Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.827

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de industrias siderometalúrxicas sen convenio propio.

Visto oe xpediente de revisión salarial do convenio colectivo do sector de industrias siderometalúrxicas sen convenio propio, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 27-1-1997, subscrito en representación da parte económica por Asime, Atra, Instalectra, Foncalor e Aceme-Feca, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 25-4-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de revisión salarial de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade

Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de revisión salarial de traballo, que se atopa nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 26 de febreiro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión paritaria do Convenio do metal 1996-1997

En Vigo, sendo as 11 horas do día 23 de xaneiro de 1997, reúnese no SMAC a comisión paritaria do convenio colectivo de referencia, asistindo os membros dela Juan Rus González, Atra, Ernesto García Bernardo, Asime, e Eduardo Magdalena, Foncalor, pola parte empresarial; Manuel Domínguez e Emilio Alonso Nogueira, CIG, Guillermo Gómez e Emilio Docampo Estévez, CC.OO., e Guillermo Simón López e José A. Álvarez González, UGT. Presidente: Gonzalo Diéguez Civeira.

Os asistentes dan en primeiro lugar a súa aprobación ás táboas salariais para o presente ano 1997, que todos eles asinan como proba de conformidade, solicitando que se entreguen coa maior celeridade na delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Os asinantes están así mesmo de acordo en que se consignen as seguintes precisións:

1. O artigo 29 do convenio, onde se fala da retribución ós aprendices, recolléndose nas táboas para 1997 un salario unificado para menores de 18 anos, entre 17 e 18 anos, e de 16 a 17 anos, superando as condicións citadas no artigo 29, fican sen efecto os parágrafos 4º, 5º e 7º del.

2. En canto á póliza de seguro obrigatorio, esta mantense; non obstante acéptase por ambalas dúas partes a súa revisión na vindeira negociación do convenio.

3. Asínanse en consecuencia as táboas salariais para 1997, por aplicación do IPC previsto máis un punto -3,6-, segundo determina o convenio.

No tocante á comisión de riscos laborais e seguindo o acordado na anterior reunión dáse por constituída a dita comisión, acordando en principio que a presidencia dela sexa asumida pola representación empresarial e a secretaría pola parte sindical, quedándose en establece-los nomes concretos nunha vindeira reunión que se vai celebrar dentro da primeira quincena de febreiro.

Dou fe.

Táboa salarial 1997

CategoríaSalario 97Antig. 97

Técnicos titulados:
Enxeñeiros, licenciados196.9178.193
Perito con responsabilidade177.8017.395
Enxeñeiros técnicos industriais169.3646.866
Graduados sociais132.9525.340
Mestres industriais130.6694.611
Practicantes110.7164.409

Técnicos de taller:

Xefe de taller143.8385.975
Mestres de taller128.6595.343
Contramestre128.6595.343
Encargado117.4254.867
Capataz de especialistas100.1274.153
Capataz de peóns ordinarios 96.0013.974

Técnicos de laboratorio:
Xefe de 1ª150.2366.239
Xefe de 2ª128.6595.343
Analista de 1ª117.4254.867
Analista de 2ª100.9504.180
Auxiliar91.6343.743

Técnicos de oficina:
Delineante proxectista135.4045.905
Delineante de 1ª111.9864.646
Delineante de 2ª102.2684.242
Auxiliar 91.6343.743

Organización científica do traballo:
Xefe de 1ª143.2375.975
Xefe de 2ª133.0405.523
Técnico de organiza. de 1ª115.4364.788
Técnico de organiz. de 2ª103.0894.279
Auxiliar 91.6343.743

Administrativos:
Xefe de 1ª143.8255.975
Xefe de 2ª133.0405.523
Oficial de 1ª115.4334.788
Oficial de 2ª103.0894.279
Viaxante115.4334.788
Auxiliar 91.6343.743

Persoal subalterno:
Chofer de camión100.9134.180
Chofer de turismo 98.7344.092
Chofer de motociclo 92.1983.818
Listeiro 97.6214.045
Almaceneiro 94.3673.912
Pesador de báscula 92.1983.818
Vixilante 90.0203.728
Porteiro e ordenanza 87.8503.636

Operarios de taller:
Oficial de 1ª108.3484.502
Oficial de 2ª103.7734.227
Oficial de 3ª 99.1724.081
Especialista 96.3203.945
Peón 91.6333.743

CategoríaSalario 97Antig. 97

Menores de 18 anos:
de 17 a 18 anos 59.130
De 16 a 17 anos 59.130

Plus por trabajos especiales:

Un suposto: 56 ptas.

Dous ou máis supostos: 86 ptas.

Axudas de custo:

Axuda de custo completa: 3.700 ptas.,

Media axuda de custo: 1.500 ptas.

Plus de transporte: 521 ptas. por día efectivamente traballado.

1987