Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 1997 Páx. 2.479

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000256/1997, interposto por Green School, S.L., sobre convocatoria de axudas económicas para o curso 1996-1997 a unidades que escolaricen alumnos de educación infantil.

O día 6 de marzo de 1997 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0000256/1997, interposto por Green School, S.L. contra orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 8 de novembro de 1996 (DOG 16-12-1996), sobre convocatoria de axudas económicas curso para o 1996-1997 a unidades que escolaricen alumnos de educación infantil.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, ca que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1997.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

1816