Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 1997 Páx. 2.540

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no, Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de Ferroatlántica, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo de Ferroatlántica, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 22-1-1997, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social polo comité de empresa, o día 2-12-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1890, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de xaneiro de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

V Convenio de empresa Ferroatlántica, S.L.

1997-1998-1999

Capítulo I

Estipulacións xerais

1.1. Ámbito.

O presente convenio regulará a partir da súa entrada en vigor, as relacións laborais de empresa Ferroatlántica, S.L., nas factorías de Cee-Dumbría e centrais eléctricas e afecta a tódolos traballadores dela no dito centro.

Todo o que non estea reflectido no presente convenio rexerase pola lexislación vixente do sector.

1.2. Vixencia e duración.

O convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1997 e caducará o 31 de decembro de 1999.

Transcorrido o período de vixencia seguirán aplicándose tódalas cláusulas co mesmo alcance e con

tido con que foron pactadas ata que se aprobe e entre en vigor o novo convenio.

1.3. Denuncia.

Considerarase por ámbalas partes denunciado en tempo e forma na data do seu vencemento.

1.4. Respecto ós dereitos adquiridos.

Respectaranse as situacións persoais que, no seu conxunto, sexan máis beneficiosas cás estipuladas no presente convenio, manténdose estrictamente ad personam.

Independentemente de que existan outros conceptos, considéranse condicións ad personam para o persoal fixo en cadro de persoal ó 31-12-1992 como dereitos adquiridos en compensación de situacións anteriores a esa data, os seguintes apartados:

-Bolsa de vacacións (capítulo II apartado 2.2).

-Plus compensación (capítulo III apartado 3.3).

-Plus posto de traballo Fca. Dumbría (capítulo III apartado 3.4).

-Cobertura fondo de previsión anterior ó fondo de pensións (capítulo IV apartado 4.1).

-Complemento por baixa (capítulo V apartado 5.2).

-Axudas especiais (capítulo V apartado 5.7).

-Lote de Nadal (capítulo V apartado 5.8).

-Axuda material escolar (capítulo V apartado 5.9).

1.5. Comisión mixta.

Estará composta por dous representantes do actual comité de empresa e dous representantes da empresa.

As súas funcións serán as de velar polo cumprimento das estipulacións contidas no presente convenio e clarexar cantas dúbidas que ó respecto poidan xurdir.

Pola empresa

Carlos Oliete Fernandez

Perfecto R. Trillo Trillo

Polo comité:

Juan L. Mouzo Lago

Francisco Javier Paz Regueira

Capítulo II

Réxime e condicións de traballo

2.1. Xornada de traballo.

Para 1997-1998-1999 a xornada será de 40 horas semanais, equivalentes como máximo a 1.752 horas anuais.

Para o persoal técnico-administrativo, consideraranse festivos non recuperables tres días ó ano, dous dos cales serán o 24 e 31 de decembro, sempre que non coincidan en sábado ou domingo.

2.2. Vacacións.

Establécense 22 días laborais de vacacións ó ano, podendo fraccionarse en dous períodos como máximo.

O período de disfrute destas fixarase de común acordo entre os traballadores e a dirección da empresa en función da actividade productiva.

O traballador coñecerá as datas que lle correspondan un mes antes, polo menos, do comezo do disfrute.

Os días de vacacións serán retribuídos conforme o promedio obtido polo traballador (salario, antigüidade e pluses que correspondan) nos tres últimos meses traballados con anterioridade á data de inicio delas. Ó persoal de quendas incluirase ademais, un día e medio de plus festivo ó remate das vacacións.

Os traballadores que, por necesidade de producción, non poidan desfruta-las vacacións nos meses de xullo, agosto ou setembro, percibirán un complemento de vacacións para 1997 de 5.486 ptas. por día de vacacións, que serán aboadas no mesmo mes en que se desfruten.

2.3. Licencias retribuídas.

A tódolos traballadores que o soliciten e, logo da xustificación da súa necesidade, seralles concedida licencia sen perda de retribución polos seguintes motivos:

a) Por matrimonio: 15 días naturais.

b) Por matrimonio de fillos e irmáns: 1 día.

c) Por parto de esposa: 3 días naturais que se ampliarían a 2 máis, se non existe un centro hospitalario adecuado na zona.

d) Por enfermidade grave de pais, avós, fillos e cónxuxe; pais, avós e fillos políticos: 2 días naturais que poderán ampliarse ata 3 máis, cando o traballador necesite efectuar un desprazamento para o efecto, debendo xustificarse a gravidade e tempo de ausencia.

e) Por morte de pais, avós, fillos, irmáns, netos, conxuxe; pais, avós, fillos e irmáns políticos: 3 días naturais que poderán ampliarse ata 2 máis cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto.

f) Por morte de curmáns, tíos e sobriños en primeiro grao: 1 día.

g) Por traslado de domicilio habitual: 1 día.

h) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

i) Polo tempo necesario para consulta médica de especialista logo do coñecemento do servicio médico da empresa.

2.4. Permisos.

Os traballadores inscritos en cursos organizados en centros oficiais ou recoñecidos polo Ministerio de Educación e Ciencia ou Traballo para a obtención dun título académico a teor da Lei xeral de educación, teñen dereito nos termos que se establecen:

a) Os permisos polo tempo necesario para concorrer a exames finais e demais probas de aptitude,

nución ningunha dos seus dereitos laborais, nin das retribucións que por calquera concepto viñese percibindo.

b) A presta-los seus servicios no caso de que asistan ós cursos que se sinalan anteriormente e na empresa haxa varias quendas de traballo, naquel que mellor facilite o cumprimento das súas obrigas escolares.

2.5. Promoción do persoal.

A promoción do persoal suxeitarase ó réxime seguinte:

Ás categorías que impliquen funcións de mando ou confianza, tales como: técnicos titulados, contramestres, encargados, capataces, xefes administrativos, gardas xurados, etc., serán de libre designación pola empresa.

Cando exista unha vacante para cubrir nas categorías de oficiais administrativos ou obreiros, anunciarase no taboleiro de anuncios a existencia das ditas vacantes e a convocatoria ás probas de aptitude que correspondan.

Ás probas poderá presentarse todo o persoal que así o desexe e que sexa de categoría inmediata inferior. A dirección confeccionará os programas necesarios sobre dos temas e materias que sexan materia de exame nas probas cualificatorias, que serán sometidas a coñecemento e suxestións do comité de empresa antes da súa fixación definitiva.

A comisión examinadora estará composta por catro membros: dous serán elexidos polo comité de empresa e outros dos serán elixidos pola dirección.

En igualdade de resultados nas probas de cualificación darase preferencia para ocupa-la praza ó candidato con maior antigüidade na empresa.

Para o resto das categorías profesionais, os ascensos produciranse, dentro das vacantes existentes, tendo en conta a formación, méritos e antigüidade do traballador, todo iso sen prexuízo das facultades organizativas da empresa.

Co fin de promociona-lo emprego xuvenil, contrataranse durante os tres meses de verán, os oito alumnos de FP-2 que ó fin de curso obtivesen as mellores notas nas ramas de electricidade, motores, mecánica, secretariado, no centro de formación profesional de Cee. En caso de que non se cubran as prazas poderán ser substituídos por fillos de productores con estudios adecuados.

Para estos alumnos queda fixado o salario para 1997 en 142.913 ptas./brutas, mensuais para os mecánicos-electricistas, e 129.584 ptas./brutas mensuais para os administrativos.

2.6. Pezas de roupa.

Será de aplicación a normativa de réxime interno, emitida polo Comité de Seguridade e Saúde.

A calidade das pezas de roupa será revisada polo Comité de Seguridade e Saúde.

Capítulo III

Conceptos retributivos

3.1. Salario base.

O salario base para cada categoría profesional será incrementado no IPC previsto durante os anos 1997-1998-1999 máis 1% e servirá de base para o cálculo dos pluses de antigüidade, nocturnidade, etc.

3.2. Antigüidade.

Computarase a razón do 5% por cada quinquenio vencido, calculado sobre o salario base de cada categoría.

Ós aprendices computaráselles a antigüidade desde o seu ingreso na empresa.

3.3. Plus compensación.

Este plus aboaráselle a todo o persoal con contrato de traballo en vigor con anterioridade o 1-12-1992.

O dito plus, que será de carácter individual, foi creado para compensa-la supresión dos antiguos beneficios sociais de que desfrutaba individualmente cada traballador do cadro de persoal (economato, préstamos, apartamentos, etc.).

Este plus será para 1997 de 56.883 ptas. brutas mensuais e non poderá ser absorbido nin compensado pola empresa.

3.4. Plus de posto de traballo.

Para 1997 os actuais pluses de posto de traballo incrementaranse no IPC previsto máis 1%.

Existen unhas táboas de posto de traballo para a fábrica de Cee e outras para a fábrica de Dumbría e responderán á finalidade de que, a igualdade de posto de traballo e categoría profesional, lles corresponda o mesmo importe.

O persoal que traballe 9 meses continuados nun mesmo posto de traballo e por necesidades de producción sexa obrigado a mudar de posto, terá dereito a percibilo durante os 3 meses seguintes.

O persoal de nova incorporación percibirá por plus posto de traballo a cantidade establecida para o centro de Cee, indistintamente que traballe nun centro ou no outro.

3.5. Plus nocturno.

Tódolos traballadores con dereito a percibi-lo plus de nocturnidade, recibirán por este concepto o 25% do seu salario base.

3.6. Plus quenda rotativa.

Queda establecido para 1997 un plus de quenda rotativa de 13.957 ptas. mensuais para o persoal que traballe a quendas. Este plus cobrarano todos aqueles que non libren sábados ou domingos e as correquendas.

O persoal que traballe ó ano 9 meses como mínimo a quendas terá dereito a cobrar este plus os tres meses restantes.

3.7. Plus xefe de equipo.

Aboaranse por este concepto en 1997 as seguintes cantidades:

-Oficial 1ª: 20.954 ptas. mensuais.

-Oficial 2ª: 20.665 ptas. mensuais.

-Oficial 3ª: 20.335 ptas. mensuais.

-Especialista: 20.256 ptas. mensuais.

3.8. Plus festivo.

Os traballadores con xornada continuada de oito horas, cando lles coincida traballar en festivo, percibirán por este concepto o equivalente a oito horas extras.

3.9. Pagas extraordinarias.

Aboaranse anualmente dúas gratificacións extraordinarias que se farán efectivas nos meses de xullo e decembro.

Consistirán no aboamento de trinta días de salario base e o plus de antigüidade, se é o caso.

Ratearanse en proporción ó tempo traballado por semestres naturais do ano en que se outorguen.

3.10. Horas extraordinarias.

Entenderase por horas estructurais as necesarias por ausencias imprevistas, cambios de quenda derivados da natureza do traballo de que se trate e avarías que afecten ó funcionamento normal en: subministracións de enerxía, materias primas, unidades e saída de productos.

Entenderase por horas extras de forza maior as derivadas pola necesidade de reparar sinistros, reparación de liñas eléctricas ou outros danos extraordinarios e urxentes que poidan afectar gravemente ó funcionamento das instalacións.

En caso de que o 40% do cómputo anual de horas extraordinarias fora superior á xornada anual establecida, contratarase un traballador fixo do cadro de persoal por xornada normal superada.

3.11. Retribucións varias: gobeletes, virolas, chamadas.

Gobeletes: o persoal dedicado a preparación de gobeletes, percibirá por cada un a cantidade de 1.941 ptas. no 1997.

Virolas: o persoal dedicado a colocación de virolas, percibirá a cantidade de 1.424 ptas., por cada unha delas no 1997.

Chamadas, cambios de quenda, comidas, vacacións:

-Persoal que traballa normalmente a quendas.

1º. Cambio dunha quenda a outra ou substitucións temporais, tales como vacacións, baixas, etc.

Dun a tres días: unha chamada.

Máis de tres días: dúas chamadas. Unha cando cambia e outra ó volver á súa xornada.

2º. Ó traballador que se lle cambie a quenda por circunstancias especiais, con menos de doce horas de descanso, tendo feito a quenda completa anterior, daráselle a equivalencia a tres chamadas.

3º. Cando por causa de forza maior haxa unha parada no forno non programada e o persoal teña que ir de vacacións e non se poida avisar con máis dunha semana de antelación, pagaráselle unha chamada ó ir e outra ó volver. De coincidir en verán, a bolsa de vacacións correspondente a eses días será a de complemento de vacacións.

-Persoal que traballa normalmente en xornada partida.

1º. Cambio a quendas por avarías, reparacións, etc.

a) Se o cambio é dun a tres días: unha chamada.

b) Se o cambio é por máis de tres días: substitúese a chamada por 916 ptas. por día de cambio no 1997.

c) Os equipos de mantemento ó volver á súa xornada normal, os que teñan que saír ás seis da mañá, farano ás catro da mañá e volverán ás dúas da tarde para facer media xornada.

2º. Ó persoal de báscula aboaráselle 916 ptas. por día de cambio no 1997.

-Chamadas por realización de horas extras.

1º. Cando o traballo non é continuado:

a) En tódolos casos pagarase unha chamada e as horas extras realizadas.

b) Se se chama e acaba o traballo antes das dúas da mañá, ten que vir á súa xornada normal ó día seguinte.

c) Se é chamado entre as doce da noite e as seis da mañá, descansará a xornada completa do día seguinte, se fai máis de cinco horas. En caso de que o día seguinte fose sábado ou festivo pagaránselle tres chamadas, sempre que faga seis horas extras ou máis. Se fai menos de cinco horas, descansará media xornada.

d) Si é chamado despois das seis da mañá, terá que face-la xornada completa do día seguinte.

2º. Cando o traballo é continuado:

a) Cando pase de tres horas, pagarase media chamada.

b) Traballadores de xornada partida que teñan que continuar facendo horas extras ata despois das doce da noite, descansarán a mañá do día seguinte. No caso de que pase das dúas da mañá, descansarán o día seguinte completo.

c) Hora de comida: darase a comida, se supera as dúas, e unha hora extra.

d) Tarde: se vai continuar traballando ata as dez da noite, darase bocadillo e bebida refrescante. En caso de pasar das dez da noite, daráselle a cea.

3º. Persoal en vacacións:

O persoal que estea desfrutando vacacións e por causa de forza maior, sexa chamado a realizar horas extras, recibirá unha chamada por cada hora extra realizada, cun máximo de oito.

-Cambio de hora oficial.

O persoal a quendas que lle coincida en traballo, a noite de cambio de horario e por este motivo a

súa garda sexa de nove horas, percibirá media chamada.

-Cambios de fábrica.

Cambio de fábrica de Dumbría á fábrica de Cee. Estudiarase en cada caso.

-Persoal de xornada partida.

Por cada hora extra realizada os días 15 e 16 de agosto, darase unha chamada, cun máximo de oito.

-Persoal a quendas.

O persoal que sexa chamado para facer horas extras, en días francos, que coincidan cos festivos do 15 e 16 de agosto, daráselle unha chamada por cada hora realizada, cun máximo de oito.

Aboarase por cada chamada a cantidade de 1.565 ptas. no 1997.

3.12. Plus de condicións especiais.

Este plus incluirá: plus voluntario, plus distancia e os casos excepcionais de plus Dumbría.

O dito plus manterá os mesmos aumentos có convenio, non sendo absorbible mentres persistan as mesmas condicións.

3.13. Revisión salarial.

Durante os anos 1997-1998-1999 garántese unha suba salarial consolidable do IPC real do ano máis un 1%, en tódolos conceptos retributivos.

Unha vez coñecido o IPC real do ano, farase unha revisión salarial de tódolos conceptos retributivos en función do exceso sobre a subida xa efectuada, con carácter retroactivo a xaneiro do 1997-1998-1999, e aboarase nunha soa paga.

Capítulo IV

Fondo de pensións

4.1. Xubilación-invalidez-viuvez persoal en activo-viuvez persoal pasivo-orfandade.

Tódolos traballadores do centro de traballo de Cee-Dumbría e centrais hidroeléctricas, no momento da compra deste centro por Ferroatlántica, S.L., tiñan garantida a cobertura social a través do regulamento do Plan de Pensións formalizado na S.E. de Carburos Metálicos, S.A., segundo acta da comisión promotora del, na data do 17 de outubro de 1990 e posta en marcha o día 31 de decembro de 1990, segundo establece o R.D. 1307/1988, de data 30 de setembro e Lei 8/1987, do 8 de xuño, de regulación dos plans e fondos de pensións.

No momento da compra deste centro de traballo por Ferroatlántica, S.L., esta subrógase en todos estes dereitos e obrigas e crea o Plan de Pensións de Ferroatlántica, S.L., que entra en vigor o 1 de decembro de 1992.

Tódolos traballadores fixos en Dec.-92 de Ferroatlántica S.L., das fábricas de Cee, Dumbría e centrais hidroeléctricas que pertenzan ó Plan de Pensións de Ferroatlántica S.L., teñen garantido a través del, como mínimo, o cumprimento dos puntos que facían referencia á xubilación, viuveza, invalidez e orfandade no antigo fondo de previsión que estivo vixente ata o ano 1990, por pactos ó convenio.

Para garantir estes acordos traspasaranse os dereitos consolidados dos traballadores ó novo Plan de Pensións de Ferroatlántica, S.L. nas condicións recollidas no regulamento do dito plan. Tamén farán unhas contribucións mensuais por partícipe, creando así un sistema de financiamento cunhas condicións que son as recollidas no Regulamento do plan de pensións no título terceiro e que abrangue os artigos 13, 14, 15 e 16.

Tódalas melloras en achegas económicas ou outros conceptos que adicionalmente faga a empresa ó Plan de Pensións de Ferroatlántica, S.L., quedarán automaticamente incorporados a este convenio.

Todo aquel persoal da empresa que non teña adquirido o dereito de adhesión ó Plan de Pensións de Ferroatlántica, S.L., segundo establecido no seu regulamento, terá a mesma cobertura social indicada no enunciado neste artigo a través dunha póliza de seguros colectiva, sendo o custo da prima correspondente por conta da empresa.

Esta póliza terá que cubrir tamén nos mesmos supostos do parágrafo anterior ós traballadores que aínda pertencendo ó novo plan de pensións, non acumularan no momento do feito causante, suficiente capital para garantirlle a pensión que lle correspondese no antigo fondo de previsión, para o que se usarán as mesmas fórmulas e bases que se utilizan para calcula-la pensión de invalidez e que veñen marcadas no artigo 28 do Regulamento do fondo e no artigo 4.2 deste convenio.

A empresa e o comité comprométense a estudiar, durante a vixencia do presente convenio, as achegas que a empresa deba efectuar ó fondo de pensións, para o persoal de nova contratación con dereito a pertencer ó fondo de pensións, de forma que estas sexan inferiores ás dos partícipes actuais. En ningún caso se lles garantirá a cobertura do fondo de previsión anterior ó fondo de pensións.

4.2. Incapacidade temporal.

Durante a incapacidade temporal a empresa seguirá contribuíndo polo traballador ó fondo de pensións, tal como marca o Regulamento do Plan de Pensións de Ferroatlántica, S.L., utilizándose, como salario regulador, o mesmo que tiña o traballador en activo.

4.3. Invalidez permanente.

O traballador afecto de invalidez permanente ou incapacidade temporal despois dos primeiros 18 meses, percibirá o mesmo complemento que se fixou para a xubilación. O complemento anual calcularase por aplicación das seguintes porcentaxes, sobre a base reguladora de cada traballador en función dos anos de servicio na empresa.

Con menos de 12 anos completos de servicio: 25%.

Con 12 anos completos ou máis, ata 21 anos completos de servicio: 40%.

Con 22 anos completos ou máis, ata 31 anos completos de servicio: 50%.

Con máis de 31 anos completos de servicio: 55%.

A base reguladora será, para cada traballador, a diferencia entre o salario bruto percibido nos doce

meses anteriores a data da invalidez, por xornada normal de traballo, e o importe da prestación que lle corresponda percibir da Seguridade Social.

En ningún caso o complemento da empresa poderá supera-lo 25% da prestación que lle corresponda da Seguridade Social. Exceptuando, para asegura-lo 60% do salario bruto percibido polo traballador nos doce meses anteriores á data da invalidez.

No caso de invalidez permanente total, esta percepción queda suxeita a que a empresa non lle ofreza un posto de traballo acorde coa súa capacidade.

Capítulo V

Acción social

5.1. Persoal con capacidade diminuída.

Ó persoal que lle sexa recoñecida, ben polo organismo competente ou polo Servicio Médico de Empresa, unha diminución da súa capacidade para o desenvolvemento do seu traballo habitual, a empresa destinarao a un posto de traballo acorde coa súa capacidade.

5.2. Complemento por baixa: accidente ou enfermidade.

A todo o persoal pertencente a Ferroatlántica, S.L. en Dec.-92 que cause baixa por accidente ou enfermidade, a empresa complementará ata o 100% do seu salario habitual cun máximo de 18 meses.

Todo o persoal dado de alta con posterioridade a decembro do 1992, percibirá, en caso de enfermidade, o 90% dos conceptos fixos (S. base e P. traballo), salvo hospitalización ou accidente laboral no que cobrará o 100% dos ditos conceptos.

Para percibi-lo complemento de accidente será necesario o informe do Comité de Seguridade e Saúde sobre o dito accidente en materia de utilización de pezas de roupa de seguridade e condicións en que se produciu.

Sen que estea no ánimo da empresa restrinxi-lo pagamento do complemento de enfermidade e si perseguir ata onde sexa posible a fraude, este complemento perderase cando se produzan algunhas das seguintes circunstancias:

1) Non ter á empresa puntualmente informada dos partes de baixa, alta e os semanais de confirmación, que salvo casos especiais, deberán ser entregados persoalmente.

2) Non presentarse de maneira inxustificada ós controis, tanto no domicilio como no botiquín, que o servicio médico solicite realizar para segui-la evolución da enfermidade.

3) Desatende-las prescricións médicas e tratamentos durante o período de baixa, incluídas as recomendacións do médico de empresa.

4) Cando dos controis e inspeccións realizadas, das que previamente será informado o Comité de Empresa, resulte demostrado de maneira evidente, e non só a criterio médico, que o traballador non se encontra impedido para o cumprimento dos deberes laborais.

5) No caso de discrepancia entre os distintos informes médicos, con relación á continuidade da baixa, resolverá a Inspección Médica da Seguridade Social e se do dictame desta, se desprendese que a baixa era improcedente, perderase o complemento desde o momento en que se iniciou o trámite de inspección.

5.3. Premio de nupcialidade.

O persoal percibirá no 1997 a cantidade de 53.474 ptas. no caso de atoparse en activo e ter una antigüidade mínima dun ano.

De non alcanza-la dita antigüidade, o premio quedará reducido a 26.737 ptas.

5.4. Premio de natalidade.

Establécese un premio de 33.910 ptas. no 1997 co motivo do nacemento de cada fillo.

5.5. Premio de vinculación.

Establécese un premio de vinculación á empresa en función dos anos de servicio prestados a esta, de acordo coa seguinte escala:

Escalón 1. Ós 20 anos de servicio continuado, unha mensualidade de salario real (S. base, antigüidade, posto de traballo, plus voluntario e plus compensación).

Escalón 2. Ós 31 anos de servicio continuado, dúas mensualidades e media de salario real. A partir de 1998 queda fixado en 30 anos.

En caso de xubilación cobrarán este premio aqueles traballadores que no momento de xubilarse teñan 30 ou máis anos anos de servicio continuado, se non o cobrara.

5.6. Premio de xubilación.

Ó xubilarse ou pasar á invalidez permanente, o traballador percibirá no ano 1997 unha cantidade resultante de computar 12.131 ptas. por ano de servicio activo e continuado na empresa, suxeita á condición de que a dita xubilación se realice ó cumpri-los 65 anos de idade ou antes desa idade; ou de ser superior, o seguinte premio: unha mensualidade por cada quinquenio ata un máximo de cinco.

5.7. Axudas especiais.

Os traballadores en activo ou pasivo que teñan ó seu cargo fillos calquera que sexa a natureza legal da afiliación, ou outros descendentes ou irmáns seus ou do seu cónxuxe que teñan a condición de diminuído físico ou psíquico, imposibilitados para o traballo, no 1997 percibirán 24.423 ptas. mensuais por cada causante, máis 16.747 ptas., no caso de estar escolarizado.

Entendárase por minusvalidez física a imposibilidade de valerse por si mesmo para a realización das funcións elementais da vida.

Considerarase a existencia de minusvalidez psíquica cando esta fose declarada e recoñecida pola Seguridade Social.

Aboaranse en ámbolos casos, aínda percibindo a subvención legal que estea establecida.

Por contra, non se procederá ó aboamento cando se perciba pensión da Seguridade Social.

Esta axuda especial só a percibirá o persoal dado de alta en Ferroatlántica en Dec.-92.

5.8. Lote de Nadal.

Establécese unha achega da empresa por este concepto de 12.000 ptas. por cada traballador, xubilados, viúvas e persoal en longa enfermidade percibíndoa só o persoal pertencente a Ferroatlántica, S.L. en Dec.-92.

O comité de empresa será o competente na súa confección e distribución e será por conta da empresa o IVE.

5.9. Axuda material escolar.

Establécese o seguinte sistema de axuda de material escolar para o curso 1996-1997.

-Xardín de infancia: (desde 2 a 4 anos cumplidos no ano natural da súa concesión)

-Preescolar e 1º de EXB: 14.652 ptas./ano.

-De 2º a 8º de EXB, BUP, COU, FP e ESO: 16.748 ptas./ano.

-Estudos medios: 69.779 ptas./ano.

-Estudos superiores: 104.668 ptas./ano.

En FP sempre que non exista na comarca a rama que se desexe estudiar e teña que desprazarse, considérase a axuda como de estudios medios. Igualmente terán dereito os traballadores que, a título individual, realicen estudios relacionados coa súa labor na empresa.

Para EXB, BUP, COU, FP e ESO, permitirase unha soa repetición por curso.

Os traballadores que cursen estudos de EXB (1º a 8º), BUP, COU, FP, escolas oficiais de idiomas, artes aplicadas e estudios de grao medio e superior, percibirán por cada curso 20.934 ptas./ano, logo da presentación do certificado de matrícula.

Se un traballador iniciase uns estudos determinados e desistise deles para iniciar outro tipo de estudios, sen ter rematado os primeiros, só poderá solicitar axuda para estes novos estudios, despois de transcorrer un ano desde a concesión da axuda anterior.

No caso de xubilados, persoal en longa enfermidade e viúvas de traballadores que faleceron en activo ou en longa enfermidade, os seus fillos, teñen dereito á dita axuda, na mesma contía cós fillos de traballadores en activo.

Esta axuda soamente a percibirá o persoal pertencente a Ferroatlántica, S.L. en Dec.-92.

5.10. Indemnización por defunción.

En caso de falecemento dun traballador, xa sexa por causas naturais ou accidente dentro ou fora das súas horas de traballo, os seus dereitohabentes percibirán no 1.997 a cantidade de 1.950.316 ptas., máis 487.579 ptas. por cada fillo que estea ó seu cargo.

Os traballadores poderán designar por escrito ó beneficiario da dita cantidade. No caso de non facelo, a indemnización entregarase ós seus dereitohabentes.

Para os traballadores que pasen a situación de invalidez, esta cobertura manteráselle durante os períodos seguintes:

a) Traballadores a partir de 55 anos ata 60 anos, ou como mínimo, durante o primeiro ano de invalidez.

b) Traballadores menores de 55 anos: terán dereito a esta cobertura durante o primeiro ano de ter pasado a situación de invalidez.

5.11. Privación de liberdade.

Todo persoal que sufra privación de liberdade que lle impida acudir a xustifica-la súa ausencia ó traballo por un período máximo de dez días, conservará tódolos dereitos que desfrutaba antes da súa privación de liberdade.

Mentres se atope en tal situación considerarase en situación de permiso non retribuído, sendo admitido automaticamente por petición do traballador.

5.12. Subvención ó comité.

Establécese no 1997 a cantidade de 7.641 ptas. anuais por cada traballador en activo a 31-12-1996 que se farán efectivas no 1º semestre e serán utilizadas en casos sociais, gastos do comité e tamén para incrementalos paquetes de Nadal. Tamén se establecen 2.293 ptas. por cada persoa pasiva a 31-12-1996 que serán empregadas unicamente nos paquetes de Nadal.

Capítulo VI

Saúde laboral

6.1. Servicios sanitarios.

Este servicio estará cuberto polo médico de empresa, dous ATS (un para a fábrica de Cee e outro para a fábrica de Dumbria) e unha ambulancia.

6.2. Comité de Seguridade e Saúde.

O Comité de Seguridade e Saúde das fábricas de Cee-Dumbría estará composto por seis membros, tres deles elixidos pola dirección e tres elixidos polo comité de empresa.

Será función do dito comité promove-la observancia das disposicións en materia de saúde laboral no traballo, así como estudar e propoñer medidas que estime oportunas en orde á prevención de riscos profesionais e cantas sexan convenientes para a debida protección da vida e saúde dos traballadores.

Os membros do comité disporán, para o exercicio das súas funcións de 10 horas mensuais, dentro da xornada laboral.

A empresa, cada dous anos por mediación, do organismo competente do Ministerio de Traballo, instará ó recoñecemento ambiental por áreas ou zonas de

traballo, coa presencia de dous membros do comité elixidos polos traballadores. Se no dito recoñecemento se detectasen niveis non aceptables, a empresa fixará un prazo para a súa eliminación e informará ó Comité de Seguridade e Saúde do curso dos traballos de corrección que se efectúen.

A empresa informará ó Comité de Seguridade e Saúde dos casos que se poidan presentar dos traballadores afectados por enfermidades profesionais, procedendo a investiga-las causas que as motivaron, para a súa oportuna corrección, así como a destinar ó traballador afectado a outro posto de traballo acorde coa súa categoría profesional e condición física.

A empresa para o ano 1997 pon a disposición do Comité de Seguridade e Saúde a cantidade de 1.950.315 ptas. para subsidia-las necesidades en materia de saúde laboral non previstas no orzamento xeral e postas de manifiesto polo comité. Para a utilización da dita cantidade será dabondo a conformidade de tres membros do Comité de Saúde Laboral, que un deles, como mínimo, terá que ser dos elixidos polo comité de empresa.

Capítulo VII

Outras disposicións

7.1. Cobramento de salario.

Os traballadores que perciban as súas retribucións por talón ou transferencia bancaria, que o seu horario e/ou proximidade entre o centro de traballo e a entidade bancaria pola que se efectúa o pagamento, no lles permita percibi-lo seu salario fóra da súa xornada laboral, disporán de media hora, que será fixada entre os tres primeiros días en que a transferencia estea a disposición do traballador, logo de solicitude ó seu xefe de departamento.

7.2. Asembleas e información.

Os traballadores terán dereito a convocar por parte do comité de empresa ou ó menos un 25% do cadro de persoal cantas asembleas crean conveniente, as cales se celebrarán dentro do respectivo centro de traballo.

Estas asembleas estarán presididas polo comité de empresa de forma colexiada e a elas poderán asistir unicamente os integrantes do cadro de persoal da empresa.

Estas asembleas poderán celebrarse en horas de traballo cun máximo de 6 horas anuais.

Os membros do comité de empresa poderán, con cargo ó crédito de horas mensuais retribuídas, dar información ou atender calquera consulta de temas laborais.

O persoal que deba consultar cos seus representantes disporá, en horas de traballo e sen merma ningunha das súas percecións, dun tempo prudencial para realiza-la consulta, notificando a ausencia momentánea do seu posto de traballo.

7.3. Vacantes de persoal.

Das vacantes de persoal darase preferencia ós traballadores que foran eventuais na empresa, de acordo co tempo que traballaron e polos fillos de traballadores en activo, xubilados ou falecidos.

De tódolos contratos que se realicen o comité terá información previa.

7.4. Cota sindical.

Cando se solicite, por requirimento dos traballadores afiliados a un sindicato, o desconto da súa cota sindical a través de nómina, a dirección deste centro de traballo poñerá as máximas facilidades para a súa recadación ata que non reciba comunicación en contra por parte de calquera dos traballadores ós que se lle efectúe a dita retención.

7.5. Comedor social.

Ferroatlántica, S.L. mantén un comedor social que é para uso dos seus traballadores, participando a empresa nos gastos de comida nun 80%, sendo o 20% restante por conta do traballador.

7.6. Axudas de custo.

O persoal que, por conta de empresa, deba efectuar desprazamentos, percibirá no 1997 en concepto de axudas de custo a cantidade de 3.278 ptas. por día de traballo, cando se cumpra pernoctar fóra do lugar de residencia, e 1.675 ptas. no caso contrario, ambos supostos independentemente do aboamento pola empresa dos gastos de locomoción, aloxamento e mantenza.

Cando se dese a circunstancia de que nos períodos de desprazamento ou estancia se incluíse algún festivo, as cantidades incrementaranse nun 100% para estes días festivos.

Quedan excluídos aqueles empregados que o seu posto de traballo implique desprazamentos periódicos para os cales seguirá en vigor o réxime actual de gastos supridos e aqueles traballadores que efectúen os desprazamentos dentro da xornada normal de traballo.

7.7. Contratos.

Dadas as características específicas do sector de ferroaleacións, os contratos de traballo de duración determinada, poderán ampliarse tal como prevé o R.D. 1/1995, do 24 de marzo, no capítulo II, artigo 15, apartado b).

Ano 1997

CategoríaSalario base

Director217.509
Enxeñeiros/licenciado191.698
Peritos e asimilados185.399
Xefe taller172.112
Mestre taller161.341
Xefe 2 Admón.167.631

CategoríaSalario base

Contramestre161.341
Oficial 1ª Admón.159.695
Encargado153.854
Delineante159.695
Capataz especialista149.402
Almaceneiro146.549
Analista 1ª Lab.159.695
Oficial 1ª151.444
Oficial 2ª Admón.153.854
Analista 2ª Lab.153.854
Chofer camión150.693
Chofer turismo149.272
Oficial 2ª149.359
Aux. Admón.147.931
Aux. laboratorio147.931
Oficial 3ª146.961
Vixilante144.509
Especialista146.392

Postos traballo 1997

PostoCeeDumbría

Almacén10.50224.412
Almaceneiro11.621
Analista 1ª47.931
Analista 2ª36.208
Aux. Admón.10.50224.412
Aux. laboratorio10.50224.412
Aux. boca23.26537.175
Boca24.38138.291
Briquetas16.436
Capataz enerxía45.689
Capataz fornos52.94766.857
Capataz peirao18.825
Capataz Prod. Term.31.62445.534
Centrais H.11.621
Centrais mantemento22.470
Contramestre52.94766.857
Contramestre enerxía45.689
Gobeletes22.47036.380
Chofer11.62125.531
Chofer camión e guindastre10.50224.412
Chofer turismo13.41627.326
Delineante 1ª35.495
Dosificación19.82733.737
Enfriadeiro18.87932.789
Especialista canteiro21.29035.200
Guindastre pórtico21.290
Gardián10.50224.412
Xefe briquetas17.293
Xefe pasta27.285
Limpeza10.50224.412
Limpeza 5 horas 6.564
Machacadora24.38138.291
Maqu. dango29.72843.638
Montaxe18.87932.789
Peirao21.547
Oficial 1ª Admón.26.320
Oficial 2ª Admón.22.16136.071
Oficial canteiros29.09643.006

PostoCeeDumbría

Oficial mantemento29.72843.638
Palista14.44028.350
Pasta17.293
Prod. Term. Dumbría24.38138.291
Pte. guindastre colador24.38138.291
Pte. guindastre Mat. primas19.92733.737
Pupitre19.82733.737
Subestación17.123
Corte10.502

1751