Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.828

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1997 pola que se publica o orzamento da Universidade de Santiago de Compostela para 1997.

Aprobado polo Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela o orzamento da universidade para o ano 1997.

Este rectorado, no uso das atribuicións conferidas polo artigo 63 e) dos Estatutos da Universidade, resolve publica-lo acordo do Consello Social de aprobación do orzamento da Universidade de Santiago de Compostela para o ano 1997, así como as súas bases de execución.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1997.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

Orzamento da Universidade de Santiago de Compostela para o ano 1997

En virtude do disposto no artigo 54 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e no artigo 225 dos Estatutos da Universidade, pola presente norma apróbanse os orzamentos da Universidade de Santiago de Compostela para o exercicio 1997, que acadan a contía inicial en ingresos e gastos de dezanove mil douscentos cincuenta e seis millóns de peseta.

1. Clasificación económica.

Ingresos 19.256.000.000

Capítulo III. Prezos públicos e outros ingresos3.792.250.000

Capítulo IV. Transferencias correntes13.449.000.000

Capítulo V. Ingresos patrimoniais100.000.000

Capítulo VII. Transferencias de capital1.638.750.000

Capítulo VIII. Variación de activos financeiros276.000.000

Gastos 19.256.000.000

Capítulo I. Retribucións de persoal12.735.800.000

Capítulo II. Gastos en bens correntes e servicios2.406.470.000

Capítulo III. Gastos financeiros80.000.000

Capítulo IV. Transferencias correntes492.980.000

Capítulo VI. Investimentos reais3.230.150.000

Capítulo VIII. Variación de activos financeiros62.600.000

Capítulo IX. Variación de pasivos financeiros248.000.000

2. Normas de execución do orzamento dos gastos de persoal

Artigo 1º

1. As retribucións do persoal activo ó servicio da universidade quedan suxeitas ó que, nesta materia, dispón a Lei de presupostos da Comunidade Autónoma galega. Os incrementos retributivos do persoal laboral deberán ser autorizados pola Comunidade Autónoma, segundo a Lei presupostaria.

2. Os custos do persoal laboral eventual contratado para substituí-lo persoal funcionario ou laboral de administración e servicios serán financiados con cargo ós créditos dos correspondentes cadros de persoal.

3. Cando se produzan baixas definitivas nas escalas a extinguir dos cadros de persoal de Administración e servicios funcionario ou laboral, procederase ó reaxuste dos cadros de persoal correspondente e, no próximo exercicio, dos créditos a eles asignados. O custo de persoal funcionario de Administración e servicios minórase polo importe das prazas ocupadas por persoal laboral a extinguir e increméntase na mesma contía o cadro de persoal laboral.

4. Poderase xerar crédito no capítulo I para gastos de persoal con motivo da prestación de servicios financiados con prezos. Os gastos deste persoal, incluídas as cotas sociais, non poderán supera-los ingresos.

5. Non se poderán abrir partidas orzamentarias no capítulo primeiro para gastos de persoal vinculado a proxectos ou convenios de investigación.

6. Constitúese un fondo para ampliación e mellora de 280 millóns de pesetas na partida orzamentaria 8125 3000 12200 Ampliación e mellora, dos que 200 millóns corresponden a persoal docente e 80 millóns a PAS.

7. Terán a consideración de créditos ampliables os créditos para o pagamento dos gastos de mérito docente, productividade investigadora, trienios e Seguridade Social.

8. Autorízase a incorporación dos remanentes do capítulo I polo importe das retribucións e demais gastos de persoal con dereito a percepción durante 1997 e que non fosen liquidados no exercicio.

9. Autorízase na data de peche do exercicio a efectua-las xeracións e ampliacións de crédito establecidas nos artigos anteriores.

10. Inclúense no capítulo I os créditos destinados ó financiamentos dos plans de formación do persoal de administración e servicios, así como os correspondentes ó achegamento da universidade ó plan de pensións do persoal.

Dos créditos e as súas modificacións

Artigo 2º

1. Os créditos autorizados teñen carácter vinculante e limitativo a nivel de concepto. Sen embargo, os créditos destinados a gastos de persoal terán

carácter vinculante a nivel de capítulo, agás o artigo 10 (persoal eventual) e o artigo 15 (gratificacións e productividade), investimentos reais, activos e pasivos financeiros terán carácter vinculante a nivel de artigo. Os gastos en bens correntes e servicios terán carácter vinculante a nivel de capítulo agás o concepto 212 que non poderá ser minorado, se ben mediante redistribución de créditos do capítulo II dos centros poderá ser incrementado, logo da comunicación ó Servicio de Contabilidade e Orzamentos.

2. Con carácter xeral terán carácter vinculante os créditos con financiamento específico, e, a nivel de subconcepto, as subvencións nominativas.

3. Non se poderán adquirir compromisos de gastos por contía superior ó importe dos créditos autorizados no estado de gastos e serán nulos de pleno dereito os actos administrativos e as disposicións xerais que infrinxan esta norma, sen prexuízo das responsabilidades que correspondan.

4. Os créditos asignados pola Xunta de Goberno e o Consello Social ás facultades, escola politécnica superior e escolas universitarias terán por finalidade financia-los gastos da docencia, así como tamén aqueles gastos que son necesarios para o funcionamento ordinario do centro.

5. Os créditos distribuídos ós departamentos teñen como primeiro obxectivo atende-los gastos derivados da investigación que se faga neles, e deberán financiar, ademais, outros gastos asociados ó seu funcionamento.

6. Non se poderá promover contratación de persoal ou nomeamento de bolseiros con cargo ós créditos dos departamentos.

7. As partidas orzamentarias do orzamento para 1997 preséntanse de acordo coas clasificacións económica, funcional e orgánica, sen establecer vinculacións xurídicas dentro da clasificación funcional.

8. Os créditos descentralizados correspondentes a:

-Arrendamentos.

-Reparación e conservación de maquinaria, instalacións e aparellos.

-Auga.

-Enerxía eléctrica.

-Combustible de calefacción.

Distribúense segundo os seguintes criterios, redondados a múltiplos de 1.000 por exceso:

a) Para os contratos de arrendamento e reparación e conservación o importe consignado inicialmente para 1996 incrementado no 2,6%.

b) Para os correspondentes a auga, enerxía eléctrica e combustible de calefacción o crédito consignado inicialmente en 1996 incrementado o crédito final nun 2,6%. Os créditos serán axustados en función dos novos contratos e das ampliacións dos centros e servicios e do gasto real no ano 1996. Estes axustes serán financiados pola partida de imprevistos.

9. Os responsables de asuntos económicos deberán formaliza-la retención de crédito polo importe total dos créditos asignados nos puntos a) e b) do apartado anterior no prazo de quince días a partir da aprobación do orzamento polo Consello Social. Unha copia da retención será enviada ó Servicio de Control Interno.

A partir do presente exercicio, os responsables de asuntos económicos deberán face-las retencións de crédito e sucesivos axustes dos gastos correspondentes ás nóminas de persoal investigador (investigadores, bolseiros, PAS, ...) conforme lles sexa comunicado polo CTT e o Vicerrectorado de Investigación. Desta retención deberán enviar copia ó Servicio de Contabilidade e Orzamentos.

10. Os gastos de reparación e mantemento de edificios que sexan inferiores a 200.000 pesetas deberán financiarse con cargo ó crédito descentralizado ós centros para esa finalidade.

Artigo 3º

1. A xunta de centro e o consello do departamento teñen a obriga de aproba-la distribución anual dos seus créditos así como a súa execución.

Artigo 4º

1. A modificación dos créditos orzamentarios axustarase ó disposto no artigo 55 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, no artigo 229 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e normas que o desenvolven e ás presentes bases.

2. O Consello Social delega na Xunta de Goberno a aprobación de suplementos de crédito e créditos extraordinarios cando estes correspondan a expedientes con financiamento específico achegado por outros entes públicos ou privados. O rector daralle conta ó Consello Social dos expedientes aprobados.

3. Poderán xerar crédito nos estados de gastos do orzamento da universidade, os ingresos liquidados que superen a previsión de ingresos orzada, derivados das seguintes operacións:

a) Prestacións de servicios.

b) Aportacións de persoas naturais ou xurídicas para financiar gastos que pola súa natureza estean comprendidos nos fins ou obxectivos da universidade.

4. Correspóndelle ó rector a aprobación dos expedientes de xeración de crédito.

Artigo 5º

1. Cando, existindo crédito no exercicio económico, non se realizasen tódolos trámites establecidos na regulamentación económico-financeira para o recoñecemento de obrigas, a Xunta de Goberno procederá a valida-lo expediente. O rector daralle conta destes expedientes ó Consello Social. Os expedientes

que resulten de acordos de validación de gastos imputaranse ó exercicio económico no que se aproben as ditas validacións.

2. A facturación por cargos internos, os documentos de gasto pagados con cargo á conta de anticipos para xustificar correspondentes a exercicios anteriores, así como as indemnizacións por razón do servicio pendentes ó peche do exercicio, imputaranse ó exercicio corrente sen o trámite de validación da obriga pola Xunta de Goberno ó non existir obriga con terceiros e estar só pendente de contabilización ou tratarse de gastos de persoal.

Artigo 6º

1. Son remanentes específicos os créditos non obrigados o 31 de decembro correspondentes a infraestructura, proxectos e convenios de investigación, prácticas de campo, dotación artística, fondo de solidariedade e os créditos financiados con achegamentos específicos.

2. Só poderán ser obxecto de incorporación ó exercicio seguinte os créditos do capítulo IV financiados con recursos propios que respondan a compromisos efectivamente adquiridos. Para esta incorporación deberase xunta-la relación nominal de beneficiarios.

3. A incorporación destes créditos deberá autorizala o rector, que lle dará conta á Xunta de Goberno e máis ó Consello Social dos expedientes aprobados.

4. O financiamento de créditos no estado de gastos con cargo ó remanente de libre disposición será aprobado pola Xunta de Goberno.

5. A incorporación de remanentes de crédito correspondentes a departamentos e outras operacións de capital será autorizada polo rector, logo da remisión dos plans de investimento propostos polos órganos dos centros e departamentos.

6. Os remanentes de crédito de proxectos, convenios, cursos, infraestructuras e congresos existentes o 31-12-1997 e que se correspondan con actividades finalizadas con anterioridade ó 31-12-1996 serán anulados.

Minoración do nivel de endebedamento

Artigo 7º

Autorízase o rector para a realización das operacións de reducción do nivel de endebedamento cando se acade a compensación dos importes consignados no capítulo IX correspondentes á compensación de prezos públicos por matrículas de alumnos coa condición de familia numerosa.

Da contratación administrativa

Artigo 8º

1. Serán de aplicación para o exercicio 1997 a Lei de contratos das administracións públicas e as disposicións que a desenvolvan e o Regulamento de contratación da Universidade de Santiago de Compostela aprobado pola Xunta de Goberno e o Consello Social.

2. Procederá poñer en coñecemento do Servicio de Xestión Económica todos aqueles gastos para os que, con independencia da súa contía, se considere procedente a sinatura de contrato.

3. Constitúese un fondo de dotación artística mediante redistribución dos créditos para obras do orzamento da universidade polo importe do 2% do custo de execución material dos proxectos de obras.

Disposición adicional

Artigo 9º

Autorízase o xerente da universidade a que dicte as instruccións necesarias para a adaptación e desenvolvemento das normas de execución do orzamento.

Disposición derradeira

As presentes normas entrarán en vigor o día seguinte ó da aprobación definitiva do orzamento polo Consello Social, sen prexuízo de que a súa executividade se entenda a partir do 1 de xaneiro de 1997.

2138