Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 1997 Páx. 2.505

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1997 pola que se modifica o texto do anexo I á Resolución do 29 de maio de 1996, pola que se fai público o convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o Instituto de Crédito Oficial (ICO) e as entidades financeiras e o texto do anexo I á Resolución do 22 de maio de 1996, pola que se fai público o convenio de apoio financeiro para a renovación da flota galega subscrito con distintas entidades financeiras.

Co obxecto de adapta-la liquidación de xuros á operativa do contrato de financiamento subscrito polo ICO e as entidades financeiras e de simplifica-la xestión da liquidación da subsidiación, é necesario face-las oportunas modificacións na cláusula 10ª, liquidación do convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas finan

ciado polo Igape, o ICO e as entidades financeiras e na cláusula 9ª, liquiedación do convenio de apoio financeira para a renovación da flota galega subscrito con distintas entidades financeiras.

Visto o exposto e de conformidade coas entidades financeiras asinantes dos ditos convenios e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Artigo 1º

Modifícase o texto do anexo I á Resolución do 29 de maio de 1996, pola que se fai público o convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o Instituto de Crédito Oficial (ICO) e as entidades financeiras, publicado no Diario Oficial de Galicia número 123, do 24 de xuño de 1996, co seguinte teor:

1. O texto de apartado a) da cláusula 10ª, liquidación de xuros, subtitúese pola seguinte redacción:

A liquidación da cota de xuro por parte da entidade financeira ó beneficiario efectuarase, ó igual cás

amortizacións, semestralmente, calculándose os xuros en función do capital vivo ou capital disposto.

Para préstamos a xuro fixo, o devengo de xuros será por días comerciais, con liquidacións semestrais que comezarán a computarse desde o primeiro día 15 inmediato posterior á data de disposición. Por conseguinte, o primeiro período de liquidación de xuros será irregular e igual ou superior a 6 meses polos días que transcorran desde a data de disposición ata o primeiro día 15.

Para préstamos a tipo de xuro variable, o devengo de xuros será por días naturais, base 365, e a liquidación destes será por períodos semestrais que comezarán a computarse a partir do primeiro día 15 inmediato posterior á data de disposición. Por conseguinte, o primeiro período de liquidación de xuros será irregular e igual ou superior a 6 meses polos días que transcorran desde a data de disposición ata o primeiro día hábil.

2. O texto do parágrafo 9 do apartado b), cláusula 10ª substitúese porla seguinte redacción:

O devengo da subsidiación será por días comerciais para préstamos a tipo de xuro fixo e por días naturais para préstamos a tipo de xuro variable. O primeiro período de liquidación da subsidiación será irregular e computarase polos días transcorridos desde a data de inicio ata o primeiro día 15 correspondente segundo o establecido na cláusula 10ª a).

Artigo 2º

Modifícase o texto do anexo I á Resolución do 22 de maio de 1996, pola que se fai público o convenio de apoio financeiro para a renovación da flota galega subscrito con distintas entidades financeiras, publicado no Diario Oficial de Galicia, número 107, do 31 de maio de 1996, co seguinte teor:

1. O texto do parágrafo 2 do apartado 1 da cláusula novena substitúese pola seguinte redacción:

Para préstamos a xuro fixo, o devengo de xuros será por días comerciais, e para préstamos a tipo variable o devengo de xuros será por días naturais. O cómputo dos días, para a liquidación, realizarase desde a data de disposición, incluída esta.

2. O texto do parágrafo 8 apartado 2 da cláusula novena substitúese pola seguinte redacción:

O devengo da subsidiación será por días comerciais para préstamos a tipo de xuro fixo e por días naturais para préstamos a tipo de xuro variable.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

1798