Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1997, do Complexo Hospitalario Santa María Madre Cabaleiro Goás de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 2/1996, que ten por obxecto a contratación do servicio de telefonía e televisión.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Santa María Madre Cabaleiro Goás, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG número 111, do 6 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Ley 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte concurso:

-C.P. 2/1996, servicio de televisión e telefonía á empresa Tecnotel Control, S.L.

Anuncios: o pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Ourense, 10 de xaneiro de 1997.

Miguel A. Santalices Vieira

Director xerente do Complexo Hospitalario Santa María Madre Cabaleiro Goás de Ourense

1941