Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, para a subministración de 27 (como mínimo) vehículos tipo break, motor diésel, de cinco prazas, para uso das policías locais.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número do expediente: 97/13/575.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de vehículos tipo break, motor diésel, de cinco prazas, para uso das policías locais.

b) Número de unidades que se ván a entragar: vintesete (27), como mínimo.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: Santiago de Compostela.

e) Prazo de entrega: un (1) mes contado desde a data que sinale a administración contratante.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 50.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 1.000.000 de pesetas.

6. Obtención de documentos e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: (981) 54 46 42/54 45 7.

e) Telefax: (981) 54 46 96.

f) Data límite para obtención de documentos e información: 21 de abril de 1997.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 14 horas do 21 de abril de 1997.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 28 de abril de 1997.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

11. Data do envio do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 27 de febreiro de 1997.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 1997.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

2084