Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 17 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai público que foron outorgados os permisos de investigación 5561 Páramo e 5562 Pastoriza.

A Delegación Provincial de Lugo, fai saber:

Que foron outorgados os seguintes permisos de investigación, con expresión de número, nome, cuadrículas mineiras, recursos e concellos:

5561; Páramo, 81, sección C, O Corgo, Guntín, Lugo e O Páramo.

5562; Pastoriza, 42, sección C, A Pastoriza e Riotorto.

O que se fai público para o seu coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 17 de febreiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1772