Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 1997 Páx. 2.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1997 pola que se anuncia o concurso público aberto para a contratación dunha subministración de impresos contables, preimpresos e papel de fotocopiadora con destino ós servicios centrais e delegacións territoriais.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso público polo procedemento aberto, para a contratación dunha subministración de impresos contables, preimpresos e papel de fotocopiadora con destino ós servicios centrais e delegacións territoriais, as características básicas da contratación son as seguintes:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, San Caetano, 15704 Santiago de Compostela, Tfno. 54 41 34. Expediente 3/1997.

2. Obxecto do contrato: subministración de impresos contables, preimpresos e papel de fotocopiadora con destino ós servicios centrais e delegacións territoriais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Lote I: impresos contables: catro millóns oitocentas mil ptas. (4.800.000).

Lote II: preimpresos: dous millóns seiscentas cincuenta mil ptas. (2.650.000).

Lote III: papel fotocopiadora: once milóns (11.000.000).

Importe total: dezaoito millóns catrocentas cincuenta mil pesetas (18.450.000 ptas.) IVE incluído.

5. Garantía provisional.

Lote I: noventa e seis mil pesetas (96.000 ptas.).

Lote II: cincuenta e tres mil pesetas (53.000 ptas.).

Lote III: duascentas vinte mil pesetas (220.000 ptas.).

6. Obtención da documentación e información: nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, no edificio administrativo San Caetano, s/n, C.P. 15704. Santiago de Compostela, Tlfo. 54 41 34, Telefax 54 41 25.

A data límite de obtención da documentación e información será a fixada para o prazo de presentación das proposicións.

7. Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberanse presentar en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo San Caetano, s/n C.P. 15704, Santiago de Compostela.

8. Apertura de ofertas: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores ou os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 10 horas do quinto día, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

1718