Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta do I Congreso CIG-Servicios e os estatutos da Federación da CIG-Servicios.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta do I Congreso da CIG-Servicios, e os estatutos da Federación CIG-Servicios que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Funcional: a dita organización sindical, integrada por traballadores/as galegos/as asalariados, ou autónomos sen empregados ó seu servicio, adhírese á CIG e agrupa os sectores: comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais da construcción, de mobles, de alimentación, de bazares, grandes almacéns, droguerías, farmacias, floristerías, librerías, hostelería, axencias de viaxe, medios de comunicación, estudios fotográficos, cine, teatro, espectáculos, deportes, biblitecas, museos, salas de xogo, administración de loterías, salóns de piteado, tinturerías, lavanderías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinerías, clubs e sociedades recreativas, empregadas de fogar, seguridade privada, vixilantes de paquímetros, dobrexe e sonorización, distribución de butano e outros.

Asinan a acta do I Congreso, no qeu se acorda a constitución da federación: Luis Soto Sabio, secretario xeral, Mª del Tránsito Fernández Fernández, secretaria de actas, e Manuel Currás Meira, presidente da mesa.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

2319