Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.630

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo (cidade deportiva).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo (cidade deportiva), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-2-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en dada 20-11-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicios de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de febreiro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo da empresa Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo e os seus traballadores da cidade deportiva para os anos 1996, 1997, 1998 e 1999.

I. Condicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio rexerá para a empresa Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo e os seus traballadores, da cidade deportiva, no concello de Mos, regulando as relacións entre ámbalas partes. En todo o non disposto neste convenio, observarase o previsto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Vixencia e efectos económicos.

Con independencia da data de publicación do presente convenio no BOP, os seus efectos económicos contaranse a partir do 1º de xaneiro de 1996 e a

súa duración será de catro anos, ata o 31 de decembro de 1999.

O presente convenio poderá ser denunciado por calquera das partes asinantes, ante a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, dentro dun prazo non inferior a un mes do seu vencemento.

Artigo 3º.-Revisión salarial.

Para o ano 1996 acórdase que, se o IPC establecido polo Instituto Nacional de Estatística chega a superar a día 31 de decembro do dito ano o 3,5%, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre o índice antes mencionado, sobre tódolos conceptos retributivos.

Esta revisión aplicarase con efectos do primeiro de xaneiro de 1996, e aborase a partir do momento no que se constate oficialmente.

Para o ano 1997, acórdase que, se o IPC real establecido polo INE chega a superar, a 31 de decembro de 1997, o IPC previsto de 2,6% do dito ano, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre o índice antes mencionado, sobre tódolos conceptos retributivos.

Esta revisión aplicarase con efectos do primeiro de xaneiro de 1997, e aboarase no momento no que se constate oficialmente.

Para o ano 1998 acórdase que, se o IPC real establecido polo INE chega a superar a 31 de decembro de 1998 o IPC previsto do dito ano, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre o índice antes mencionado, sobre tódolos conceptos retributivos.

Esta revisión aplicarase con efectos do primeiro de xaneiro de 1998 e aboarase a partir do momento no que se constate oficialmente.

Para o ano 1999 acórdase que, se o IPC real establecido polo INE chega a superar a 31 de decembro de 1999 o IPC previsto do dito ano, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre o índice antes mencionado, sobre tódolos conceptos retributivos.

Esta revisión aplicarase con efectos do primeiro de xaneiro de 1999 e aboarase a partir do momento no que se constate oficialmente.

II. Condicións económicas

Artigo 4º.-Salarios.

Na táboa salarial anexa especifícanse os salarios base correspondentes a cada categoría profesional, aumentados nun 3,5% (IPC previsto para o ano 1996) sobre os vixentes no anterior convenio e que os traballadores percibirán durante o ano 1996 sobre tódolos conceptos retributivos exceptuando o plus de transporte.

Para o ano 1997 especifícanse os salarios base correspondentes a cada categoría profesional, aumentados nun 2,6% (IPC previsto para o ano 1997) sobre o do ano 1996 e que os traballadores percibirán durante 1997 sobre tódolos conceptos retributivos, exceptuando o plus de transporte.

O 31 de xaneiro, durante os anos 1998 e 1999, os traballadores percibirán en cada un dos ditos anos o IPC previsto sobre tódolos conceptos retributivos, exceptuando o plus de transporte.

Artigo 5º.-Antigüidade.

Na táboa salarial anexa figuran os salarios base sobre os que se calculará a antigüidade correspondente. A dita antigüidade contarase a partir do ingreso na empresa, sen que o cambio de categoría supoña perda da adquirida, establecéndose as seguintes porcentaxes segundo esta escala:

1. Un 5% ó cumpri-los tres anos de servicio efectivo na empresa.

2. Un 12% ó cumprir seis anos.

3. Un 22% ó cumprir nove anos.

4. Un 25% ó cumprir doce anos.

5. Un 40% ó cumprir dezaseis anos.

6. Un 55% ó cumprir vinteún anos.

7. Un 60% ó cumprir vintecinco anos

A partir do 1 de xaneiro de 1996, os traballadores que se contraten percibirán a seguinte escala de antigüidade:

1. Un 2,5% ó cumprir tres anos de servicios efectivos na empresa.

2. Un 6% ó cumpri-los seis anos.

3. Un 11% ó cumpri-los nove anos.

4. Un 12,5% ó cumpri-los doce anos.

5. Un 20% ó cumpri-los dezaseis anos.

6. Un 27,5% ó cumpri-los vinteún anos.

7. Un 30% ó cumpri-los vintecinco anos, como tope máximo.

Artigo 6º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal que preste os seus servicios na empresa terá dereito a percibir, ademais das gratificacións do 25 de xullo e Nadal, unha paga extraordinaria o 15 de marzo e outra o 15 de outubro de cada ano, sen distinción de categorías nin actividade.

As referidas gratificacións aboaranse sobre unha mensualidade de salario real cada unha delas, entendéndose por este o salario base máis tódolos complementos retributivos que normalmente veñen percibindo os traballadores, ben entendido que no dito cómputo non entran os pluses de puntualidade nin asistencia nin o de transporte.

Artigo 7º.-Plus de transporte.

Establécese con carácter xeral para todo o persoal un plus de transporte equivalente ó importe do billete de autobús urbano, en ida e volta, por cada asistencia ó centro de traballo dentro do mesmo día.

Artigo 8º.-Plus de puntualidade e asistencia.

Todo traballador da empresa percibirá un plus de puntualidade e asistencia de 198 pesetas por día traballado.

As faltas que se aplicarán con respecto a este plus son as seguintes:

a) A primeira falta de asistencia suporá a perda do 50% do total mensual do plus e a seguinte falta significará a súa perda total.

b) Unha falta de picada do reloxo equivalerá a unha falta de asistencia.

c) Tres faltas de puntualidade equivalen a unha falta de asistencia.

d) Non se computarán como faltas, para os efectos deste artigo, a non asistencia ó traballo por cumprimento de deberes sindicais e outras de ineludible obriga legal.

A prestación de servicios, por necesidades de traballo fóra da empresa, non será considerada como falta de puntualidade ou asistencia. Tampouco serán consideradas faltas de asistencia os permisos debidamente autorizados pola empresa, ou as licencias a que oficialmente teña dereito o traballador, ben entendido que os días non traballados por estas causas serán descontados proporcionalmente do total mensual do plus.

Artigo 9º.-Bolsa de vacacións.

Todo o persoal que preste os seus servicios na empresa terá dereito a percibir unha bolsa de vacacións valorada en 9.068 pesetas, que se fará efectiva xunto coa paga extraordinaria do mes de xullo.

Artigo 10º.-Xornada de traballo.

A duración máxima da xornada de traballo ordinaria será de corenta horas de traballo efectivo na semana.

Artigo 11º.-Compensacións graciables.

A aqueles traballadores que, durante a vixencia do presente convenio, lles corresponda percibir incrementos por antigüidade, a porcentaxe do incremento que polo dito concepto lles corresponda, será absorbido da base de 5.000 pesetas en concepto de útiles e roupa, minguando en consecuencia a percepción deste último concepto.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Terán consideración de horas extraordinarias tódalas que excedan da xornada laboral legalmente establecida. A iniciativa para traballar horas extraordinarias corresponderalle á empresa e á libre aceptación do traballador.

Tódalas horas extraordinarias, tanto diurnas coma nocturnas, en días festivos ou domingos, serán aboadas a razón de 1.247 pesetas cada unha.

O máximo de horas extraordinarias non será superior ó establecido polo Estatuto dos traballadores.

Artigo 13º.-Axuda escolar.

Establécese un plus de axuda escolar para o percibiren tódolos traballadores da empresa sen distinción de actividade nin categoría, para todos aqueles que teñen fillos en idade escolar, distribuído da seguinte forma:

a) Por cada fillo en nivel educación infantil, 7.479 pesetas anuais.

b) Por cada fillo en nivel educación primaria, 11.442 pesetas anuais.

c) Por cada fillo en nivel ESO, FP, COU e similares, 22.822 pesetas anuais.

d) Por cada fillo que curse os seus estudios en universidades ou colexios universitarios, 38.947 pesetas anuais.

Estes importes serán aboados pola empresa no mes de setembro de cada ano, ou cando os traballadores acrediten debidamente as matriculacións dos seus fillos.

Artigo 14º.-Servicio militar.

Ó persoal que leve un mínimo de dous anos ó servicio da empresa, esta aboaralle, ó se incorporar ó servicio militar obrigatorio ou no seu transcurso, o importe das súas pagas extraordinarias completas de xullo e Nadal.

Artigo 15º.-Xubilación.

A xubilación será obrigatoria ós 65 anos, sempre e cando se reúnan os requisitos legais para acceder á correspondente prestación.

Artigo 16º.-Premio de xubilación.

A todo traballador que cese na empresa, tanto por xubilación como por pasar á situación de invalidez permanente e que teña máis de cinco anos de vinculación coa empresa, esta aboaralle o equivalente a dúas mensualidades de salario real e, se levase máis de dez anos, aboaralle un total de catro mensualidades. A tódolos que leven máis de quince anos aboaralles un total de seis mensualidades.

En todo caso, os traballadores que se xubilen ata o 31 de decembro de 1997, terán dereito á percepción dos premios citados no seu 50%, aplicándose ó 100% a normativa destes premios a partir do 1 de xaneiro de 1998.

Este premio percibirao o cónxuxe se o traballador falecese antes de se xubilar e tivese cumpridos os 55 anos, ou levase máis de dez anos ininterrompidos ó servicio da empresa no momento da súa morte. No seu defecto, percibirán este premio os orfos menores de 18 anos, ou de máis idade, se estivesen incapacitados para o traballo.

III Condicións de traballo

Artigo 17º.-Vacacións.

Tódolos traballadores que presten os seus servicios na empresa desfrutarán dun período anual de vacacións consistente en trinta días naturais, que poderán

ser desfrutadas nunha ou dúas fases de desigual duración. As vacacións poderanse comezar ou continuar despois do día de descanso.

As vacacións desfrutaranse dentro do ano natural e durante o período establecido pola empresa, agás entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, por seren estes os meses de maior actividade na cidade deportiva.

O cadro de vacacións exporase, polo menos, con dous meses de antelación. (Artigo 38.3º do E.T.)

As festas aboables e non recuperables poderán, de común acordo entre a empresa e os traballadores, acumularse ás vacacións anuais ou seren desfrutadas en período distinto continuado.

Artigo 18º.-Licencias

A empresa concederá as seguintes licencias retribuídas:

a) Por matrimonio do traballador, quince días.

Por matrimonio de pais, fillos, irmáns e tíos, directos ou políticos, un día, se ten lugar na mesma provincia, e tres días se se celebra noutra distinta.

b) Por parto da esposa, cinco días, se reside na mesma localidade do centro de traballo, e sete días se reside en localidade diferente.

c) Por falecemento do cónxuxe, pais e fillos, concederanse cinco días, que se ampliarán a nove cando teña lugar fóra da rexión e o productor se desprace ó lugar do óbito.

Na continxencia de enfermidade grave do cónxuxe, pais e fillos, oito días. Se fose necesario o internamento de calquera deles fóra da provincia, a licencia estenderase polo tempo necesario, establecéndose como tope máximo trinta días.

d) Por falecemento de irmáns políticos, avós ou pais políticos, dous días dentro da provincia e cinco días fóra dela, sempre e cando o traballador efectúe o desprazamento.

Por falecemento ou enfermidade grave de irmáns, avós políticos, sobriños, tíos e primos directos:

1. Un día, se falece dentro da provincia.

2. Dous días se falece fóra da provincia e dentro da rexión.

3. Tres días se acontece a máis de 500 km de distancia e o traballador se despraza ó lugar de falecemento.

e) Por traslado de domicilio, dous días.

f) Os traballadores terán dereito a licencia non retribuída de tres días naturais ó ano, por necesidades de atenderen asuntos persoais.

O traballador poderá desconta-los ditos días do seu período vacacional, ben entendido que nin nun caso nin no outro se poderá prexudica-lo funcionamento do traballo encomendado ó productor da empresa.

Os casos particulares serán estudiados pola dirección, segundo mellor proceda.

Artigo 19º.-Baixas por enfermidade.

Durante o tempo que o traballador estea dado de baixa, ben por accidente, sexa ou non laboral, ou por enfermidade común ou profesional, e sempre que levase na empresa un mínimo de seis meses, esta quedará obrigada a aboarlle, durante un período máximo de doce meses, o complemento necesario para que, computando o que perciba con cargo á Seguridade Social, acade o cento por cento do salario real, entendéndose por este o salario base máis tódolos complementos retributivos, excepción feita dos pluses de transporte e puntualidade e asistencia.

Co fin de evitar no posible o absentismo laboral, os primeiros quince días de baixa por enfermidade común ou profesional, así como a producida por accidente, sexa ou non laboral, só se percibirán de acordo co establecido na ordenanza laboral para a industria de hostelería ou por calquera disposición de rango superior, exceptuándose cando a baixa sexa por internamento ou hospitalización, que se aboará o cento por cento desde o primeiro día.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

A empresa, tendo en conta a estética, boa presencia e desempeño do traballo nas súas distintas facetas, facilitaralles, unha ou dúas veces ó ano, a roupa e útiles necesarios ós traballadores para a digna realización dos seus cometidos, esixindo en todo momento o bo trato das ditas pezas de roupa por parte do persoal, que responderá do coidado das que reciba.

Artigo 21º.-Seguro de accidentes.

A empresa concertará cunha compañía de seguros que se determinará de mutuo acordo, un seguro de accidentes durante as 24 horas do día, coas seguintes indemnizacións:

Falecemento por accidente, un millón de pesetas.

Invalidez por accidente, dous millóns de pesetas.

Estas indemnizacións son para tódolos traballadores da empresa, sen distinción de categorías. As ditas indemnizacións percibiranas os lexítimos herdeiros do traballador, ou el mesmo no caso de invalidez.

Artigo 22º.-Revisión médica.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a unha revisión médica anual con cargo á empresa, na data que esta determine. Os informes médicos que xeran serán de carácter privado, exceptuándose os casos que os profesionais médicos consideren pertinente facer públicos.

IV. Interpretacións

Artigo 23º.-Condicións máis beneficiosas.

A tódolos traballadores respectaránselles, como condición máis beneficiosa, as cantidades que viñe

sen percibindo, en cuanto que sexan superiores ás que resulten por aplicación do presente convenio colectivo.

Exclúense do dito cómputo comparativo anual os importes correspondentes ós conceptos de plus de transporte, plus de puntualidade e asistencia, axuda escolar, útiles e roupa e antigüidade, conceptos estes que, ó non entraren no cómputo anual, se percibirán con independencia do seu resultado.

Artigo 24º.-Disposicións adicionais.

Cando a contía do salario mínimo interprofesional fose modificada mediante disposición de carácter superior, o salario mínimo resultante servirá de base apreciativa para mante-las diferentes producidas en toda gama da escala vixente, sen que constitúa revisión, senón tan só adecuación ó novo salario mínimo resultante.

Artigo 25º.-Disposición transitoria.

En cumprimento do pactado, que se recolle no artigo 25 do convenio asinado para o ano 1992, e como resultado dos estudios e reunións levados a cabo conxuntamente para establecer un plan de equiparación laboral e económica entre o persoal da cidade deportiva e o da sede central desta empresa, acórdase:

Que a dita equiparación sexa asumida en seis anualidades proporcionalmente, sendo de aplicación a primeira delas no convenio de 1993; determinaranse as diferencias salariais e outras percepcións e aplicaranse as modificacións requiridas no seu texto.

Como anexo primeiro inclúese unha táboa de equiparación salarial na que se deixa determinado o alcance das diferencias económicas que se aplicarán neste ano 1996 e en 1997, 1998 de forma proporcional, como cuarto, quinto e sexto ano de aplicación de equiparación entrámbalas sedes, pacto que se levará a cabo no prazo máximo de seis anos.

Artigo 26º.-Comisión paritaria.

Créase a comisión paritaria do presente convenio colectivo, que estará formada por tantos vocais titulares representantes dos traballadores e da empresa como vocais estean nomeados para a súa negociación, recaendo o seu nomeamento nos membros da comisión negociadora.

Esta comisión reunirase a requirimento das partes asinantes, nun prazo máximo de 72 horas. O cometido da mencionada comisión será o de vixilancia e interpretación do presente convenio.

Artigo 27º.-Mesa negociadora.

Co fin de cumprir debidamente o establecido no Estatuto dos traballadores, artigo 85, apartado a), faise constar neste derradeiro artigo do presente convenio colectivo a composición da mesa negociadora, que foi a seguinte:

En representación da empresa:

Manuel Vila Rubial, presidente da xunta directiva,

Roberto Ameneiro Ferreirós, tesoureiro da xunta directiva.

Rafael Domínguez de la Iglesia, vocal 3º da xunta directiva.

En representación dos traballadores:

Pilar Davila Vila, delegada de persoal.

Camilo Sobral Troitero, oficial de 1ª.

Casiano Pérez González, porteiro.

Fernando Bernárdez Gómez, carpinteiro.

Actuou como secretario Roberto Ameneiro Ferreirós.

Táboa salarial para 1996

Incluída equiparación

CategoríasBase CDAplicac.

4º ano

Total

+3,5%

Base SCDifer.Aplicac.

5º ano

Peón CD/botóns SC88.0422.61693.83199.2485.4172.708
Limpador CD/SC87.4422.81693.41799.2485.8312.915
Telefonista CD/SC91.5893.43798.352105.4677.1153.557
Oficial 1º CD

Ordenanza SC

93.4152.82899.612105.4675.8552.927
Oficial 2º CD91.1542.91497.360103.3936.0333.016
Porteiro CD/SC92.1543.24998.742105.4676.7253.362
Conserxe CD/SC104.8243.031111.630117.9046.2743.137
Encargado xeral CD129.547134.081

Táboa salarial para 1997

Incluída equiparación

CategoríasBase CDAplicac.

5º ano

Total

+2,6%

Base SC

+2,6%

Difer.Aplicac.

6º ano

Peón CD/botóns SC93.8312.70899.049101.8282.7792.779
Limpador CD/SC93.4172.91598.837101.8282.9912.991
Telefonista CD/SC98.3523.557104.559108.2093.6503.650
Oficial 1º CD

Ordenanza SC

99.6122.927105.205108.2093.0043.004
Oficial 2º CD97.3603.016102.986106.0813.0953.095
Porteiro CD/SC98.7423.362104.759108.2093.4503.450
Conserxe CD/SC111.6303.137117.751120.9693.2183.218
Encargado xeral CD134.081137.567

1981