A) Obra.
1. Saneamento da parroquia de Teis - concas vertentes T-01, T-03 e T-05. (Vigo-Pontevedra).
Clave: OH.336.361.
Orzamento: cincocentos oitenta e oito millóns cento cincuenta e seis mil setenta e catro pesetas (588.156.074).
Prazo de execución: 34 meses.
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.
Fianza provisional: non se esixe.
B) Documentos de interese para os licitadores.
O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.
C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo dous do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.
A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
D) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.
E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
F) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicions será realizada pola mesa de contratación ás dez horas do décimo día natural que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.
G) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1997.
Emilio García Gallego
Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia
97-1851