Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 1997 Páx. 2.539

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 7 de marzo de 1997 pola que se modifica parcialmente a do 27 de decembro de 1996, pola que se aproban os plans de explotación xeral marisqueira para o ano 1997.

O Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo e extracción de algas establece no seu artigo 4 un prazo para a presentación, por parte das entidades, dos correspondentes plans de explotación, como trámite previo para a aprobación do plan xeral de explotación marisquera que rexerá para cada exercicio. De acordo con isto aprobouse a Orde do 27 de decembro de 1996, na que non puideron incorporarse os relativos ás confrarías de Ferrol, O Pindo e Cariño debido a determinados problemas de orde interna das confrarías que impediron presentar dentro do prazo as súas propostas.

Despois de presenta-las citadas propostas, faise necesaria a súa aprobación e incorporación o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o ano 1997.

En virtude das atribucións que teño concedidas:

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícanse parcialmente os artigos 1 e 3 da Orde do 27 de diciembre de 1996.

Artigo 1º

Entre a confraría de Barallobre e a confraría de Cariño, debe figurar:

Confraría de Ferrol.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: a pé: 96, a flote: 181.

Puntos de control: embarcacións de vixilancia, lonxa da Gándara e da Malata.

Puntos de venda: lonxas da Gándara e da Malata.

Épocas probables de extracción:

-A pé: de xaneiro ó 25 de abril, de xullo ó 30 de decembro.

-A flote: xaneiro, febreiro, marzo, abril, xullo, agosto, setembro, novembro e decembro.

Artigo 3º

A continuación do plan de ameixa fina da confraría de pescadores de Lira, engadirase:

Plan de moluscos da confraría do Pindo.

Días máximos de extracción: 63.

Puntos de control e venda: Berberecheira e camiño do Loureiro.

Épocas probables de extracción: xuño, xullo e agosto.

A continuación do plan da confraría de Cedeira, engadirase:

Plan de moluscos da confraría de Cariño.

Días máximos de extracción: 67.

Puntos de control: Fornelos, Puntal e Figueiroa.

Puntos de venda: lonxa de Cariño.

Épocas probables de extracción: de febreiro a decembro.

Así mesmo no artigo 3.-Plans específicos en zonas de libre marisqueo, débese face-la seguinte corrección:

Na páxina 81, no plan conxunto de coquina da confraría do Vicedo e da confraría do Barqueiro.

Onde dí: días máximos de extracción: 30.

Debe dicir: días máximos de extracción: 60.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facultase o director xeral de Marisqueo e Acuicultura, para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1997.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

744