Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.634

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997 pola que se convoca un curso superior de urbanismo.

Conforme os fins que lle asigna a este centro a normativa que o regula (Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración

Pública, modificada pola tamen Lei 10/1989, do 10 de xullo), a EGAP, en colaboración coa Revista de Dereito Urbanístico, convoca un curso superior de urbanismo.

1. Obxectivo.-O obxectivo desta actividade é mellora-lo grao de especialización dos alumnos ós que vai dirixida esta actividade, dotándoos dunha serie de coñecementos teórico-prácticos, sobre planeamento, xestión e disciplina urbanística que contribúan a perfecciona-la súa capacitación profesional neste campo.

2. Contido.-Esquematicamente, o contido deste curso versará, entre outros, sobre estes temas:

-Panorama do sistema de planeamento e xestión en España, en xeral, e en Galicia, en particular. A Lei do solo de 1992 e o Real decreto de 1996. A Lei de medidas liberalizadoras de 1997 e a Lei do solo de Galicia de 1997.

-Problemas urbanísticos e solucións específicas en municipios carentes de planeamento xeral.

-Análise das figuras de planeamento.

-Áreas de reparto e os aproveitamentos tipo.

-Plans especiais.

-Estudios de detalle.

-Proxectos de urbanización.

-Catálogos.

-Sistemas de actuación.

-Proxectos de expropiación.

-Actuacións asistemáticas en solo urbano.

-A execución do planeamento por sociedades públicas.

-Os convenios urbanísticos.

-A xestión das dotacións públicas.

-A expropiación na lexislación do solo.

-O problema das valoracións nas expropiacións urbanísticas.

-A venda forzosa por incumprimento dos deberes urbanísticos.

-As modalidades de xestión da expropiación.

-O patrimonio municipal do solo.

-Réxime indemnizatorio por alteración do planeamento.

-Réxime urbanístico da propiedade do solo.

-Medios administrativos de reacción ante o incumprimento no dereito urbanístico.

-Licencias urbanísticas.

-Actuacións sen licencia.

-Actuacións con licencia en contra do planeamento.

-Actuacións con licencia ilegal.

-Medios de protección da disciplina urbanística.

-A infracción urbanística. Procedemento sancionador.

-A prescrición das infraccións urbanísticas.

-A obriga de conservación e rehabilitación.

-Edificacións fóra de ordenación.

3. Destinatarios.-O curso convocado ten como destinatarios ós funcionarios de carreira dos grupos A e B que estean en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou o de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico, pertencentes á Xunta de Galicia ou á Administración local galega, así como o persoal laboral dunha ou doutra Administración, dos grupos I e II, que se atopen en posesión de calquera dos títulos anteriormente citados.

Para os efectos do establecido na Resolución do 26 de outubro de 1994, do Instituto Nacional de Administración Pública, pola que, en cumprimento do disposto na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, se determinan os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local, este curso valórase con dous puntos para aqueles alumnos admitidos, comprendidos dentro do ámbito de aplicación da citada normativa.

Sempre que existan prazas dispoñibles, por non se teren cuberto as convocadas entre o persoal ó que se refire o primeiro parágrafo deste epígrafe, tamén poderán optar á obtención do certificado de aproveitamento, profesionais liberais que dispoñan do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou o de diplomado, ou ben o de arquitecto técnico ou enxeñeiro técnico.

4. Prazas.-O número de prazas é limitado.

5. Lugar, datas e duración.-O curso realizarase na Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, de Santiago de Compostela, e comezará o 5 de maio de 1997 e rematará o día 17 de novembro próximo.

A súa duración será de 140 horas, que se distribuirán a razón de 8 horas por semana, os luns e mércores, desde as 16.30 horas ás 20.30 horas.

6. Certificado de aproveitamento.-Para a superación deste curso e obte-lo aludido certificado de aproveitamento, cada alumno deberá presentar un traballo sobre unha materia, que deberá ser aprobada previamente polo director desta actividade, e que terá relación coa temática da actividade convocada.

A extensión mínima do traballo será de 20 folios, excluídas citas e bibliografía, cun número de liñas por folio non inferior a 27, a dobre espacio.

O prazo de entrega do traballo fixarase durante a realización do curso e comunicaráselle ós alumnos con tempo.

A aprobación do repetido curso queda tamén supeditada a que os alumnos acudan con regularidade a el e non teñan unha inasistencia igual ou superior a 18 horas, equivalentes ó 15% das horas programadas. De superaren este límite, sexa cal sexa a causa, quedarán eliminados do curso con perda de tódolos dereitos.

7. Dereitos de inscrición e forma de pagamento.-Os dereitos de inscrición fíxanse nas seguintes contías, segundo estes casos:

1.Cento noventa mil pesetas (190.000 ptas), para todos aqueles solicitantes que pertenzan ás administracións autonómica e local galegas e que no desempeño do seu traballo habitual realicen tarefas que estean vinculadas co urbanismo. Esta circunstancia acreditarase mediante certificación expedida polos secretarios xerais, respectivamente, da consellería, delegación, concello municipal ou da deputación.

O importe anterior poderán facelo efectivo os interesados dunha soa vez, ou en catro prazos, de 47.500 pesetas cada un, de acordo coa seguinte modalidade:

-O primeiro prazo deberá ingresarse no momento de formalizarse a inscrición.

-O segundo farase efectivo antes do un de xuño de 1997.

-O terceiro aboarase antes do día un de xullo de 1997.

-O cuarto satisfarase antes do día quince de setembro de 1997.

2.Duascentas oitenta e cinco mil pesetas (285.000 ptas), para o resto dos solicitantes integrados nas administracións autonómica ou local galegas, que non reúnan o requisito precedente.

A contía consignada poderá facerse efectiva dunha soa vez, ou en catro prazos, de 71.250 pesetas cada un, de acordo coa seguinte modalidade:

-O primeiro prazo deberá ingresarse no momento de formalizarse a inscrición.

-O segundo farase efectivo antes do un de xuño de 1997.

-O terceiro aboarase antes do día un de xullo de 1997.

-O cuarto satisfarase antes do día quince de setembro de 1997.

3.Trescentas oitenta mil pesetas (380.000 ptas), para os demais peticionarios que non teñan a condición de persoal ó servicio de ningunha das administracións públicas anteriormente citadas.

O devandito importe poderá ingresarse dunha soa vez, ou en catro prazos, de 95.000 pesetas cada un, de acordo coa forma que se determina a continuación:

-O primeiro prazo deberá ingresarse no momento de formalizarse a inscrición.

-O segundo farase efectivo antes do un de xuño de 1997.

-O terceiro aboarase antes do día un de xullo de 1997.

-O cuarto satisfarase antes do día quince de setembro de 1997.

Os dereitos de inscrición anteriormente sinalados poderán facerse efectivos mediante cheque nominativo ou transferencia á conta corrente da EGAP da Caixa de Galicia na oficina de organismos de Santiago de Compostela, conta restrinxida nº 2091-03883110000520.

A EGAP reintegraralles sen demora ós interesados que non resulten seleccionados, as cantidades satisfeitas por estes no momento de formaliza-la solicitude.

A expedición do certificado de aproveitamento queda supeditado, ademais dos requisitos de orde académica, ó pagamento completo dos dereitos de inscrición.

8. Prazo de inscrición e documentos.-Para a participación neste curso, ábrese un prazo de inscrición, que rematará o 24 de abril de 1997, para que as persoas que figuran como destinatarios deste curso poidan formalizala, segundo o modelo que figura no

final desta resolución, achegando co boletín de inscrición os seguintes documentos:

a)Se o peticionario é funcionario:

-Certificado de atoparse en situación de servicio activo ou de servicios especiais na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou da Administración local galega.

Este certificado deberá expedilo, segundo os casos, o secretario xeral da respectiva consellería, delegación, concello municipal ou da deputación.

-Se o solicitante, no seu traballo habitual, realiza tarefas que estean viculadas co urbanismo, certificado estendido polas persoas sinaladas no parágrafo que antecede, no que se signifique expresamente este extremo.

-Certificado no que se indique explicitamente que o interesado é funcionario de carreira do grupo A ou B. Este documento deberá ser estendido polos mesmos funcionarios citados nos parágrafos anteriores.

-Orixinal ou copia debidamente cotexada de estar en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico.

-Expediente académico detallado, coas cualificacións obtidas en cada materia, ou currículum vitae.

-Cheque nominativo ou xustificante de transferencia pola totalidade do importe dos dereitos de inscrición, ou ben polo primeiro prazo.

-Dúas fotos tamaño carné.

b)Se o peticionario é persoal laboral:

-Certificado de pertencer á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou á da Administración local galega.

-Certificado no que se faga constar expresamente que o interesado pertence ó grupo I ou II.

Os dous anteriores documentos deberán ser estendidos, segundo os casos, polo secretario xeral da respectiva consellería, delegación, concello municipal ou da deputación.

-Orixinal ou copia debidamente cotexada de estar en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico.

-Expediente académico detallado, coas cualificacións obtidas en cada materia, ou currículum vitae.

-Cheque nominativo ou xustificante de transferencia pola totalidade do importe dos dereitos de inscrición, ou ben polo primeiro prazo.

-Dúas fotos tamaño carné.

c)Para os restantes peticionarios:

-Orixinal ou copia debidamente cotexada de estar en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico.

-Expediente académico detallado, coas cualificacións obtidas en cada materia, ou currículum vitae.

-Cheque nominativo ou xustificante de transferencia pola totalidade do importe dos dereitos de inscrición, ou ben polo primeiro prazo.

-Dúas fotos tamaño carné.

9. Criterios selectivos.-Se os solicitantes son funcionarios ou persoal laboral, os criterios selectivos para a admisión neste curso serán, por esta orde, os seguintes:

1º.Que exista unha relación directa entre as tarefas que realiza o interesado no desempeño do seu posto de traballo e a materia obxecto deste curso.

2º.Ter realizado, durante os últimos cinco anos, un menor número de cursos relacionados con contidos temáticos similares ó que agora se convoca.

3º.A antigüidade, e como tal entenderase a data de ingreso do interesado na Administración pública.

De quedaren prazas libres, despois de feita a selección entre o persoal funcionario ou laboral de calquera das administracións públicas galegas indicadas anteriormente, o criterio selectivo dos restantes peticionarios, nos que non concorra a mencionada condición, será como se expresa a continuación:

-Gozarán de preferencia aqueles solicitantes que documentalmente acrediten que a súa actividade pro

fesional mantén relación co urbanismo e poidan demostrar, a través do seu currículum, unha constatada experiencia neste campo (por exemplo, publicacións, cursos de especialización, traballos de investigación, etc. vinculados coa materia expresada).

Toda a documentación que acheguen os solicitantes, que non sexa orixinal, terá que vir debidamente cotexada.

En calquera caso, esta convocatoria rexerase polos criterios de participación nas actividades docentes da Escola Galega de Administración Pública, publicados no DOG nº 149, do 3 de agosto de 1994.

10. Modificacións.-A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento deste curso, así como de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificasen a súa realización.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

2063