Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 1997 Páx. 2.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/363-4).

Ós efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Cocarga, S.L.

Enderezo social: Penarada, 36680 A Estrada.

Denominación: central de coxeración en Penarada.

Situación: A Estrada.

Descricións técnicas: dous grupos motoxeradores de 1.200 kVA cada un, xunto co equipo de recuperación do calor, almacenamento de combustible de 75.000 litros. Sistema de control protección e interconexión eléctrica á rede.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 27 de febreiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1014