Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 1997 Páx. 2.480

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 4 de marzo de 1997 pola que se definen as normas para a aplicación do Decreto 82/1996, do 29 de febreiro, que establece un réxime de axudas para o fomento do cesamento anticipado na actividade agraria en 1997.

O Regulamento (CEE) 2079/1992, do Consello, do 30 de xuño de 1992, establece un réxime comunitario de axudas á xubilación anticipada na agricultura; o Real decreto 1695/1995, do 20 de outubro, regula este mesmo réxime no Estado español e o Decreto 82/1996, do 29 de febreiro, regula a aplicación desas axudas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Pola presente orde defínense as normas de aplicación do réxime de axudas para o fomento do cesamento anticipado na actividade agraria en Galicia determinando a súa imputación económica en 1997.

Polo tanto, en acordo co disposto no artígo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confiren a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente, e o Decreto 205/1990, do 15 de marzo,

DISPOÑO,

Artigo 1º.-Obxecto.

A xestión das axudas para o fomento do cesamento anticipado na actividade agraria en Galicia, en 1997, realizarase segundo o disposto no Decreto 82/1996, do 29 de febreiro, e na presente orde.

Artigo 2º.-Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

As solicitudes para acceder a estas axudas presentaranse ata o día 31 de maio de 1997, preferentemente nas axencias de extensión agraria ou nos servicios provinciais do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (ILGGA) da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e formalizaranse nos impresos oficiais que se engaden como anexo da presente orde. Así mesmo poderán presentarse por calquera dos medios previstos no artígo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 3º.-Xustificación de requisitos do cedente.

A xustificación do cumprimento dos requisitos sinalados no artigo 4 do Real decreto 1695/1995, respecto do cedente comprenderá a seguinte docu

mentación, que deberá presentarse xunto coa solicitude:

a) Fotocopia cotexada do documento nacional de identidade (DNI) e indicación do número de identificación fiscal (NIF) do cedente. No caso de inexactitude nos datos reflectidos no DNI, deberase de acredita-la veracidade deles mediante os documentos precisos en cada caso como son certificación do Rexistro Civil ou copia cotexada da acta de nacemento se o erro está na data de nacemento, e certificado de empadroamento se o erro está no domicilio.

b) Informe de vida laboral e/ou certificación expedidos pola Tesourería Territorial ou Administración da Seguridade Social correspondente nos que se faga constar:

1. Réxime de afiliación.

2. Tipo de traballador.

3. Períodos de cotización en cada réxime.

4. Situación con respecto das cotizacións.

c) Certificación do Rexistro da Propiedade, catastro, escrituras públicas ou calquera outro documento admisible en dereito, xustificativo da propiedade dos predios que integran a superficie agrícola da explotación. No suposto de que a dita superficie estivese constituída, total ou parcialmente, por terras arrendadas, levadas en parcería ou figuras análogas, poderá acreditarse mediante os contratos ou documentos correspondentes ou, de se-lo caso, certificación do Rexistro Especial de Arrendamentos Rústicos.

d) Fotocopia cotexada da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do último exercicio ou, no caso de que a renda agraria fiscalmente declarada ese ano fora anormal debido a causas non imputables ó cedente coma sinistros, campañas de saneamento gandeiro, etc., deberá aportar copia cotexada das declaracións de tres dos últimos cinco anos, incluíndo a do último. Así mesmo deberá de presentar certificación da administración correspondente da Axencia Estatatal da Administración Tributaria de estar ó corrente no pagamento das obrigas fiscais.

Artigo 4º.-Xustificación de requisitos do cesionario.

A xustificación do cumprimento dos requisitos esixidos no artigo 5 do Real decreto 1695/1995 respecto do cesionario agrario persoa física comprenderá a seguinte documentación, que deberá de presentarse xunto coa solicitude:

a) A capacitación profesional suficiente poderá acreditarse mediante algún dos seguintes modos:

a.1. Aportando a documentación xustificativa de ter obtido o título de capataz agrícola ou de formación profesional agraria de primeiro grao, ou outro de grao superior na rama agraria.

a.2. Con cinco anos de exercicio da actividade agraria, o que poderá acreditarse, con carácter xeral, co informe de vida laboral e/ou certificado emitido pola Tesourería Territorial ou Administración da Seguridade Social correspondente.

-No caso de que parte ou a totalidade do exercicio da actividade agraria o fora como man de obra familiar, será precisa unha declaración do titular da explotación onde desenvolveu tal actividade na que se especifique o tempo traballado na explotación e as tarefas realizadas.

-Os anos nos que non se exercera a actividade agraria, ata acada-los cinco anos precisos, poderán validarse pola asistencia a cursos ou seminarios de capacitación agraria cunha duración de 25 horas lectivas por cada ano que falte, e acreditaranse mediante a presentación de copia cotexada da certificación ou diploma de asistencia.

En calquera caso, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes estudiará a documentación aportada e establecerá a súa idoneidade para os efectos de xustifica-lo exercicio da actividade agraria polo cesionario.

a.3. No caso de agricultores xoves, a capacitación profesional suficiente adquirida xustificarase mediante fotocopia cotexada da titulación académica de capataz agrícola ou formación profesional agraria de primeiro grao ou outra superior agraria, ou dos certificados de asistencia a cursos establecidos pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, ou por outros organismos ou entidades competentes en ensinanzas agrarias a xuízo desta, cunha duración mínima de 200 horas.

b) Fotocopia cotexada do documento nacional de identidade (DNI) e indicación do número de identificación fiscal (NIF). No caso de inexactitude nos datos reflectidos no DNI, deberase acredita-la veracidade deles mediante os documentos precisos en cada caso, como son certificación do Rexistro Civil ou copia cotexada da acta de nacemento se o erro está na data de nacemento, e certificado de empadroamento se o erro está no domicilio.

c) Informe de vida laboral e/ou certificación expedidos pola Tesourería Territorial ou Administración da Seguridade Social correspondente nos que se faga constar:

c.1. Réxime de afiliación.

c.2. Tipo de traballador.

c.3. Períodos de cotización en cada réxime.

c.4. Situación con respecto das cotizacións.

d) Documentación acreditativa da titularidade da explotación agraria que, con carácter xeral, se poderá

demostrar coa última declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas e folla de saneamento gandeiro, se é caso, ou por calquera outro medio admisible en dereito.

Artigo 5º.-Caso de cesionarios, cooperativas ou persoas xurídicas.

No caso de que o cesionario sexa unha cooperativa ou outro tipo de persoa xurídica titular dunha explotación prioritaria considerada nos artigos 5 e 6 da Lei 19/1995, deberase presentar fotocopia cotexada da documentación acreditativa de estar incluída no Catálogo Xeral de Explotacións Prioritarias ou certificación do órgano competente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes que acredite que a explotación ten o carácter de prioritaria.

Artigo 6º.-Xustificación de requisitos do traballador ou familiar cesante.

Para xustifica-lo cumprimento dos requisitos do traballador ou familiar cesante establecidos no artigo 6 do Real decreto 1695/1995, do 20 de outubro, deberase aporta-la seguinte documentación, que deberá presentarse xunto coa solicitude:

a) Fotocopia cotexada do documento nacional de identidade (DNI) e indicación do número de identificación fiscal (NIF). No caso de inexactitude nos datos reflectidos no DNI, deberase acredita-la veracidade deles mediante os documentos precisos en cada caso como son certificación do Rexistro Civil ou copia cotexada da acta de nacemento se o erro está na data de nacemento, e certificado de empadroamento se o erro está no domicilio.

b) Informe de vida laboral e/ou certificación expedidos pola Tesourería Territorial ou Administración da Seguridade Social correspondente nos que se faga constar:

b.1. Réxime de afiliación.

b.2. Tipo de traballador.

b.3. Períodos de cotización en cada réxime.

b.4. Situación con respecto das cotizacións.

c) Fotocopia cotexada da última declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas e certificación da Axencia Estatal da Administración Tributaria ou Administración correspondente á mesma acreditativa de estar ó corrente no pagamento das obrigas fiscais.

d) Declaración xurada de ter traballado polo menos durante tres dos últimos cinco anos na explotación do titular que cese, asinada polo cedente e polo traballador.

Artigo 7º.-Xustificación de requisitos das explotacións.

A xustificación do cumprimento dos requisitos esixidos no artigo 7 do Real decreto 1695/1995, respecto das explotacións do cedente, cesionario e da explotación resultante, comprenderá a seguinte documentación, que deberá presentarse xunto coa solicitude:

a) Declaracións xuradas, acompañadas das correspondentes certificacións catastrais, de se-lo caso, dos predios que conforman as explotacións tanto do cedente coma do cesionario.

b) No caso de explotacións gandeiras, folla de saneamento gandeiro das dúas últimas campañas de ámbalas dúas explotacións, ou outro documento xustificativo, a xuízo da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, de que a explotación do cedente non diminuiu en máis dun 20% a súa superficie nin a súa dimensión económica nos dous últimos anos.

c) Xustificantes de cotización á Seguridade Social dos traballadores da explotación resultante (a do cesionario ampliada coa do cedente), familiares ou asalariados.

d) Estudio económico da explotación resultante, na que se reflicta xustificadamente a renda de traballo/UTH, e se faga consta-la man de obra, tanto asalariada como familiar, segundo o modelo oficial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes especificado no anexo.

Artigo 8º.-Cesionarios, agricultores xoves ou traballadores.

Se o cesionario é un agricultor xove ou un traballador que se instala con motivo do cesamento deberá presentar, xunto coa solicitude, un plan de mellora da explotación que recibe do cedente que xustifique un incremento de dimensión económica dela nun mínimo de tres UDEs. Este plan de mellora poderá ser obxecto de axuda no marco das establecidas para a mellora da eficacia das estructuras agrarias.

Artigo 9º.-Informe, proposta e resolución.

Os servicios provinciais do ILGGA comprobarán a documentación, emitirán un informe e realizarán a proposta correspondente.

O órgano competente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes dictará a correspondente resolución que lle será notificada ó interesado.

Artigo 10º.-Criterios de prioridade.

1. No caso de que as axudas correspondentes ás solicitudes recibidas superen a dotación orzamentaria dispoñible, as resolucións favorables que

recaian sobre os expedientes recibidos produciranse atendendo a seguinte orde de preferencia:

1º. Expedientes nos que o cesionario agrario, no momento da solicitude, xa é titular dunha explotación agraria e incorpora a ela a totalidade ou parte da explotación cedente.

Dentro deste apartado ordenaranse os expedientes por orde decrecente do cociente de dividi-la superficie agrícola útil da explotación resultante entre a superficie agrícola útil da explotación do cesionario, dando preferencia ós de maior valor.

2º. Expedientes nos que o cesionario agrario sucede ó cedente na titularidade da mesma explotación.

Dentro deste apartado ordenaranse os expedientes por orde decrecente do cociente que resulte de dividi-la superficie agrícola útil da explotación resultante, a xustificar documentalmente no momento do cesamento na actividade agraria do cedente, entre a superficie agrícola útil da explotación do cedente, dando preferencia ós de maior valor.

En caso de igualdade dos índices do apartado anterior, terá preferencia os expedientes con maior valor do cociente que resulte de dividi-la dimensión económica, en UDEs, da explotación resultante entre a dimensión económica, en UDEs, da explotación do cedente.

2. Por último, en caso de igualdade en tódolos criterios fixados anteriormente, terán prioridade aqueles expedientes nos que quede menos tempo entre a idade de xubilación do cedente e a data de publicación desta orde.

Artigo 11º.-Xustificación da transmisión da explotación.

Se a resolución fora favorable, para poder acceder ás axudas previstas no artigo 10 do Real decreto 1695/1995, o cedente deberá facer efectiva a transmisión da base territorial da súa explotación (con excepción da reserva a que dá dereito o punto 1 do artigo 8 do anterior real decreto na segunda alínea do apartado a), así como de tódolos dereitos, cotas, cantidades de referencia e concesións administrativas afectas, a unha ou máis persoas ou entidades que cumpran os requisitos de cesionarios agrarios previstos no artigo 5 do citado real decreto.

Isto será necesario acreditalo mediante:

a) Transmisión da base territorial:

No caso de facerse a transmisión en propiedade formalizarase en escritura pública; en caso de optar pola transmisión mediante arrendamento este deberá realizarse por un prazo mínimo de 5 anos e formalizarse mediante escritura pública ou contrato privado inscrito no Rexistro Especial de Arrendamentos Rústicos. Deberá acreditarse o pagamento do impos

to sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, de se-lo caso. No caso de que o cedente non sexa propietario de toda ou parte da explotación, deberá de xustifica-la resolución de tódolos contratos que afecten a actividade productiva da explotación.

b) Transmisión do gando:

A saída do gando da explotación do cedente xustificaráse mediante a copia cotexada do libro de explotación debidamente dilixenciado no caso de gando vacún e ovino ou caprino, ou mediante certificación de veterinario oficial, ou factura de venda noutras especies.

c) Transferencia de cantidades de referencia para a producción de leite e outros dereitos de prima:

A transferencia dos dereitos, cotas, cantidades de referencia e concesións administrativas afectas tanto á parte agrícola coma gandeira da explotación do cedente á do cesionario deberá de formalizarse en impreso oficial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes asinado polo cedente e o cesionario.

d) Cambio de titularidade da explotación:

O cambio de titularidade da explotación do cedente a favor do cesionario xustificaráse có impreso oficial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes asinado polo cedente e o cesionario.

Artigo 12º.-Xustificación do incremento en UDEs.

No caso de un agricultor xoven ou dun traballador xa instalado con motivo do cesamento, a xustificación do incremento da dimensión económica da explotación do cedente nun mínimo de tres UDEs, previsto no plano de mellora, acreditaráse coa xustificación da realización das inversións e melloras previstos no mesmo, comprobada pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. Esta comprobación será necesaria para poder acceder ás axudas previstas no artígo 10 do Real decreto 1695/1995, do 20 de outubro.

Artigo 13º.-Prazo de resolución.

Se a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes non resolvese no prazo de 6 meses a solicitude formulada por algún interesado, esta consideraráse desestimada.

Artigo 14º.-Documentación complementaria e control.

a) Para comproba-lo cumprimento de calquera dos requisitos e compromisos esixidos no articulado anterior, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes poderá solicita-la aportación polo interesado dos datos e documentos que considere necesarios, así como realiza-las comprobacións e inspeccións que considere oportunas.

b) Para os efectos de levar a cabo o control do cumprimento dos requisitos da normativa tanto nacional como das comunidades europeas, estableceranse entre a Administración do Estado e os órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia os mecanismos apropiados de coordinación do dito control.

Artigo 15º.-Financiamento.

O financiamento correspondente á Comunidade Autónoma de Galicia en acordo co previsto nos artigos 5 e 6 do Decreto 82/1996, do 29 de febreiro, farase para esta finalidade, con cargo ó concepto orzamentario 09.03.614-A.773.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1997, dotado con 85 millóns de pesetas.

Disposición transitoria

As solicitudes presentadas ó abeiro da Orde do 5 de marzo de 1996 pola que se definen as normas para a aplicación do Decreto 82/1996, do 29 de febreiro, que establece un réxime de axudas para o fomento do cesamento anticipado na actividade agraria, pendentes de resolución serán tidas en conta na presente convocatoria, salvo indicación en sentido contrario dirixida ó Servicio Provincial do ILGGA. A tramitación dos expedientes continuará desde o trámite no que se encontraban ó termo do exercicio anterior, podendo os interesados aporta-la documentación complementaria que consideren oportunos.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias e o director do ILGGA, no ámbito das súas respectivas competencias para dictar cantas disposicións consideren necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

2125