Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos novos estatutos da Asociación Provincial de Centros de Enseñanza no Estatal de La Coruña que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación Provincial de Centros de Enseñanza Privada de A Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados a acta de modificación e os novos estatutos da Asociación Provincial de Centros de Enseñanza no estatal de La Coruña que no sucesivo, e en virtude da dita modificación se denominará Asociación Provincial de Centros de Enseñanza Privada de A Coruña.

Asinan a acta de modificación e os novos estatutos: José Salgado Sánchez (secretario) e Marcelino Fuentes Ramos (presidente).

Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 27 de febreiro de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

2101