Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 1997 Páx. 2.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público por procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación dos servicios de limpeza en varios centros para servicios sociais dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público por procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación dos servicios de limpeza que se indican.

Cada un dos centros conforma 1 lote; poderán os licitadores poderán presentarse a un ou varios dos diversos lotes.

* Residencia Terceira Idade de Campolongo (Pontevedra).

-Orzamento do contrato: 7.680.767 ptas. (sete millóns seiscentas oitenta mil setecentas sesenta e sete pesetas).

-Garantía provisional: 153.615 ptas. (cento cincuenta e tres mil seiscentas quince pesetas).

-Clasificación: non se esixe.

* Centro Social de Coia (Vigo).

-Orzamento do contrato: 2.578.669 ptas. (dous millóns cincocentas setenta e oito mil seiscentas sesenta e nove pesetas).

-Garantía provisional: 51.573 ptas. (cincuenta e unha mil cincoentas setenta e tres pesetas).

-Clasificación: non se esixe.

* Centro Social do Calvario (Vigo).

-Orzamento do contrato: 4.577.754 ptas. (catro millóns cincocentas setenta e sete mil setecentas cincuenta e catro pesetas).

-Garantía provisional: 91.555 ptas. (noventa e unha mil cincocentas cincuenta e cinco pesetas).

-Clasificación: non se esixe.

* Centro Social de Baiona.

-Orzamento do contrato: 2.106.997 ptas. (dous millóns cento seis mil novecentas noventa e sete pesetas).

-Garantía provisional: 42.140 ptas. (corenta e dúas mil cento corenta pesetas).

-Clasificación: non se esixe.

* Fogar da terceira Idade de Redondela.

-Orzamento do contrato: 1.084.718 ptas. (un millón oitenta e catro mil setecentas dezaoito pesetas).

-Garantía provisional: 21.694 ptas. (vinteunha mil seiscentas noventa e catro pesetas).

-Clasificación: non se esixe.

Condicións de licitación:

1) Prazo de execución: 1 de abril ata o 31 de decembro de 1997.

2) Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas no servicio.

3) Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto y trámite de urxencia.

4) Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previsto no Art. 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995 do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

5) Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no Art. 19 da Lei de contratos das administracións públicas.

6) Criterios de adxudicación: os expostos na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7) Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particuleres.

8) Exposición de documentación: os prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo (rúa Cánovas del Castillo, s/n), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 10 ás 14 horas, en días hábiles agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse no Servicio de Administración e Xestión Económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais e nos Servicios de Xestión Económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

9) Presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, en sobres pechados en horario de 9 a 14 horas, ou ben por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

10) Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

11) Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra en Vigo. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

12) Os gastos derivados deste anuncio serán por conta das empresas adxudicatarias.

Vigo, 17 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial de Pontevedra

97-1845