Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.638

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1997 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas financiado, mediante contratos de arrendamento financeiro polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o Instituto de Crédito Oficial (ICO) e as entidades de crédito.

Con esta mesma data, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e 16 entidades de crédito asinaron un convenio co obxecto de establecer unha liña de axudas de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas, ó abeiro do decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, do Decreto 29/1997, do 20 de febreiro, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, de incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e da orde da Consellería de Economía e Facenda do 24 de febreiro de 1997 que modifica a Orde do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

En virtude do exposto, de conformidade coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 317/1992, do 12 de novembro, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

En cumprimento do disposto no artigo 78 da Ley 11/1992, do 11 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e co obxecto de darlle unha adecuada difusión, faise público o texto do convenio coas entidades financeiras que figura como anexo I e a relación de entidades que o subscribiron que figuran como anexo II.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO I

Convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas financiado, mediante contratos de arrendamento financeiro, polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o Instituto de Crédito Oficial (ICO) e a entidade de crédito...

En Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1997, establécese o presente convenio, asinado por unha parte polo presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), José Antonio Orza Fernández, e de outra parte pola entidade de crédito... representada por D..., con poder suficiente. Este convenio incríbese dentro do marco da política de apoio

á pequena e mediana empresa emprendida pola Xunta de Galicia ó abeiro do Decreto 309/1995, do 23 de novembro, e no Decreto 29/1997, do 20 de febreiro, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia desenvolvido mediante a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e Orde da Consellería de Economía e Facenda do 24 de febreiro de 1997 que modifica a do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

Conscientes do importante papel que as PEMES desenvolven na actividade económica, ponse en marcha un programa de financiamento dos investimentos que estas empresas promovan. Consiste a axuda na subsidiación ó tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro que se concerten coas entidades de crédito acollidos ó presente convenio.

Estes contratos de arrendamento financeiro poderán ser subsidiados polo Igape, con suxeición ás seguintes,

CLÁUSULAS

Cláusula 1ª.-Obxecto.

O presente convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre a entidade de crédito... e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) co fin de establece-las liñas de financiamento subsidiadas mediante contratos de arrendamento financeiro para pequenas e medianas empresas, someténdose as partes, en todo, ó establecido no mencionado decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, e no Decreto 29/1997, do 20 de febreiro, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e Orde da Consellería de Economía e Facenda do 24 de febreiro de 1997 que modifica a do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas, ás normas específicas contidas no presente convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento

operativo.

Cláusula 2ª.-Ámbito territorial e prazo de solicitude.

As empresas beneficiarias das axudas obxecto deste convenio deberán ter radicado o centro da súa actividade ou algún centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante o anterior, nos casos de axudas para investimentos en actividades de comercialización, distribución, acordos tecnolóxicos e cooperación empresarial, non será necesario que a actividade incentivada se densenvolva en Galicia sempre que, a xuízo do Igape, a dita actividade teña individual ou sectorialmente un interese estratéxico e exista unha vinculación directa ou complementariedade dela coa empresa ou centro de traballo radicado na dita Comunidade Autónoma.

O prazo de presentación de solicitudes de subsidiación na entidade de crédito iníciase o día da publicación deste convenio no Diario Oficial de Galicia, data de entrada en vigor del, e remata o 31 de outubro de 1997. En consideración das solicitudes presentadas e da capacidade orzamentaria para atendelas, o Igape poderá anticipa-la data límite para a presentación de solicitudes na entidade de crédito.

Cláusula 3ª.-Modalidade e destino das axudas.

A axuda consistirá na subsidiación ó tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro concertados en virtude do presente convenio e destinados ó financiamento de proxecto de novo investimento, consistentes na instalación, ampliación ou renovación de activos, adquiridos a terceiros, que repercutan directamente na capacidade de producción ou na productividade da empresa.

Cláusula 4ª.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas no presente convenio aquelas empresas que teñan a consideración de pequenas e medianas (PEMES) conforme a definición establecida pola Unión Europea. Para os efectos do presente convenio, terá a consideración de PEME a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:

a) Que teña menos de 250 traballadores,

b) Que teña ben un volume de negocios anual non superior a 40 millóns de Ecus, ou ben un balance xeral, activo total, non superior a 27 millóns de Ecus, e,

c) Que o seu capital non estea participado en máis dun 25% por empresas que non cumpran os requisitos anteriores agás se estas sexan empresas públicas de investimento, empresas de capital risco ou, sempre que non se exerza o control, se son investidores institucionais.

Para os efectos da aplicación dos límites establecidos neste apartado, terase en conta o tipo de cambio do Ecu vixente á data de entrada en vigor da orde da Consellería de Economía e Facenda do 24 de febreiro de 1997, que modifica a do 18 de abril de 1996.

No caso de que, durante a vixencia deste convenio, a Unión Europea establecera unha definición de PEME diferente da anterior, será de aplicación para estes efectos a nova definición que se estableza.

2. Tamén poderán ser beneficiarias as ditas axudas as empresas que, sen ter a condición de PEME, de acordo coa definición anterior, se consideren de especial interese socioeconómico polo Igape ou respecto ás que a Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos declarase a necesidade ou conveniencia de apoio.

Cláusula 5ª.-Actividades subvencionables.

1. Considéranse incentivables, de acordo co establecido no Decreto 309/1995, do 23 de novembro, e na Orde do 18 de abril de 1996, as seguintes actividades económicas:

a) As de extracción, procesamento, transformación e comercialización das produccións agrícolas, pesqueiras, gandeiras e forestais.

b) A extracción, procesamento, transformación e comercialización de minerais ou os seus derivados.

c) A industria transformadora, o comercio, o turismo, a artesanía e os servicios de apoio industrial.

d) A creación de redes de abastecemento, transporte, distribución e comercialización.

e) As actividades de electrónica, biotecnoloxía, robótica, telecomunicación e calquera outra de avanzada tecnoloxía.

f) A investigación técnica e aplicada, innovación e desenvolvemento tecnolóxico, normalización, homologación, certificación, xestión, control e mellora da calidade levadas a cabo por calquera ente público ou privado.

g) A fabricación ou comercialización de bens de equipo ou unidades productivas relacionadas con calquera das actividades anteriormente enumeradas.

Para aquelas actividades que se atopen comprendidas dentro dos sectores regulados por normas específicas da Unión Europea sobre axudas estatais, estas axustaranse en cada caso ás ditas normas específicas.

2. Serán preferentes as seguintes:

a) A transformación e comercialización de produccións agrícolas, pesqueiras, gandeiras, forestais e de minerais.

b) O turismo especializado.

c) Os servicios de apoio industrial.

d) As actividades de electrónica, biotecnoloxía, medio ambiente, robótica, telecomucacións e calquera outra de avanzada tecnoloxía.

e) As actividades pertencentes ó sector téxtil.

f) As actividades pertencentes ó sector do automóbil e a súa industria auxiliar.

g) O comercio polo miúdo e comercio por xunto.

h) A fabricación de bens de equipo.

3. Xúntase como anexo a este convenio a relación de actividades subvencionables e preferentes, de acordo coa clasificación nacional de actividades económicas.

Cláusula 6ª.-Conceptos de investimento subvencionable e materialización dos investimentos.

6.1. Os conceptos de investimento subvencionable deberán realizarse en inmobilizado material novo adquirido a terceiros que repercutan directamente na capacidade de producción ou na productividade da empresa e serán, segundo as distintas modalidades de leasing, os seguintes:

a) Leasing inmobiliario: inmobles.

b) Leasing mobiliario: maquinaria e as súas instalacións técnicas; ferramenta; mobiliario e equipo de oficina e de proceso de información e elementos de transportes interno e, no caso de empresas de transporte, tamén elementos de transporte externo. Nos investimentos en equipos de proceso de información poderanse incluir, sempre que non superen o 20% do investimento total subvencionable, as aplicación informáticas.

O total do investimento determinarase excluíndo o IVE e outros impostos do custo de adquisición.

6.2. Materialización dos investimentos. Os bens obxecto do contrato deberán manterse durante a súa vixencia e a empresa beneficiaria comprometerase a exercita-la opción de compra, debendo ser realizada no momento convido; noutro caso será causa de perda da subvención.

Cláusula 7º.-Características das operacións de leasing.

7.1. Importe dos contratos e porcentaxe de financiamento.

O importe mínimo do investimento subvencionable e do contrato de arrendamento financeiro será de 10 millóns de pesetas.

O importe máximo do contrato ou contratos de arrendamento financeiro subscritos ó abeiro deste convenio para cada beneficiario será de 500 millóns de pesetas. Excepcionalmente, naqueles casos en que o Igape o xulgue de especial interese socioeconómico, poderanse considerar importes superiores.

O importe con dereito a subsidiación dos contratos de arrendamento non poderá supera-lo 95% do investimento considerado subvencionable.

No caso de leasing inmobiliario que se financie con fondos ICO, o proxecto investidor deberá cumpri-las limitacións establecidas no convenio subscrito entre o ICO e as entidades de crédito vixente.

7.2. Duración dos contratos.

A duración dos contratos de arrendamento financeiro, segundo as distintas modalidades de leasing, será a seguinte:

a) Leasing inmobiliario: a duración mínima será de 10 anos.

b) Leasing mobiliario: a duración mínima será de 2 anos e a máxima de 5 anos, determinándose para esta modalidade a duración de acordo co establecido a continuación:

-As operacións de importes iguais ou superiores a 40 millóns de pesetas terán necesariamente unha duración de 5 anos.

7.3. Orixe dos fondos.

1. Para operacións de leasing inmobiliario e para operacións de leasing mobiliario a prazo de 5 anos, a orixe dos fondos será a seguinte:

a) Con carácter xeral, o 70% do investimento subvencionable será financiado con fondos facilitados polo ICO. O resto do financiamento, unha vez aplicada a entrega a conta por parte do arrendatario, mínimo do 5%, serán fondos da propia entidade de crédito.

b) Para aquelas empresas que non cumpran a dimensión establecida na cláusula 4.1 e que foran obxecto de declaración de especial interese socioeconómico polo Igape segundo a cláusula 4.2, así como aquelas operacións que non poidan financiarse con fondos facilitados polo ICO, no caso de agotarse estes, os fondos para a formalización dos contratos serán os da propia entidade de crédito.

Neste último caso, o beneficiario deberá solicitar, co visto e prace da entidade de crédito, ben a modificación do financiamento solicitado, ben a modificación da resolución de concesión de subsidiación, segundo estea o expediente de solicitude en trámite ou resolto.

2. Aqueles proxectos que se realicen fóra de Galicia, que foran obxecto de declaración de especial interese estratéxico polo Igape, segundo se establece na cláusula 2ª deste convenio, e que non poidan aplicar para o seu financiamento os fondos ICO, utilizarán fondos da propia entidade de crédito.

3. Para o resto das operacións de leasing mobiliario, os fondos para a formalización dos contratos serán os da propia entidade de crédito.

7.4. Tipo de xuro, comisións e axuda financeira.

7.4.1. O tipo de xuro que determinará a carga financeira dos contratos de arrendamento financeiro, concertados a través do presente convenio, será o seguinte:

a) Leasing mobiliario:

1) Prazo inferior a 5 anos: tipo fixo do 7%.

2) Prazo igual a 5 anos:

-Fondos facilitados directamente pola entidade de crédito: tipo de xuro variable semestralmente. O tipo de xuro será, para o primeiro semestre de vixencia do contrato, o Mibor a 6 meses do día da formalización máis ata 1,25 puntos. O tipo de xuro revisaráse semestralmente baseándose no Mibor a 6 meses á data de revisión máis ata 1,25 puntos.

-Fondos facilitados polo ICO, tipo de xuro variable que será:

Para o primeiro semestre: tipo de cesión do ICO de acordo co establecido na cláusula 3ª do contrato de financiamento, máis ata 1,25 puntos.

O tipo de xuro revisarase semestralmente baseándose no Mibor a 6 meses á data de revisión máis ata 0,50 puntos, ou ben ó tipo de cesión do ICO máis ata 1,25 puntos.

b) Leasing inmobiliario:

-Fondos facilitados directamente pola entidade de crédito: tipo de xuro variable semestralmente. O tipo de xuro será, para o primeiro semestre de vixencia do contrato, o Mibor a 6 meses do día da formalización máis ata 1,25 puntos. O tipo de xuro revisarase semestralmente baseándose no Mibor a 6 meses á data de revisión máis ata 1,25 puntos.

-Fondos facilitados polo ICO: durante os 7 primeiros anos (prazo máximo ó que presta os fondos o ICO), tipo de xuro variable que será:

Para o primeiro semestre: tipo de cesión do ICO de acordo co establecido na cláusula 3ª do contrato de financiamento, máis ata 1,25 puntos.

O tipo de xuro revisarase semestralmente baseándose no Mibor a 6 meses á data de revisión máis ata 0,50 puntos, ou ben ó tipo de cesión do ICO máis ata 1,25 puntos.

A partir do oitavo ano e seguintes, o tipo de xuro será o mesmo que o aplicado para a parte financiada con fondos da entidade de crédito.

As condicións financeiras sinaladas anteriormente corresponderán ó financiamento de proxectos que se realicen en zona FEDER obxectivo 1. Para aquelas solicitudes de empresas que realicen investimento no resto de España as condicións financeiras serán as sinaladas na cláusula 3ª do contrato de financiamento subscrito entre o ICO e as entidades de crédito o 23 de decembro de 1996.

Para o obxecto de facilita-las liquidacións de subsidiación, procurarase utiliza-la mesma referencia Mibor cando no contrato se utilicen fondos ICO e fondos da entidade de crédito.

O ICO comunica os tipos de xuro quincenalmente ás entidades de crédito e son os que deben aplicarse ós contratos formalizados durante esa quincena, e para a parte financiada con fondos ICO. Cada revisión que se produza nestes contratos de leasing será comunicada individualmente ó Igape pola entidade de crédito.

7.4.2. Comisións.

Para a parte das operacións financiadas con fondos ICO, o tipo de xuro é TAE e a entidade de crédito non pode cobrar cantidade ningunha en concepto de comisión de apertura, gastos de estudio e comisión de dispoñibilidade.

Para a parte ou, se é o caso, o total das operacións financiadas con fondos das entidades de crédito, estas poderán percibir unha comisión máxima e única de apertura do 1%.

7.4.3. Axuda financeira.

a) Axuda do FEDER: aqueles investimento que se realicen en zonas FEDER obxectivo 1, e financiadas en parte con fondos ICO, poderán ter unha subvención de 1,75 puntos. A operativa para o cobro desta subvención estará suxeita ás normas de funcionamento entre o ICO, o FEDER e a entidade de crédito.

b) Axuda financeira do Igape: a subsidiación ó tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro será a seguinte:

1) Actividades subvencionables:

* Para os fondos facilitados directamente polas entidades de crédito: 2 puntos.

* Para os fondos facilitados polo ICO: 0,50 puntos.

2) Actividades preferentes:

* Para os fondos facilitados directamente polas entidades de crédito: 3 puntos.

* Para os fondos facilitados polo ICO: 1,50 puntos.

3) Por localización preferente do proxecto investidor, de acordo co artigo 8 da Orde de 18 de abril de 1996: 1 punto, calquera que sexa a orixe dos fondos facilitados para o financiamento do contrato.

Para os efectos deste convenio, considéranse zonas especialmente desfavorecidas, de acordo co artigo 8.b) da Orde do 18 de abril de 1996, aqueles concellos nos que exista un descenso de poboación superior ó 15%, e que se incorporan ó presente convenio como Anexo II.

4) Aqueles proxectos investidores que impliquen a creación de emprego: 0,50 puntos, calquera que sexa a orixe dos fondos facilitados para a formalización do contrato.

O prazo de subsidiación, con independencia do prazo do contrato de leasing, non excederá dos 7 primeiros anos.

O Igape poderá diferenciar na resolución de concesión a subsidiación segundo a orixe dos fondos ou facelo de forma ponderada nunha soa expresión numérica.

7.4.4. Para proxectos investidores de actividades preferentes ou localización preferente e con creación de emprego neto, o tipo mínimo non poderá ser inferior ó 3%. Para o resto dos proxectos investidores, o tipo de xuro neto resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó 4%. No caso de que sexa inferior, limitarase a subsidiación ata os citados tipos efectivos resultantes.

7.4.5. Condicións das cotas de arrendamento financeiro.

As cotas de arrendamento serán de igual importe, terán vencemento mensual e deberán cumpri-los requisitos establecidos na disposición adicional 7ª da Lei 26/1988. Non obstante, poderá establecerse unha primeira cota de maior importe cás seguintes.

7.4.6. A partir da entrada en vigor deste convenio e respectando as condicións e requisitos establecidos nel, a entidade de crédito poderá formaliza-los contratos cos seus clientes logo da presentación do expediente de solicitude no Igape. A entidade de crédito deberá xuntar á dita solicitude un escrito no que manifeste a intención de acollerse a esta opción para o obxecto de que, con anterioridade á data de formalización prevista, este instituto analice e cuantifique o investimento subvencionable e o importe do contrato que se vai subsidiar. Iso non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto á concesión da subsidiación solicitada.

Unha vez comunicada a resolución de concesión do Igape, deberán incluír un anexo ó contrato, intervido por persoa que dá fe pública, no que se fagan consta-las características establecidas na dita resolución. As cotas anteriores á data de resolución non terán subsidiación do Igape.

Cláusula 8ª.-Tramitación.

8.1. Modelo de solicitude e documentación.

A solicitude que hai que presentar deberase corresponder co modelo normalizado que para o efecto se distribuirá e dará publicidade a través das entidades financeiras e do Diario Oficial de Galicia.

Ademais do impreso de solicitude, presentarase a seguinte documentación:

1) Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante:

Persoas físicas:

* Fotocopia do DNI/NIF.

Persoas xurídicas:

* Fotocopia do CIF.

* Copia da escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no Rexistro Mercantil.

* Certificación dos administradores ou do secretario do consello de administración, co visto e prace do presidente, na que figure: a composición actual do consello, o detalle de accionistas con participación superior ó 10%, con indicación do nome ou razón social e da porcentaxe de participación, o número de traballadores actuais, o volume de negocios anual e o activo total correspondente á data de peche do último exercicio cerrado.

* No caso de solicitudes que sexan de empresas participadas por sociedades en porcentaxe superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante, na que figure o seu número de traballadores actuais, o volume de negocios anual e o activo total correspondente á data de peche do último exercicio cerrado.

2) Certificados que acrediten estar ó día nas obrigas fiscais e da Seguridade Social, emitidos polos organismos competentes.

3) Certificación acreditativa de que o beneficiario non ten contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

4) Fotocopia do último recibo pagado polo imposto de actividades económicas ou, se é o caso, fotocopia da alta neste imposto.

5) Descrición e relación valorada do investimento proxectado, xuntando documentación acreditativa dela (facturas pro forma, orzamento, contratos, etc.). Para o caso de leasing inmobiliario, deberán presentar, ademais, a fórmula de financiamento da parte non financiada mediante o dito contrato.

6) Declaración xurada doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto especificando o organismo ó que a solicitou, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido.

7) Para aqueles contratos por importe superior a 75 millóns de pesetas, deberán xuntar á anterior documentación unha memoria que conteña os antecentes da empresa ou dos seus promotores, as razóns que aconsellan a realización do proxecto, memoria do funcionamento, de investimentos, comercial e financeira e estudio de viabilidade asinado polo solicitante.

8) Nas solicitudes de axuda para un proxecto que leve á creación de emprego: declaración xurada do número de postos que vai crear e fotocopia do último TC1 e TC2.

O beneficiario poderá aportar ademais calquera outra documentación e información adicional que considere oportuna para os efectos dunha correcta análise da solicitude.

8.2. Presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse nas entidades de crédito segundo o modelo normalizado xa citado, acompañadas da documentación que se sinala no epígrafe anterior.

O impreso de solicitude constará de catro exemplares:

-Orixinal e primeira copia para o Igape.

-Segunda copia para a entidade de crédito.

-Y terceira copia para o solicitante.

A entidade de crédito datará e selará os catro exemplares, entregando ó solicitante a terceira copia. Centralizará a recepción das solicitudes presentadas nas distintas oficinas, e terá un prazo de 15 días para resolve-la petición, sendo o prazo límite para a aceptación de solicitudes nas ditas entidades é o 31 de outubro de 1997.

As entidades de crédito deberán presentar no Rexistro do Igape os expedientes coa documentación completa, acompañados da comunicación de concesión do leasing (segundo o modelo que se anexa) e das correspondentes táboas de amortización sendo o derradeiro día hábil para a súa presentación é o 14 de novembro de 1997.

A presentación dos expedientes no Igape realizarase mediante escrito no que se relacionen os expedientes que se xuntan (número, nome e importe).

As solicitudes presentadas por sociedades civís ou comunidades de bens deberanse tramitar a nome dos titulares que formalizarán o contrato, seguido da denominación das sociedade civil ou comunidade de bens.

O Igape reclamaralle á entidade de crédito e ó interesado aqueles documentos preceptivos que se deben xuntar á solicitude, que se presentarán no prazo improrrogable de 15 días hábiles a partir da data de notificación ó interesado, transcorrido o cal, procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite. Ademáis poderá solicita-los datos adicionais que coide convenientes para precisa-lo contido ou alcance do proxecto investidor.

8.3. Concesión.

O Igape resolverá e notificará ó solicitante e á entidade de crédito a concesión ou denegación da solicitude de subsidiación. Nos casos de resolucións de concesión, previamente á formalización ou á adaptación do contrato, o beneficiario deberá aceptar expresamente a dita resolución. A aceptación formalizarase na copia da resolución que para tal efecto se remitirá xunto coa resolución de concesión.

8.4. Formalización.

Formalizarase o correspondente contrato de arrendamento entre a entidade de crédito e o solicitante de acordo co estipulado na cláusula 7ª deste convenio.

O prazo máximo para a formalización de leasing mobiliario ou, se é o caso, a adaptación da póliza ás condicións deste convenio, será de 3 meses, contado dende a data de notificación da concesión ó beneficiario. Para leasing inmobiliario o prazo será de 5 meses. Transcorrido o dito prazo considerarase a concesión nula agás autorización expresa do Igape, á vista da solicitude razoada do beneficiario e coa conformidade da entidade de crédito.

No contrato de arrendamento financeiro recollerase, ademais das especificacións que establece a normativa legal, a característica de estar acollido ó convenio.

A entidade de crédito deberá remitirlle ó Igape, coa maior brevidade, dúas fotocopias do contrato, unha vez formalizado, así como certificado de conformidade sobre a entrega dos bens arrendados, debidamente subscrito polo arrendatario; certificación da carga financeira ó tipo de xuro do contrato e ós puntos subsidiados acompañada das correspondentes táboas de amortización; compromiso do arrendatario de exerce-la opción de compra e copia dos documentos que xustifiquen o investimento.

8.5. Incidencias.

a) Cambio de titularidade da axuda financeira: os bens obxecto do contrato deberán manterse durante a súa vixencia. Considerarase que cumpre esta condición nos casos de transformación de empresas individuais en sociedades e nos de modificación da forma societaria, sempre que se recolla na escritura a aportación dos dereitos de arrendamento dos bens financiados e a subrogación nas obrigas financeiras do contrato. O órgano competente deberá acordar, ademais, da sociedade, a subrogación no cumprimento das obrigas derivadas da concesión do contrato leasing subvencionable. Nos casos de fusión ou absorción de sociedades procederase de xeito análogo. A citada documentación deberá ser remitida, a través da entidade de crédito, ó Igape, para que se proceda, se é o caso, á autorización do cambio de titularidade da axuda.

No caso de que o arrendatario decidise, antes do prazo de vencemento do contrato de leasing, traspasar, vender ou aluga-lo seu negocio, as cotas seguintes perderán automaticamente a subsidiación, agás cando haxa subrogación no contrato leasing polo novo titular do negocio e este continuara coa mesma actividade ou outra que sexa subvencionable segundo se establece no decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, no Decreto 29/1997, do 20 de febreiro, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, na orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, na orde da Consellería de Economía e Facenda do 24 de febreiro de 1997 que modifica a do 18 de abril de 1996 e na cláusula 5ª do presente convenio, logo de autorización polo Igape e coa conformidade da entidade de crédito.

b) Cambio de entidade de crédito: naquelas axudas concedidas nas que o titular solicite a formalización do contrato noutra entidade de crédito colaboradora distinta da que tramitase a solicitude, deberá solicita-lo cambio de entidade de crédito a través da nova entidade crediticia, xuntando nova comunicación de concesión do contrato e declaración xurada de que non existe variación na documentación do expediente, enviando toda esa documentación ó Igape, para que se proceda, se é o caso, á autorización do cambio solicitado.

c) Modificación dos plans de investimento: poderá aceptarse sempre que non supoña un cambio na natureza do ben nin se desvirtúe o proxecto. Se o cambio supón variacións totais na contía do investimento subvencionable, deberá solicitarse a dita modificación, a través da entidade de crédito, previamente á formalización do contrato, ante o Igape, acompañando unha memoria explicativa do cambio e novas facturas pro forma xustificativas deste. Só se aceptarán modificacións que impliquen unha reducción da contía do investimento; o Igape poderá, no caso de autoriza-la modificación solicitada, acomoda-la contía do contrato subvencionable á porcentaxe máxima de financiamento sinalada na cláusula 7ª.

Cancelación anticipada: poderá admitirse sempre e cando o contrato cumpra o prazo mínimo establecido na disposición adicional sétima da Lei 26/1988, do 29 de xullo e se exerza a opción de compra. A entidade de crédito deberá comunicar ó Igape a data de cancelación, xuntando os documentos xustificativos da operación. Perderase o dereito á subsidiación desde a data de cancelación.

O resto das incidencias que se producisen poderanse admitir despois da solicitude do interesado, coa conformidade da entidade de crédito, sempre que estean xustificadas e non desvirtúen a finalidade da subsidiación.

Cláusula 9ª.-Liquidación e pagamento da subvención.

O importe da subvención calcúlase aplicando ós puntos de subsidiación á carga financeira pola totalidade do prazo de duración do contrato. O dito cálculo efectuarase mediante a elaboración de táboas ou cadros de amortización tomándose como tipo de xuro os puntos de subsidiación. O total da columna carga financeira así calculado será o montante da subsidiación para todo o período.

Para os contratos formalizados a tipo fixo a liquidación da subsidiación efectuarase anualmente e polo importe correspondente ó número de meses de vixencia do contrato durante o ano que se vai liquidar. O importe mensual da subvención será constante.

Para operacións formalizadas a tipo variable a liquidación da subsidiación será semestral e polo importe correspondente ó semestre que se vai liquidar. Se lle é de aplicación a limitación ós puntos de subsidiación establecida no apartado 7.4.4 deste

convenio, efecturase un novo cadro de amortización ó tipo de subsidiación resultante pola totalidade da duración do contrato, correspondéndolle á liquidación de que se trate a parte proporcional ó semestre que se liquida. O importe mensual da subsidiación será constante.

O pagamento da subvención ó beneficiario realizarase a través da entidade de crédito, que presentará, por duplicado, ante o Igape, xunto coa certificación de solicitude de cobramento da subvención, unha relación individualizada das súas operacións, especificando o número de expediente, titular, importe do contrato, data de formalización, data de vencemento, prazo en meses, carga financeira total establecida no contrato, carga financeira total que correspondería aplicando os puntos obxecto de subsidiación, importe da subvención total, número de meses de vixencia do período que se vai liquidar e importe da subvención solicitada.

Para operacións acollidas a este convenio e formalizadas durante o exercicio 97 e a tipo fixo, as entidades de crédito poderán presenta-la solicitude de cobramento da subvención dentro dos 15 primeiros días do mes de xaneiro do ano 98. Para exercicios posteriores, a dita solicitude presentarase na primeira quincena do mes de xullo de cada ano.

Para operacións formalizadas a tipo variable as liquidacións semestrais se presentarán unha vez vencido o período correspondente.

Cláusula 10ª.-Compromiso das entidades de crédito.

A entidade que subscribe o presente convenio comprométese a aprobar contratos de arrendamento financeiro nos termos e condicións establecidos neste convenio e no Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, no Decreto 29/1997, do 20 de febreiro, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, na orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e na orde da Consellería de Economía e Facenda do 24 de febreiro de 1997 que modifica a do 18 de abril de 1996, ata un importe máximo de... millóns de pesetas.

Así mesmo, a entidade de crédito asinante comprométese a respectar, segundo o establecido no artigo 11 da Orde de 18 de abril de 1996 e a orde da Consellería de Economía e Facenda do 24 de febreiro de 1997 que modifica a do 18 de abril de 1996, as proporcións fixadas no citado artigo do 40% (... millóns de pesetas) para actividades subvencionables e do 60% (... millóns de pesetas) para actividades preferentes sobre o cota asignado de ... millóns de pesetas.

No caso de que unha entidade teña acadado o límite sinalado, deberá solicitar, entre o 15 e o 31 de outubro de 1997, autorización expresa ó Igape, para tramita-las solicitudes que tivese pendentes de presentar.

Cláusula 11ª.-Compatibilidade.

Os bens obxecto do contrato de arrendamento financeiro non poderán ser incluídos noutros proxectos investidores financiados en todo ou en parte mediante créditos ou préstamos con subvención ó tipo de xuro.

Estas axudas serán compatibles con outras a fondo perdido establecidas pola Xunta de Galicia ou calquera outra administración pública, sempre que a axuda non supere, en termos de subvención neta equivalente, os límites legalmente establecidos.

Para o cálculo da axuda da subvención do tipo de xuro procederase do seguinte xeito:

a) Calcularanse en pesetas correntes os valores absolutos das subvencións que se vaian percibir.

b) Actualizaranse ó ano da concesión das axudas os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

Cláusula 12ª.-Perda da subvención.

1. No caso de reclamación xudicial por instancia da entidade de crédito, por incumprimento do contrato de arrendamento financeiro, e nos casos de suspensión de pagamento ou quebra do arrendatario, perderase o dereito á subsidiación ó tipo de xuro a partir da data de presentación da reclamación ou da aceptación das anteriores declaracións no xulgado.

A entidade de crédito queda obrigada a comunicarlle ó Igape a relación detallada das operacións obxecto de reclamación xudicial e as que incorran en quebra ou suspensión de pagamentos con indicación da data de presentación ou aceptación no xulgado.

2. Procederase ó reintegro das cantidades percibidas e á esixencia do xuro de demora desde o momento de calquera pagamento con cargo á subvención concedida nos seguintes casos:

a) Incumprimento da condición de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-las condicións requiridas para iso.

c) Incumprimento da finalidade para a que a subvención foi concedida.

d) Incumprimento das condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

e) Non exercita-la opción de compra.

f) No caso de mora ou non pagamento das cotas polo arrendatario, a entidade de crédito queda obrigada a comunicarlle ó Igape tal circunstancia, retendo a subsidiación correspondente en canto o beneficiario non regularice a súa situación. De non facelo, o arrendatario procederá á devolución ó Igape das cantidades indebidamente percibidas.

Transcorridos 30 días naturais desde a data de notificación do correspondente acordo de cancela

ción da subvención sen que se efectuase o reintegro da cantidade esixida nel, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento.

3. Así mesmo, o Igape poderá esixi-las correspondentes responsabilidades ás partes implicadas nos convenios de colaboración en casos de culpa, neglixencia grave ou dolo, en detrimento do cumprimento das finalidades destas subvencións.

Cláusula 13ª.-Normas operativas.

As entidades asinantes comprométense a acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo sexan dictadas polo Igape, para a mellor administración e control das operacións incluídas no convenio.

Cláusula 14ª.-Información e inspección.

O Igape poderá solicitar ás entidades de crédito e ós beneficiarios, e durante a vixencia do contrato, calquera información ou documentación que considere oportuna; así como proceder á inspección directa dos investimentos que realicen os beneficiarios das axudas.

Cláusula 15ª.-Denuncia do convenio.

Será causa suficiente para a denuncia do presente convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas.

A denuncia, que deberá facerse con 30 días de previo, supoñerá, en todo caso, deixar atendidas fronte ós beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

Cláusula 16ª.-Seguimento do convenio.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha comisión de vixilancia e seguimento, integrada polas entidades de crédito, o ICO e representantes do Igape, que terán reunións con periodicidade trimestral, ou ben convocando separadamente a cada unha delas.

O Igape fará públicos os resultados do convenio de forma periódica.

Cláusula 17ª.-Publicidade.

As entidades asinantes comprométense a mostrar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo Igape e a colaborar na axeitada difusión desta liña de axudas.

Co obxecto de acadar unha maior eficacia, os proxectos e campañas publicitarias, se é o caso, serán sometidas á aprobación previa do Igape.

Cláusula 18ª.-Natureza.

O presente convenio ten natureza administrativa, e correspóndelle ó Igape a interpretación do seu contido.

Pola entidade de créditoPolo Igape,

Asdo:José Antonio Orza Fernández

DNI:Presidente do Instituto Galego

de Promoción Económica

MODELO DE COMUNICACIÓN DE CONCESIÓN CONTRATO LEASING

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

Rfa: convenio Leasing-97.

R/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

Santiago de Compostela.

Estimados Srs.:

Estudiada a solicitude de arrendamento financeiro presentada nesta entidade acollida ós beneficios regulados polo Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, o Decreto 29/1997, do 20 de febreiro, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e a orde da Consellería de Economía e Facenda do 24 de febreiro de 1997 que modifica a Orde do 18 de abril de 1996, e ó convenio de colaboración arriba citado, comunicámoslles que foi autorizado o contrato de arrendamento financeiro coas características que se detallan:

Beneficiario:

Nº contrato Leasing:

Características da operación:

Modalidade: Inmobiliario ou mobiliario:

Total investimento (segundo solicitude):

Imp. contrato: entrega incial:

Prazo:

Actividade (descrición):

Epígrafe CNAE: ... Subvencionable: ou... Preferente: ou...

Orixe dos fondos:

Do ICO:

Importe: Porcentaxe:

Puntos subsidiación: Carga financeira:

Da entidade de crédito:

Importe: Porcentaxe:

Puntos subsidiación: Carga financeira:

Xuntamos orixinal e 1ª copia do impreso de solicitude e a documentación completa esixida para o efecto.

Data e sinatura.

CONCELLOS DAS PROVINCIAS DE A CORUÑA E PONTEVEDRA NAS QUE EXISTE UN DESCENSO DE POBOACIÓN SUPERIOR A UN 15%

* Provincia da Coruña: Moeche, Somozas, Monfero, Mesía, Sobrado, Val do Dubra, Toques, Cesuras, Paderne, Boqueixón, Mañón, Vilarmaior, Vilasantar, Baña (A), Laxe, Ortigueira, Capela (A).

* Provincia de Pontevedra: Cotobade, Lama (A), Vila de Cruces, Estrada (A), Forcarei, Covelo (O).

ANEXO II

RELACION DE ENTIDADES DE CRÉDITO COLABORADORAS

Lico Leasing, S.A.; Pastor Servicios Financieros, E.F.C., S.A.; Banco Bilbao Vizcaya; BANESTO Leasing, S.A.; Banco Exterior de España; Hispamer Servicios Financieros, E.F.C., S.A.; Banco de Asturias; Bansander de Leasing, S.A.; Banco Popular Español; Banco de Galicia; Caixa Galicia; Banco Central Hispano; Banco Gallego; Banco Espírito Santo; Banco Urquijo; Interleasing E.F.C., S.A..

2132