Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto da asistencia técnica consistente na instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, no Salón Mundial do Viño e Espirituosos Vinexpo-97.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación da asistencia técnica consistente na instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, no Salón Mundial do Viño e Espirituosos Vinexpo-97, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para ela.

Orzamento de licitación: dez millóns de pesetas (10.000.000 de ptas.).

Prazo de execución: 21 de xuño de 1997.

Clasificación: grupo III, subgrupo 3 ou 8, categoría C.

Fianza provisional: duascentas mil pesetas (200.000 ptas.).

Fianza definitiva: catrocentas mil pesetas (400.000 ptas.).

Exposicion do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei

30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 16 de abril de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público o día 23 de abril de 1997, ás 13 horas, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, situada no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, do 14-12)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

1770