Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ANUNCIO do 18 de decembro de 1996, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se fai pública a clasificación do monte integrado polas parcelas denominadas Acibeiro, Aspirón, Barnotes, Costiña, Pías e Ribazas, a favor dos veciños de Casal do Bispo, Domés, Sa, Nogueira e Outeiro, da parroquia de San Martiño de Domés (concello de Verea).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, na sesión celebrada o día dezaoito de decembro de mil novecentos noventa e seis, adoptou o acordo que ten a parte dispositiva do seguinte teor literal:

«Primeiro.-Clasifica-lo monte denominado integrado polas parcelas denominadas Acibeiro, Aspirón, Barnotes, Costiña, Pías e Ribazas de 3 ha e 23 áreas de superficie conxunta, a favor dos veciños de Casal do Bispo, Domés, Sa, Nogueira e Outeiro, da parroquia de San Martiño de Domés, do concello de Verea, e coas estremas descritas no considerando terceiro, como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notífiquese esta resolución ós alcaldes-presidentes dos concellos de Verea e Celanova, ós representantes das comunidades veciñais, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, logo da comunicación á que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dous meses perante a Sala do

Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

O que por orde do presidente se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 18 de decembro de 1996.

José Manuel Baltar Blanco

Secretario do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

1701