Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 1997 Páx. 2.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente 335, que afecta o monte Barbanza de Lesón, da parroquia de Santa Cruz de Lesón, concello da Pobra do Caramiñal, desta provincia.

Reunido con data 16 de decembro de 1996 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, baixo a presidencia do delegado da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, Rogelio Aramburu Núñez, con asistencia do vicepresidente Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, os vocais, Federico Sánchez Rodríguez, xefe do Servicio de Montes e I.F., Alfonso Vázquez-Castro Garma, letrado do Gabinete Xurídico Territorial da Xunta, Juan Ramón Beneyto Bellas, representante do Colexio de Avogados da Coruña, José Manuel Caramés Franco, representante das Comunidades Veciñais de Montes en Man Común e do secretario Manuel Puente Araújo, letrado da citada delegación, para estudiar e resolve-lo

Expediente nº 335.

Monte: Barbanza de Lesón.

Lugar: Parroquia de Santa Cruz de Lesón.

Concello: A Pobra do Caramiñal.

Antecedentes de feito.

1º. Diversos veciños da parroquia de Santa Cruz de Lesón, concello da Pobra do Caramiñal, solicitaron con data 15-12-1995, deste xurado, a declaración como veciñal do expresado lugar, do monte arriba citado e que ten as seguintes características:

Superficie: 365,60 ha.

Lindeiros:

Procede do monte Curota, nº 193 do C.U.P.

Norte: termo do concello de Porto do Son e monte Barbanza de Postmarcos.

Leste: monte Barbanza de Postmarcos, e propiedades particulares.

Sur: propiedades particulares.

Oeste: monte Folgoso e Río Portas, e termo dos concello de Ribeira e Porto do Son.

2º. Á vista de tal solicitude, o xurado, na súa reunión de 18-5-1993, acordou inicia-lo oportuno expediente nomeándose como instructor del a Juan Ramón Beneyto Bellas, quen aceptou expresamente o dito cargo. Procedeuse á correspondente tramitación, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Noia, oíndose a tódalas persoas, organismos e corporacións interesadas, expedíndose mandamentos para tal fin dirixidos ó alcalde presidente do Concello da Pobra do Caramiñal, ó xefe do Servicio de Montes e I.F. e publicándose edictos no DOG (nº 156 do 9-8-1996), taboleiro de anuncios do concello e lugares de costume.

3º. Os veciños da parroquia de Santa Cruz de Lesón fundamentan a súa petición perante o Xurado Pro

vincial de Montes Veciñais en Man Común no aproveitamento desde tempos inmemoriais de leñas, madeiras, esquilmos, pastoreo, extración de pedras e aproveitamento de augas, en réxime de man común. Presentan acta ante notario en que veciños maiores do lugar declaran tal condición, así como copia das respostas xerais ó interrogatorio da parroquia de Santa Cruz de Lesón, do Catastro do Marqués da Enseada, onde se describen os montes do común correspondentes á dita parroquia.

4º. O concello da Pobra do Caramiñal manifesta a súa oposición á calificación do monte, considerándose como lexítimo e único propietario del, o cal posúe desde tempo inmemorial. Afirma que o monte procede dos bens mostrencos, sen titularidade de particulares nin dos veciños agrupados, que pasaron a ser propiedade do concello como bens de propios. Alega así mesmo, que non se cumplen os requisitos de vecindade dos promotores, que pertencen a lugares da parroquia alonxados do monte, e que non realizan aproveitamento nel.

Presenta certificación da súa inclusión no Inventario de Bens do Concello desde 1924, así como no Rexistro da Propiedade. Alega a existencia dun consorcio con patrimonio forestal, vixente desde o ano 1953. Engade diversa documentación con diversos actos de disposición tomados polo Concello sobre o citado monte.

5º. Na tramitación das presentes actuacións cumpríronse as formalidades legais e regulamentarias, esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu Regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables no caso.

Celebrada sesión no día de hoxe, á que se citaron en legal forma tódolos interesados no expediente, compareceron e oíronse ás representacións dos promotores, así como o alcande do concello da Pobra do Caramiñal asistido do secretario. Ámbalas dúas partes ratificáronse nas súas alegacións.

Fundamentos de dereito.

Vistos os antecedentes expostos, procede formula-las consideracións seguintes.

1º. O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña ten xurisdicción e competencia para coñecer do presente expediente en virtude do disposto nos artigos 9 e 10 da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 13/1989, do 10 de outubro de montes veciñais en man común.

2º. De conformidade co contido do artigo 11 da citada Lei e 19 do regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, de 4 de setembro, os veciños da parroquia de Santa Cruz de Lesón, concello da Pobra do Caramiñal, son parte lexítima para solicita-la iniciación do presente expediente de cualificación.

3º. Para a súa cualificación como veciñal en man común o monte debe reuni-las seguintes caracte

rísticas: 1) Pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas; 2) Aproveitamento consuetudinario en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros; 3) Que os veciños comuneiros residan habitualmente con casa aberta dentro da área xeográfica sobre a que se asenta o grupo social que tradicionalmente aproveitou o monte (artigos 1, 2 e 3 da Lei 13/1989 e 1, 2 e 3 do Regulamento do 4 de setembro de 1992).

4º. O xurado, á vista dos escritos motivados dos dereitos de ambas partes, estima que os dereitos que se alegan nos aproveitamentos que puideran ter sobre o monte dos veciños da parroquia de Santa Cruz de Lesón, así como os do Concello da Pobra do Caramiñal mantendo o seu dereito de propiedade e non recoñecendo o acto posesorio da comunidade solicitante, implica que, o neste formulado, é cuestión relativa ó dominio de tales montes da competencia dos tribunais da xurisdicción ordinaria, a substanciar polos trámites do xuízo declarativo ordinario que corresponda.

Por iso, este xurado á vista dos antecedentes e fundamentos de dereito expostos, nesta data,

ACORDA:

Non cualificar como veciñal en man común o monte Barbanza de Lesón afectado polo presente expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 16 de decembro de 1996.

Vº e Pr.

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

1651