Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 1997 Páx. 2.479

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000123/1997, interposto por Miguel Ángel Enríquez Echevarría.

O 21 de febreiro de 1997 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia polo que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000123/1997, interposto por Miguel Ángel Enríquez Echevarría, contra acordo do director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación y Ordenación Universitaria, do 28-10-1996, sobre denegación de indemnización de gastos de viaxe e mantemento por asistencia a curso de especialización en educación física.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á refe

rida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázaselles para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1997.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

1810