Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 1997 Páx. 2.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente 336, que afecta o monte Cabral ou Baíñas, dos lugares de Baíñas e Val, da parroquia de Baíñas, concello de Vimianzo, desta provincia.

Reunido con data 16 de decembro de 1996 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, baixo a presidencia do delegado da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, Rogelio Aramburu Núñez, con asistencia do vicepresidente Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado da Audiencia

Provincial da Coruña, os vocais, Federico Sánchez Rodríguez, xefe do Servicio de Montes e I.F., Alfonso Vázquez-Castro Garma, letrado do Gabinete Xurídico Territorial da Xunta, Juan Ramón Beneyto Bellas, representante do Colexio de Avogados da Coruña, José Manuel Caramés Franco, representante das Comunidades Veciñais de Montes en Man Común e do secretario Manuel Puente Araújo, letrado da citada delegación, para estudiar e resolve-lo

Expediente nº 336.

Monte: Cabral ou Baíñas.

Lugares: Baíñas e Val.

Parroquia: Baíñas.

Concello: Vimianzo.

Antecedentes de feito.

1º. Diversos veciños dos lugares de Baíñas e Val, parroquia de Baíñas, concello de Vimianzo, solicitaron con data 11-9-1995, deste xurado, a declaración como veciñal do expresado lugar, do monte arriba citado e que ten as seguintes características:

Superficie: 183,55 ha.

Lindeiros:

Norte: propiedades particulares de Jesús Maceiras, Faustino Hermida e Celestino Villar. Propiedades particulares de Celestino Villar e outros, das que o separa a estrada de Muxía a Santiago de Compostela. Propiedades particulares de Francisco Calo e outros. Estrada de Muxía a Santiago de Compostela. Propiedades particulares de Antonio Calo e outros. Estrada de Muxía a Santiago de Compostela que o separa de propiedades particulares de María Pérez e outros. Propiedades particulares de María Pérez e outros. Propiedades particulares de Francisco Hermida e outros.

Leste: estrada de Muxía a Vimianzo e de Muxía a Santiago de Compostela. Propiedades particulares de Manuel Tomé e outros.

Sur: propiedades particulares de Andrés Fernández e outros. Monte Baíñas.

Oeste: termo do concello de Dumbría.

2º. Á vista de tal solicitude, o xurado, na súa reunión de 18-5-1993, acordou inicia-lo oportuno expediente nomeándose como instructor del a Juan Ramón Beneyto Bellas, quen aceptou expresamente o dito cargo. Procedeuse á correspondente tramitación, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Corcubión, oíndose a tódalas persoas, organismos e corporacións interesadas, expedíndose mandamentos para tal fin dirixidos ó alcalde presidente do Concello de Vimianzo, ó xefe do Servicio de Montes e I.F. e publicándose edictos no DOG (nº 156 do 9-8-1996), taboleiro de anuncios do concello e lugares de costume.

3º. Os veciños de Baíñas e Val fundamentan a súa petición perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común no aproveitamento e pertenza en réxime de comunidade e sen adscrición

de cotas, desde tempos inmemoriais, do monte correspondente ó dito lugar. Para acredita-la dita condición de veciñal achegan escrituras de redención de foro, do ano 1927, autorizadaas polo entón notario de Vimianzo José Sanmartín Domínguez.

4º. Ante o presenta expediente foron formuladas por Dolores Grille Pose e outros, e por María Ramos Lavandeira, cadansúas alegacións referidas á súa condición de comuneiros do citado monte, e solicitando ser parte interesada no expediente de clasificación. Ámbolos dous escritos incorporáronse ó expediente.

5º. Na tramitación das presentes actuacións cumpríronse as formalidades legais e regulamentarias, esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu Regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables no caso.

Celebrada sesión no día de hoxe, á que se citaron en legal forma tódolos interesados no expediente, non compareceu ningunha das partes.

Fundamentos de dereito.

Vistos os antecedentes expostos, procede formula-las consideracións seguintes.

1º. O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña ten xurisdicción e competencia para coñecer do presente expediente en virtude do disposto nos artigos 9 e 10 da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 13/1989, do 10 de outubro de montes veciñais en man común.

2º. De conformidade co contido do artigo 11 da citada Lei e 19 do regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, de 4 de setembro, os veciños de Baíñas e Val, parroquia de Baíñas, concello de Vimianzo, son parte lexítima para solicita-la iniciación do presente expediente de cualificación.

As alegacións presentadas por Dolores Grille Pose e outros, e María Ramos Lavandeira, non son competencia deste Xurado, pois o recoñecemento da condición de comuneiros do monte deberá establecela no seu día a Asemblea Xeral da Comunidade, e, no seu defecto, os tribunais ordinarios.

4º. Para a súa cualificación como veciñal en man común o monte debe reuni-las seguintes características: 1) Pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas; 2) Aproveitamento consuetudinario en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros; 3) Que os veciños comuneiros residan habitualmente con casa aberta dentro da área xeográfica sobre a que se asenta o grupo social que tradicionalmente aproveitou o monte (artigos 1, 2 e 3 da Lei 13/1989 e 1, 2 e 3 do Regulamento do 4 de setembro de 1992).

5º. Das actuacións que constan no expediente, e en especial da comprobación do que se expresa no

4º punto, dedúcese de forma indiscutible que no presente caso nos encontramos cun monte pertencente á Comunidade Veciñal dos lugares de Baíñas e Val, parroquia de Baíñas, no que se cumpren os aludidos requisitos.

Por iso, este xurado á vista dos antecedentes e fundamentos de dereito expostos, nesta data,

ACORDA:

Cualificar como monte veciñal en man común da Comunidade Veciñal dos lugares de Baíñas e Val, parroquia de Baíñas, concello de Vimianzo, o denominado Monte Cabral ou Baíñas, cos lindeiros, superficie e características que figuran no primeiro antecedente. Así mesmo acórdase excluí-lo declarado do Inventario de Bens do Concello e do Catálogo dos de Utilidaade Pública, se neles estivese inscrito, incluíndoo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común que figura na Delegación de Agricultura, Gandería de Montes da Coruña.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 16 de decembro de 1996.

Vº e Pr.

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

1844