Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCION do 20 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a redacción do proxecto básico e de execución da obra de rehabilitación e ampliación da actual sede da delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para sede dos xulgados de Lugo.

1.-Entidade adxudicadora.

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

a) Organismo: Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local.

b) Dependencia que tamita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo: edificio admvo. San Caetano, bloque 5, 3ª planta, 15771 Santiago de Compostela, Tfno: (981) 54 46 42, fax: (981) 54 46 96.

2.-Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia técnica, mediante concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

b) Descripción do obxecto: redacción do proxecto básico e de execución da obra de rehabilitación e ampliación da actual sede da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para sede dos xulgados de Lugo.

3.-Orzamento base de licitación.

Orzamento: 14.770.295 ptas. (IVE incluído).

Aplicación orzamentaria: 13.02.123A.622.0

4.-Prazo de execución do contrato:

Tres (3) meses contados a partir do día seguinte ó da formalización do contrato.

5.-Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: dispensada.

6.-Clasificación esixida ó contratista. (Só prersoas xurídicas).

Grupo: II.

Subgrupo: 4.

Categoría: C.

7.-Presentación de proposicións.

a) Lugar: Rexistro Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sito no edificio admvo. San Caetano, bloque 5, 3ª planta, 15771 Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará ó décimo terceiro (13) día natural, ás 14 horas, agás que o último día fora inhábil, caso no que se prorogará o prazo ó día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas proposicións en dous sobres pechados e en cada un deles figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8.-Documentación que presentarán os licitadores.

Os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

9.-Modelo de proposición.

O que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

10.-Prego de cláusulas administrativas particulares.

Tódolos interesados poderán consultalos na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Rela

cións Laborais, sita no edificio admvo. San Caetano, bloque 5, 3ª planta, 15771 Santiago de Compostela.

11.-Apertura das proposicións.

Terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación das proposicións.

12.-Solvencia económica-financeira e técnica dos licitadores.

As condicións mínimas de carácter técnico e profesional ás que deberán axustarse os licitadores veñen establecidas na folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares, apartado 5.

13.-Criterios de adxudicación do concurso.

Relaciónanse no apartado 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14.-Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

Durante tres meses desde a data de apertura das proposicións.

15.-Incumprimento do contrato.

O incumprimento total ou parcial do contrato implicará a aplicación de xuros de demora.

16.-Anuncios.

Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1997.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

1836