fórmula que se aplicará será, por tanto:

(PARAM. GLOBAL-MEDIA PG)

ÍNDICE XERAL DE RENDEMENTO=---------------------------X±100

DESV. TÍPICA PG

Sendo: MEDIA PG = valor medio do parámetro global no período de referencia.

DESV. TÍPICA PG = desviación típica do parámetro global no período de referencia.

2221