Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 1997 Páx. 2.478

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 4 de marzo de 1997 pola que se regulan os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal de nova creación na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Coa creación do Rexistro de titulacións na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación e a informatización da xestión das titulacións náutico deportivas, é necesaria a creación do correspondente ficheiro automatizado xestionado polo Servicio de Extensión Pesqueira daquela dirección xeral.

0 artigo 18 da Lei orgánica 5/1992, do 29 de outubro, da regulación do tratamento automatizado dos datos de carácter persoal (Boletín Oficial del Estado nº 262, do 31 de outubro), establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros automatizados das administracións públicas só poderán facerse por medio dunha disposición xeral publicada no diario oficial correspondente.

Co fin de lle dar cumprimento ó mandato legal e garanti-lo pleno exercicio dos dereitos dos cidadáns, e en exercicio das facultades que establece o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Créanse os seguintes ficheiros automatizados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura que conteñen e procesan datos de carácter persoal:

1. Ficheiro do Rexistro de titulacións.

2. Ficheiro de centros autorizados para as ensinanzas da navegación de recreo.

Artigo 2º.-Ficheiro do Rexistro de Titulacións.

l. Finalidade e usos previstos: xestión dos títulos e tarxetas habilitantes para o goberno de embarcacións de lecer.

2. Persoas ou colectivos afectados: persoas candidatas ou en posesión dunha tiulación habilitante para o goberno de embarcacións de lecer en calquera das súas modalidades.

3. Procedemento de recollida de datos: formularios cubertos polo interesado ou datos achegados por outras administracións.

4. Estructura básica e tipos de datos de carácter persoal incluídos no ficheiro:

-Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, enderezo e teléfono.

-Datos de características persoais: estado civil, data e lugar de nacemento, sexo, nacionalidade.

-Datos académicos e profesionais: formación e titulacións, experiencia profesional.

5. Cesión de datos de carácter persoal.

-Dirección Xeral da Mariña Mercante.

-Outras comunidades autónomas con competencia nas titulacións náutico-deportivas.

6. Órganos e servicios da Administración responsables.

A responsabilididade corresponde, baixo a autoridade do secretario xeral, á directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación, sen prexuízo da responsabilidade directa que na xestión e custodia dos ficheiros corresponda ó titular do Rexistro de titulacións. Os dereitos de acceso, rectificación e cancelación poderán ejercerse, se é o caso, perante a directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Artigo 3º.-Ficheiro de centros autorizados para as ensinanzas da navegación de recreo.

l. Finalidade e usos previstos: xestión e seguimento dos centros autorizados e elaboración de estatísticas.

2. Persoas ou colectivos afectados: titulares dos centros autorizados e profesionais que imparten cursos ou presten os seus servicios nestes centros.

3. Procedemento de recollida de datos: formularios cubertos polo centro autorizado coa achega de datos do propio interesado.

4. Estructura básica e tipos de datos de carácter persoal incluídos no ficheiro:

-Datos de carácter identificativo: DNI, nº da Seguridade Social, nome e apelidos, enderezo, teléfono.

-Datos de características persoais: data e lugar de nacemento, sexo.

-Datos académicos e profesionais: formación e titulacións, experiencia profesional, situación laboral.

5. Cesión de datos de carácter persoal.

-Dirección Xeral da Mariña Mercante.

6. Órganos e servicios da Administración responsables.

A responsabilididade corresponde, baixo a autoridade do secretario xeral, á directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación, sen prexuízo da responsabilidade directa que na xestión e custodia dos ficheiros corresponda ó titular do Rexistro de titulacións. Os dereitos de acceso, rectificación e

cancelación poderán ejercerse, se é o caso, perante a directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Disposición adicional

A cesión, se é o caso, dos datos recollidos nos ficheiros regulados na presente orde ós servicios de estatística das administracións públicas someterase á normativa vixente sobre materia estatística.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1997.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

1774