Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador ICA-PO-01/96-M (industrialización e comercialización agroalimentaria-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992) notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución por infracción en materia de defensa da producción agroalimentaria, Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño.

De conformidade co artigo 19 do Real Decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado dispón dun prazo de 15 días durante os que estará de manifesto o expediente para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que coiden pertinentes ante o instructor do procedemento na delegación provincial desta consellería sita na cuarta planta do edificio nº 47 da rúa Benito Corbal de Pontevedra.

Para resolver este expediente, é competencia por razón da contía da multa o delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

O pagamento voluntario poderá poñer fin ó expediente, para o que deberá emprega-los impresos de pagamento de multas e sancións que se lle facilitarán na Delegación Provincial de Pontevedra.

Pontevedra, 19 de febreiro de 1997.

Mario Orjales Pita

Instructor

ANEXO

Expediente: ICA-PO-01/96-M.

Denunciado: Carmen Rodríguez Vicente.

Último enderezo coñecido: Saiáns-Vilaverde (Vigo)

Feito denunciado: negativa a facilita-la documentación requirida pola inspección de defensa contra fraudes e calidade agroalimentaria.

Precepto infrinxido: Artigo 5.1º do Real decreto 1945/1983, do 22-6-1983.

Precepto sancionador: artigo 10.2º do Real decreto 1945/1983, do 22-6-1983.

Sanción: multa de 25.000 ptas.

1975